DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Martes, 17 de xaneiro do 2017

A Biblioteca Universitaria organiza a actividade que será impartida a través de Faitic

Consolídase o curso ‘Máis alá de google’ co lanzamento dunha décimo quinta edición

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 5 de febreiro


ImageÁ hora de enfrontarse a un traballo académico é necesario ter claro onde e como buscar información, máis cando vivimos nun momento con sobreabundancia de material informativo. Por este motivo, dende a Biblioteca Universitaria levan organizando dende o 2012 o curso virtual Máis alá de google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico, que acada xa a súa décimo quinta edición. Como ven sendo habitual, o persoal da biblioteca será o encargado de realizar as tarefas de docencia a través da plataforma Faitic. A actividade, que xa se realizou no primeiro cuadrimestre, desenvolverase entre o 13 de febreiro e o 17 de marzo.
Mércores, 14 de decembro do 2016

Presentou o seu último disco, 'O mundo está parado', no tradicional concerto da institución académica

Guadi Galego inaugura o Nadal universitario reivindicando a lingua e a cultura galegas

Contou sobre o escenario coa colaboración, entre outros, de Abe Rábade, Anxo Pintos e Sonia Lebedynski


ImageComo o título do seu disco, o mundo parouse este mércores para gozar da música de Guadi Galego no Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, unha cita anual na que a institución académica e a cidade olívica se achegan máis ca nunca. Neste evento a artista de Cedeira presentou o seu terceiro disco en solitario, O mundo está parado (FOL Música, 2016), no que reflexiona sobre a pluralidade, a diversidade e a imposibilidade da coherencia. O escritor e docente Anxo Angueira foi o encargado a abrir un concerto no que tanto o mar como a lingua e a cultura galega foron unha constante e no que Guadi Galego estivo acompañada polo pianista Abe Rábade; o multiinstrumentista Anxo Pintos, o acordeonista Santi Cribeiro, o clarinetista Pablo Pascual, o músico e compositor gaditano Javier Ruibal e unha das grandes voces da música galega, Sonia Lebedynski.
Martes, 13 de decembro do 2016

Máis da metade do alumnado é alemán

22 alumnas e alumnos de sete nacionalidades aprenden lingua e cultura galegas no campus

O curso achega aos mozos e mozas a distintos puntos da xeografía de Galicia


ImageEstudantes de distintas partes do mundo aprenden lingua e cultura galegas na Universidade mediante o curso de Extensión Cultural para alumnado estranxeiro que organiza a Área de Normalización Lingüística. A actividade reúne este cuadrimestre a 22 mozos e mozas de sete nacionalidades diferentes, persoas con raíces moi diversas, dende serbias ata afganas ou libanesas. Alemaña é o país que máis estudantes achega á aula, un total de 13, seguido de Italia e República Checa, pero tamén hai alumnado de China, Brasil, Inglaterra e Córsega.
Venres, 09 de decembro do 2016

'O mundo está parado' preséntase no Teatro Afundación o mércores día 14

Guadi Galego escolle o Concerto de Nadal da Universidade para presentar o seu último traballo

A entrada é de balde pero é preciso retirar o convite previamente


ImageO tradicional Concerto de Nadal que cada ano por estas datas celebra a Universidade, contará o próximo mércores 14 coa presenza da artista Guadi Galego, que presentará en exclusiva o seu último traballo O mundo está parado, un álbum repleto de “intensidade e sensibilidade”, segundo indica a intérprete, que dará a coñecer o seu terceiro proxecto dende que comezara a súa andaina en solitario, tras abandonar Berrogüetto. Un traballo no que a artista consagra a súa madurez como compositora, e no que reflexiona sobre temas como a pluralidade, a diversidade e a imposibilidade da coherencia.
Mércores, 07 de decembro do 2016

'Parley-Voo?' amosa na FFT unha mostra da iconografía destes profesionais no conflito

Por que existiron tantas representacións dos intérpretes na Primeira Guerra Mundial?

O docente Anxo Fernández organiza a mostra que estará aberta ata o 16 de decembro


Image A representación gráfica da profesión de intérprete é algo habitual desde o derradeiro terzo do século XIX e ata a década de 1920, unha vez finalizada a Primeira Guerra Mundial. Gravados, postais, debuxos e fotografías reproducidas polos medios de comunicación, recolleron nesa época as prácticas sociais e laborais dos profesionais da interpretación e a tradución, case sempre homes, que durante a Primeira Guerra Mundial viviron en primeira persoa unhas circunstancias excepcionais para a promoción e manipulación da súa actividade, o que en ambos os dous casos contribuíu a construír unha imaxe pública da profesión.
Venres, 02 de decembro do 2016

As actividades de celebración da patroa incluíron unha conferencia sobre mina e auga

Un premio ao mellor expediente académico do Máster en Enxeñaría de Minas centra os festexos de Santa Bárbara

A carreira popular reuniu esta edición a 55 participantes e recollérónse preto de 100 Kg de alimentos


ImageOs festexos de Santa Bárbara, patroa da Escola Técnica Superior en Enxeñaría de Minas, tiveron este ano como protagonista a Raquel Pérez, alumna do Máster en Enxeñaría de Minas, que foi galardoada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste co Premio ao Mellor Expediente Académico da súa promoción, a primeira deste título. A maiores, a festa tivo tamén un toque solidario que chegou este venres coa celebración da Carreira Popular de Santa Bárbara, que acadou xa a súa sétima edición, e que reuniu nas instalacións deportivas do campus a medio cento de atletas dispostos e dispostas a gozar do día.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 734

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós