DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

Curso 'Modelos de Investigación Operativa en Teoría de Xogos'

Curso Modelos de Investigación Operativa en Teoría de Xogos

Hora: 9.15 h
Lugar: Casa das Campás

Asisten: Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do campus de Pontevedra; e Juan Vidal, presidente do comité organizador

A Casa das Campás acolle os días 13 e 14 de outubro o curso Modelos de Investigación Operativa en Teoría de Xogos, enmarcado nas actividades da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa. Dirixido a estudantes de doutoramento, o obxectivo deste seminario é dar a coñecer a teoría de xogos como ferramenta de utilidade en diversos ámbitos económicos e empresariais e favorecer o intercambio de ideas entre estudantes de doutoramento e investigadores, que poida dar lugar a novas perspectiva de investigación.

Co patrocinio do grupo de referencia competitiva Ecosot, da agrupación estratéxica da Universidade Ecobas e do grupo de investigación SiDOR, así como do Campus CREA S2i, o curso será impartido polo catedrático da Universidade da Coruña Ignacio García Jurado e polo catedrático da Universidad Miguel Hernández de Elche Joaquín Sánchez Soriano.

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós