DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións
Martes, 17 de xaneiro do 2017

Publícase na rede unha nova entrega desta revista interdisciplinar de pensamento galego

Un segundo número de 'Cómaros' para afondar en temas como a teoloxía de Chao Rego e a obra en galego de Lorca

O profesor da Universidade de Vigo David Casado é un dos seus directores


ImageCómaros. Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego, unha iniciativa posta en marcha en 2016 por un colectivo de investigadores galegos, vén de publicar o seu segundo número na rede. Seguindo co seu compromiso de ser unha canle de implementación do pensamento galego dende unha perspectiva interdisciplinar, a publicación afonda en temas como a teoloxía de Chao Rego, a obra en galego de Federico García Lorca, a contraposición entre imaxinación e innovación, as artes plásticas galegas durante a Guerra Civil e a obra Shola y Angeliño, de Bernardo Atxaga.
Martes, 17 de xaneiro do 2017

Constantino Cordal, Xulio Pardellas e Celso Cancela publican ‘Política e economía da Unión Europea’

Unha visión multidisciplinar da UE abarcable nun cuadrimestre

O volume concibiuse como material de apoio da materia do mesmo nome do Grao en Dirección e Xestión


Image Tres meses investiron os docentes e investigadores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Constantino Cordal, Xulio X. Pardellas e Celso Cancela en publicar Política e economía da Unión Europea, un volume que ten o obxectivo, en palabras dos seus autores, de “ofrecer una visión breve, pero con rigor, do funcionamento da Unión Europea desde unha perspectiva multidisciplinar, que implica o enfoque político e institucional, unido ao encadramento económico, coa finalidade de facilitar os elementos e claves básicas para comprender e interpretar as principais actuacións comunitarias”.
Venres, 13 de xaneiro do 2017

A profesora Ángela Coello publica unha monografía centrada neste tema

A mediación, vista desde a perspectiva da teoría de xogos

O estudo analiza a toma de decisións por parte dos suxeitos implicados nunha negociación asistida


Image“Como podo conseguir o que quero negociando? Debo desvelar os meus intereses ou debo escondelos? Coopero ou compito?”. Estas e outras preguntas asaltan a calquera persoa implicada nun proceso de negociación á hora de tomar decisións. Conseguir un acordo de consenso e satisfactorio non sempre é fácil e, por este motivo, en ocasiones, recórrese á negociación asistida, é dicir, á mediación. Tendo en conta este contexto, no seu novo libro El juego de la mediación. El espacio cooperativo en la negociación asistida civil y mercantil, a profesora da Universidade de Vigo Ángela Coello afonda no escenario da mediación desde a perspectiva da teoría de xogos.
Xoves, 22 de decembro do 2016

É un estudo pormenorizado das novidades que ofrece o actual proceso xudicial de conflito colectivo

A prestixiosa editorial Tirant lo Blanch publica a tese de doutoramento do xuíz decano Germán Serrano

Dirixida polo catedrático Jaime Cabeza, a tese defendeuse na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo


ImageA editorial Tirant lo Blanch, unha das máis prestixiosas no ámbito xurídico, acaba de publicar o libro El nuevo proceso judicial de conflicto colectivo, a obra na que se recollen os resultados da tese de doutoramento do xuíz decano de Vigo, German Serrano, dirixida polo catedrático Jaime Cabeza e presentada na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo en abril de 2015. “Unha vez lida a tese os membros do tribunal manifestáronme o seu interese na súa publicación”, explica o maxistrado, ao tempo que admite que “a publicación do libro é a culminación dun traballo, unha vez revisado e actualizado” e supón para el “ver un soño cumprido”.
Xoves, 22 de decembro do 2016

O profesor de BBAA Juan Carlos Román analiza nun libro a situación do sistema artístico

As eivas e retos da arte contemporánea, en 100 entregas

A publicación reúne unha serie de reflexións e relatos breves, inicialmente concibidos para as redes sociais


ImageComo un xogo, como un xeito de promover o diálogo nas redes sociais, deu comezo o profesor de Belas Artes Juan Carlos Román o proxecto que neste 2016 remataría converténdose en Los 100 problemas del arte contemporáneo, un libro editado polo Centro de Documentación y Estudios Avanzados de Arte Contemporáneo (Cendeac). “A estrutura do libro é atípica, non nace co desexo de vestirse de papel, senón que xorde nas redes sociais”, sinala Román dunha publicación na que reúne un cento de reflexións e relatos breves nos que aborda, desde a ironía e cunha óptica persoal, os diferentes retos e problemáticas aos que se enfronta o sistema artístico.
Mércores, 21 de decembro do 2016

Segundo o último Informe de Conxuntura Socioeconómica de 2016

A economía galega medra máis que a española por vez primeira dende o inicio da recuperación

O documento tamén recolle que os galegos gañan 800 euros menos ao ano que en 2008


ImageO Foro Económico de Galicia presentou este mércores o seu derradeiro Informe de Conxuntura Socioeconómica do ano 2016, coordinado por Fernando González Laxe. Nesta ocasión, xunto coa análise das contas económicas do terceiro trimestre do ano e a síntese estatística dos indicadores de conxuntura, o traballo compleméntase con comentarios sobre o panorama da acuicultura a cargo de Manuel Varela Lafuente e con 15 cadros para avaliar os efectos da crise económica en Galicia. Segundo o documento presentado, a economía galega medra máis que a española por vez primeira dende o inicio da recuperación económica.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 338

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós