DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Ourense
Martes, 17 de xaneiro do 2017

Publícase na rede unha nova entrega desta revista interdisciplinar de pensamento galego

Un segundo número de 'Cómaros' para afondar en temas como a teoloxía de Chao Rego e a obra en galego de Lorca

O profesor da Universidade de Vigo David Casado é un dos seus directores


ImageCómaros. Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego, unha iniciativa posta en marcha en 2016 por un colectivo de investigadores galegos, vén de publicar o seu segundo número na rede. Seguindo co seu compromiso de ser unha canle de implementación do pensamento galego dende unha perspectiva interdisciplinar, a publicación afonda en temas como a teoloxía de Chao Rego, a obra en galego de Federico García Lorca, a contraposición entre imaxinación e innovación, as artes plásticas galegas durante a Guerra Civil e a obra Shola y Angeliño, de Bernardo Atxaga.
Martes, 17 de xaneiro do 2017

A cita será os días 24, 26 e 31 de xaneiro, ás 19.30 h, no Liceo de Ourense

Elisa Vázquez de Gey, Pedro Feijoo e Manuel Núñez Singala protagonizan unha nova edición dos Encontros Literarios

Os relatores falarán das súas traxectorias e do proceso creativo


ImageOs días 24, 26 e 31 de xaneiro o salón nobre do Liceo de Ourense acollerá a celebración dunha nova edición, a XXVI, dos Encontros Literarios. Baixo o título A obra e a creación literaria, a cita contará coas conferencias dos escritores e escritoras Elisa Vázquez de Gey, Pedro Feijoo e Manuel Núñez Singala. Durante as súas intervencións, os relatores falarán do máis destacado das súas traxectorias no mundo da escrita, das súas obras e do proceso de creación literaria. Abertos a todas as persoas interesadas, os XXVI Encontros Literarios están organizados pola Sección de Literatura do Liceo e a Vicerreitoría co Campus de Ourense.
Luns, 16 de xaneiro do 2017

Este luns comezaron a ocupar as súas habitacións os primeiros usuarios e usuarias

A residencia universitaria reabre as súas portas

Trala realización das obras de urbanización da contorna requiridas


ImageA Residencia Universitaria As Burgas, a residencia universitaria do campus de Ourense, reabriu este luns as súas portas. Despois de case dous anos e medio pechada para acometer as obras de urbanización da contorna necesarias para a súa apertura, o edificio e os servizos que ofrece volven a estar dispoñibles para os membros da comunidade universitaria interesados. Xestionado pola empresa Resa, o centro recibiu este luns aos seus primeiros inquilinos e inquilinas deste curso académico. O edificio conta con 133 habitacións individuais e 56 habitacións individuais con cociña compartida.
Luns, 16 de xaneiro do 2017

Os ourensáns acadaron un marcador final de 10 a 28 fronte ao UBU Colina Clinic

O equipo de rugby do campus caeu ante o líder do seu grupo

As categorías feminina e masculina de baloncesto sumaron cadansúa vitoria esta fin de semana


ImageO Campus Universitario Ourense Coosur recibiu esta fin de semana a visita do primeiro clasificado e líder invicto do seu grupo na División de Honra B do rugby estatal, o UBU Colina Clinic. Os ourensáns víronse superados polo xogo do equipo de Burgos, que gañou o encontro por un marcador final de 10 a 28. A próxima semana os universitarios enfrontaranse a Durango RT. Pola contra, as categorías feminina e masculina de baloncesto retomaron a actividade despois das vacacións de Nadal sumando esta fin de semana cadansúa vitoria nos encontros disputados.
Venres, 13 de xaneiro do 2017

A profesora Ángela Coello publica unha monografía centrada neste tema

A mediación, vista desde a perspectiva da teoría de xogos

O estudo analiza a toma de decisións por parte dos suxeitos implicados nunha negociación asistida


Image“Como podo conseguir o que quero negociando? Debo desvelar os meus intereses ou debo escondelos? Coopero ou compito?”. Estas e outras preguntas asaltan a calquera persoa implicada nun proceso de negociación á hora de tomar decisións. Conseguir un acordo de consenso e satisfactorio non sempre é fácil e, por este motivo, en ocasiones, recórrese á negociación asistida, é dicir, á mediación. Tendo en conta este contexto, no seu novo libro El juego de la mediación. El espacio cooperativo en la negociación asistida civil y mercantil, a profesora da Universidade de Vigo Ángela Coello afonda no escenario da mediación desde a perspectiva da teoría de xogos.
Venres, 13 de xaneiro do 2017

Segundo avanzou Alberto Núñez Feijóo trala reunión semanal deste órgano

O Consello da Xunta dá luz verde á creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

Será a sede do Grao de Enxeñaría Aeroespacial que se imparte deste este curso no campus de Ourense


ImageO presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves, trala reunión semanal do Consello da Xunta, a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, que será a sede do Grao de Enxeñaría Aeroespacial que desde este curso se imparte no campus de Ourense. No que atinxe ao novo centro, segundo informou a Xunta de Galicia, Feijóo fixo fincapé en que permitirá contar cun espazo propio e equipado adecuadamente onde impartir unha titulación que só se dá en dez universidades españolas.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 3468

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós