DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

Xornadas 'Atención sanitaria transpositiva a menores con identidades sexuais non normativas'

Xornadas Atención sanitaria transpositiva a menores con identidades sexuais non normativas


Hora: 10.00 h
Lugar: Escola Universitaria de Enfermaría

A Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra acolle, os días 10 e 17 de outubro, as xornadas formativas Atención sanitaria transpositiva a menores con identidades sexuais non normativas, de carácter aberto e gratuíto. As xornadas serán impartidas por Cristina Palacios, presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans Arelas.

Na primeira sesión, abordaranse as dimensións da identidade sexual, a realidade dos e as menores trans e as principais formas de trasfobia, os criterios de diagnose da transexualidade e as propostas de Arelas no ámbito sanitario, mentres que na segunda xornada proxectarase o documental O sexo sentido e abordaranse propostas de futuro na atención das e os menores trans.

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós