DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Venres, 24 de febreiro do 2017

Máis de 500 deportistas representaron ás tres universidades no torneo de deportes colectivos en Pontevedra

Vigo triunfa no Campionato Galego Universitario

Os seus equipos lograron vencer en sete das doce categorías da competición


ImageSete triunfos de doce posibles. Deste xeito a Universidade de Vigo proclamouse vencedora absoluta do XX Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos, que reuniu en Pontevedra a preto de 570 deportistas e adestradores, en representación das tres universidades galegas. Vigo logrou o triunfo en baloncesto feminino e masculino, balonmán masculino, fútbol sala feminino e masculino, fútbol e fútbol 7. A Universidade da Coruña, pola súa banda, alzouse co triunfo en rugby 7 masculino e feminino e en voleibol feminino, mentres que a USC logrou a vitoria en balonmán feminino e voleibol masculino.
Luns, 13 de febreiro do 2017

Fisioterapia acolle este mércores unha conferencia do médico Santiago Perote

Claves para derrubar mitos e facer da alimentación un piar da saúde

Neste coloquio aberto a toda a cidadanía, achegará unha serie de recomendacións sobre nutrición deportiva


Image“Unha boa saúde comeza pola alimentación”, sostén Santiago Perote, responsable da Unidade de Medicina Deportiva da Universidade e encargado este mércores, nunha actividade promovida pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, de achegar tanto á comunidade universitaria como á cidadanía en xeral unha serie de claves para unha correcta nutrición. Tanto desde unha óptica xeral, como poñendo o foco na propia nutrición deportiva, Perote incidirá no coloquio que protagonizará na Facultade de Fisioterapia na necesidade de dotar á cidadanía dunha maior información sobre un eido no que existen “moitos mitos e crenzas equivocadas”.
Mércores, 08 de febreiro do 2017

A Área de Benestar, Saúde e Deporte programa diferentes actividades nos centros do campus

Para facer deporte non hai que saír da facultade

Trátase de sesións gratuítas para as persoas aboadas ás tarxetas TDU e Ponte en Forma


ImageNo pasado cuadrimestre, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade engadía á oferta de servizos que pon a disposición dos membros da comunidade universitaria a través das tarxetas TDU e Ponte en Forma, catro actividades dirixidas gratuítas para aboados e aboadas. Tratábase concretamente de clases de pilates, bike e cross training/hiit, ás que usuarios e usuarias podían acceder de xeito gratuíto no Pavillón Universitario. Unha serie de propostas que se viñeron desenvolvendo nestas instalacións e que desde esta semana pasan a contar tamén con sesións nas propias Facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Fisioterapia.
Venres, 16 de decembro do 2016

Preto de 80 persoas participaron na noite deste xoves neste evento no Pavillón Universitario

O Maratón Solidario de Zumba permite reunir 150 quilos de alimentos

Os produtos doados polas persoas participantes destínanse ao comedor dos Pais Franciscanos


ImageA pesares de que, ao igual que aconteceu en 2015, a climatoloxía non axudou á cita co deporte e a solidariedade que cada ano promoven nas datas previas ao Nadal a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade e a Vicerreitoría do campus, a celebración, na noite deste xoves, do XIV Maratón de Zumba Solidario permitiu reunir preto de 150 quilos de alimentos non perecedoiros, cos que contribuír ao labor que desenvolven no comedor dos Pais Franciscanos de Pontevedra. Preto de 80 persoas sumáronse nesta xornada a unha actividade aberta a toda a cidadanía, á que se lle solicitaba a doazón dun quilo de alimentos a modo de inscrición.
Venres, 09 de decembro do 2016

50 persoas participaron este xoves nunha competición benéfica desta disciplina

O crossfit abre o tempo da solidariedade no Pavillón Universitario

O xoves 15 terá lugar un maratón de zumba dirixido a reunir alimentos para o comedor dos Pais Franciscanos


Image“A verdade é que foi mellor do esperado”, recoñece Carlos Paredes, monitor da sala de cardio-fitness do Pavillón Universitario, do Crossfit Solidario, que a Área de Benestar, Deporte e Saúde da Universidade e a Vicerreitoría do campus organizaron xunto con Crossfit Turoqua e que reuniu este xoves a medio cento de competidores e competidoras. Por unha banda, as expectativas superáronse polo propio nivel da competición, “xa que foron case seis horas de campionato e o nivel da proba foi moi alto”, pero, principalmente, porque o obxectivo principal, reunir alimentos, roupa e xoguetes para aqueles e aquelas que máis os precisen, tamén se cumpriu con creces.
Xoves, 01 de decembro do 2016

O Pavillón Universitario acolle os días 8 e 15 os maratóns benéficos de crossfit e zumba

Dúas oportunidades para unir deporte e solidariedade

Abertos a toda a cidadanía, solicítase a doazón de alimentos non perecedoiros a modo de inscrición


ImageQue tanto a comunidade universitaria como a cidadanía poidan sumar o seu gran de área na axuda a aqueles e aquelas que máis o precisan e facelo ademais a través do deporte é o propósito polo que, nas datas previas ao Nadal, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade e a Vicerreitoría promoven cada ano no Pavillón Universitario un Maratón Solidario de Zumba, aberto a todas as persoas interesadas, ás que se lles solicita que acheguen un quilo de alimentos non perecedoiros a xeito de inscrición. Será o vindeiro xoves 15 cando esta actividade celebre a súa décimo cuarta edición, precedida a súa vez por un Crossfit Solidario.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 160

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós