DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Mércores, 25 de novembro do 2015

A Universidade de Vigo sumouse á reivindicación do 25 de novembro con diversas accións

Un non colectivo á violencia de xénero e á ideoloxía que a sustenta

Unhas xornadas no campus de Ourense afondaron nas bases do actual modelo sociosexual


ImageUn 25 de novembro máis faise necesario denunciar a discriminación de xénero facendo fincapé nas súas manifestacións máis graves. No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Universidade de Vigo uniuse de novo á reivindicación dunha sociedade libre desta lacra levando a cabo diversas accións nos seus diferentes campus, desde xornadas formativas ata representacións teatrais. “Non podemos pensar que a violencia de xénero é un problema exclusivamente das mulleres, é un problema de toda a sociedade porque agride o dereito de todos e todas a vivir en paz. É necesario repensar o papel de homes e mulleres para mudar esta situación xa que a discriminación baseada nos estereotipos é a base desta violencia”, apuntou Anabel G. Penín, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, na inauguración este mércores das xornadas Xénero, masculinidades e transculturalidade.
Martes, 01 de abril do 2014

Votaron preto de 2000 persoas dun censo total de 22.497

Salustiano Mato revalida o seu cargo nunhas eleccións marcadas pola baixa participación

Alternativa Universitaria obtivo os seus mellores resultados no campus de Pontevedra


ImageSalustiano Mato continuará á fronte da Universidade de Vigo os próximos catro anos, no que será o seu segundo mandato consecutivo. Nunha xornada electoral marcada pola existencia dunha única candidatura a reitor, a de Alternativa Universitaria representada por Mato, e pola ausencia de votacións a Claustro nos sectores PDI A, PDI B e estudantes en varios centros e facultades dos tres campus, un total de 1950 persoas emitiron os seus votos, o que sitúa a porcentaxe de participación nun 8,6%, un 14% menos que hai catro anos. Neste proceso que o reelixido reitor cualificou de “atípico”, emitíronse 908 votos en branco, 751 para a candidatura de Alternativa Universitaria e 291 nulos, rexistrándose 1106 no campus de Vigo, 545 no de Ourense e 299 en Pontevedra.
Luns, 02 de abril do 2012

Informando tamén en vacacións


Image
Xoves, 29 de decembro do 2011

A entidade celebrou o seu último pleno do ano no campus de Ourense

O Consello Social aproba os orzamentos 'do equilibrio' para a Universidade de Vigo

Os seus membros fixeron un acto de recoñecemento ao anterior presidente, Emilio Atrio


ImageO campus de Ourense acolleu este xoves o último pleno do ano do Consello Social da Universidade de Vigo que tiña na súa axenda o fito de aprobar os orzamentos para 2012 da Universidade. Os seus membros deron luz verde a uns presupostos que segundo destacou o reitor, Salustiano Mato, son “os orzamentos do equilibrio, da estabilidade que nos permite seguir traballando para un futuro de crecemento en 2013”. Deste xeito, o presuposto da Universidade de Vigo para 2012 queda fixado en 162.969.745 euros, un 3% menos respecto a 2011. Esta última xuntanza do Consello Social antes de rematar o ano tamén contou cun recoñecemento para Emilio Atrio, ex presidente da institución, polo traballo realizado durante o tempo que estivo ao fronte da entidade que agora preside Ernesto Pedrosa.
Martes, 13 de decembro do 2011

As liñas xerais da política orzamentaria para o vindeiro ano presentáronse ante o Claustro

O orzamento da Universidade para 2012 redúcese en case un 3% achegándose aos 163 millóns de euros


Image“Este momento é o máis difícil para xestionar unha administracións pública, pero hai que ter ánimo e esperanza de futuro”. En estes termos se dirixiu o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, aos asistentes ao Claustro no que hoxe se presentaron as liñas xerais dos orzamentos para o próximo ano que a semana que vén serán debatidos no Consello de Goberno e posteriormente aprobados polo Consello Social. Por terceiro ano consecutivo o orzamento da Universidade de Vigo redúcese en case un 3% respecto de 2011 para quedar fixado para o vindeiro ano 2012 en 162.969.745 euros. Este descenso de 4,9 millóns de euros está directamente relacionado coa conxelación rexistrada nas achegas da Xunta de Galicia que para este ano acadarían preto de 103 millóns de euros, unha cifra estimativa xa que polo momento non se coñece o reparto exacto, tanto conceptual como entre as universidades que conforman o Sistema Universitario Galego (SUG).
Luns, 12 de decembro do 2011

Vigo acolle por primeira vez unha reunión do Consello Galego de Universidades

Educación presenta aos reitores a futura Lei do Sistema Universitario

O conselleiro gabou “o traballo incansable” de José María Barja, responsable da UDC, no que foi o seu último pleno


ImageA presentación oficial das bases coas que se elaborará a futura Lei do Sistema Universitario de Galicia. Ese era un dos puntos claves do pleno do Consello Galego de Universidades, que por primeira vez se celebrou no campus de Vigo, unha reunión na que ademais se presentou o anteproxecto de decreto para regular a asignación de representantes sindicais nos consellos sociais e na que se ratificou a Pablo Ramil como representante no Consello Científico, órgano asesor do Comité Español do Programa MaB da Unesco. Xa cun primeiro borrador da futura normativa sobre a mesa, o pleno serviu para buscar “a colaboración de todos para dotar ao sistema universitario dun marco normativo que o conduza aos máximos niveis de eficiencia e excelencia nacional e internacional”, asegurou Jesús Vázquez, conselleiro de Educación.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 96

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós