DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Ourense
Venres, 24 de febreiro do 2017

O partido será o sábado 18 de marzo

As seleccións de fútbol gaélico de Galicia e Francia enfrontaranse nas instalacións do campus

Xogarán un amigable as categorías tanto masculina como feminina


ImageO sábado 18 de marzo, o campo de rugby do campus de Ourense acollerá un enfrontamento entre as seleccións de fútbol gaélico de Galicia e Francia. Será un amigable no que participarán tanto as categorías masculina como feminina. A acollida desta cita, destacan desde o Auriense FG, o equipo creado no campus de Ourense pola Asociación Universitaria de Ciencias da Educación AUCE, supón un empuxe á aposta que se está facendo nos últimos anos na cidade de Ourense por este deporte. A súa celebración, indican, contribuirá á difusión deste deporte e permitirá aos xogadores e xogadoras da selección galega medirse cos dunha selección como a de Francia.
Luns, 20 de febreiro do 2017

O resultado sitúao no cuarto posto da División de Honra B estatal

O Campus Universitario Ourense Coosur gaña ao Universitario de Bilbao

O primeiro equipo de xadrez convértese en líder de grupo


ImageEsta fin de semana o Campus Universitario Ourense Coosur sumou unha nova vitoria na xornada 18 da División de Honra B do rugby estatal. O equipo gañou por 20 a 32 ao Universitario de Bilbao, polo que se consolida no quinto posto da táboa e se aproxima moito ao cuarto clasificado. O marcador acadado, destacan desde o club, supón “unha nova e importante vitoria a domicilio". Alén da vitoria do equipo de baloncesto feminino contra Mesón A Vila, nesta última xornada de competición tamén destaca a vitoria do primeiro equipo de xadrez, que se situou líder do seu grupo na primeira división da liga galega por equipos.
Mércores, 15 de febreiro do 2017

Arredor de 80 persoas participarán o día 18 neste percorrido pola "raia seca" entre Ourense e Portugal

A Ruta do Contrabando, o próximo reto das andainas universitarias

O traxecto incluirá unha visita á fervenza do Pontón


ImageUnha ruta de contrastes e historia, na que se combina paisaxes de montaña e de fondo de val, distancias sen xente e vilas cheas de vida. Deste xeito preséntase a andaina que este sábado, día 18 de febreiro, organizará a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo no marco da súa programación de rutas culturais. Cun inicio de montaña na Serra das Penas Libres no que se chegará aos 600 metros, o percorrido incluirá na súa fase final a visita á fervenza do Pontón. Arredor de 80 persoas procedentes dos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense participarán nesta cita.
Martes, 14 de febreiro do 2017

Ourense acolleu este martes a celebración do torneo Intercampus 2017

No terreo de xogo, os mellores equipos das ligas universitarias

Máis de 200 deportistas da Universidade de Vigo participaron na competición


ImageNa formación integral do alumnado que se busca proporcionar na Universidade de Vigo, o deporte xoga un papel importante. Para fomentar esta faciana e entre outras iniciativas, cada ano e en cada campus se organizan ligas internas de diferentes modalidades deportivas que permiten motivar e fidelizar aos universitarios coa práctica do exercicio físico. Os mellores equipos, os equipos campións das ligas ou fases finais dos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense teñen cada ano unha cita conxunta, o torneo chamado Intercampus, que nesta ocasión se celebrou este martes en Ourense. Máis de 200 deportistas competiron e conviviron ao longo de todo o día co obxectivo de por unha banda elixir aos representantes da Universidade de Vigo para o campionato universitario galego e por outra estreitar os lazos entre os campus.
Luns, 13 de febreiro do 2017

O marcador final fronte a El Salvador B foi de 14-29

O Campus Universitario Ourense Coosur gaña en Valladolid e sitúase quinto na táboa

Os equipos de baloncesto e xadrez tiveron desigual sorte nos encontros disputados a fin de semana


ImageEste sábado, 11 de febreiro, o Campus Universitario Ourense Coosur desprazouse a Valladolid para disputar o partido aprazado correspondente á xornada 13 da división de honra B do rugby estatal. Nun encontro que se virou na súa contra na segunda metade, os ourensáns acadaron unha vitoria final de 14-29 que os ascende á quinta posición da táboa. Pola súa banda, os equipos de baloncesto e xadrez do campus tiveron desigual sorte nos encontros disputados a fin de semana, destacando a vitoria do equipo de baloncesto feminino contra Peleteiro.
Xoves, 09 de febreiro do 2017

Os seus postos volverán a percorrer este cuadrimestre os tres campus

Os Martes Saudables fomentarán a doazón de sangue e órganos entre a comunidade universitaria

A iniciativa dedicará en cada nova edición unha especial atención a unha temática concreta


ImageEsta semana a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia lanzaba a segunda fase da campaña de doazón de sangue nas universidades facendo unha chamada á participación ante o descenso paulatino de doazóns nos campus galegos nos últimos anos. Co obxectivo de contribuír a fomentar a solidariedade entre o alumnado neste eido, este cuadrimestre os postos informativos dos Martes Saudables volverán a percorrer os tres campus da Universidade de Vigo facendo nesta ocasión especial fincapé na doazón de sangue e órganos.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 484

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós