DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Mércores, 22 de febreiro do 2017

A carreira terá unha modalidade xeral de 10 km e outra de iniciación de 6,6 km

O campus volverá ser unha festa do deporte coa celebración o 23 de abril da carreira HappyGoRunning

Paralelamente celebrarase a tradicional andaina para os que prefiran o sendeirismo


ImageO deporte vigués volve ter unha cita sinalada no almanaque universitario. O vindeiro 23 de abril o campus de Vigo volverá acoller un ano máis a festa do deporte coa celebración da carreira HappyGoRunning-Cidade Universitaria, unha proba que forma parte do Circuíto de Carreiras Populares RunRunVigo. A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade continúa así apostando por esta cita que cumpre xa 11 edicións. Para esta ocasión repetirase o esquema do pasado ano, con dúas distancias na carreira e unha modalidade de andaina.
Luns, 20 de febreiro do 2017

O vigueses impuxéronse na casa ao Bera Bera por 15 a 13

Kaleido Universidade de Vigo RC vence ao segundo clasificado e suma a segunda vitoria consecutiva

O equipo de xadrez tamén conseguiu imporse ao Círculo Chantadino, un dos aspirantes á coroa do xadrez galego


ImageTras a xornada de descanso da pasada fin de semana, o Kaleido Universidade de Vigo Rugby Club volveu este sábado á senda da vitoria e fíxoo pola porta grande, impoñéndose ao segundo clasificado, o Bera Bera por 15-13. Os universitarios, que xogaban na casa, afrontaban o partido coas baixas de Carlos De Cabo por lesión e Álvaro Caride por motivos persoais, ademais da xa coñecida de Maka Tatafu, pero cargados de ilusión e optimismo. Ao igual ca no rugby, esta última xornada tamén deixou excelentes resultados para o Universidade de Vigo de Xadrez, que se afianza como líder da clasificación.
Luns, 13 de febreiro do 2017

O seu filial, o Escola Universitaria de Vigo, encadeou a súa terceira derrota consecutiva

O equipo de xadrez da Universidade mantén o primeiro posto da División de Honra

Na próxima xornada os universitarios mediranse ao Círculo Chantadino e os seus filiais ao Laroca Nigrán A


ImageBoa fin de semana para o equipo de xadrez Universidade de Vigo EXP Estratexia pola Paz, que consegue manterse como líder da División de Honra despois de gañar 2-4 en Santiago de Compostela ao Algalia A. Ségueno de preto os dous equipos que máis incorporcións realizaron esta tempada: o Xadrez Ourense, a tan só medio punto, e o Círculo Chantadino, a dous puntos. Distinta sorte correu o filial Escola Universitaria de Vigo que encadea a súa terceira derrota consecutiva e segue en postos de descenso directo.
Venres, 10 de febreiro do 2017

‘Cross training’, abdominais ‘express’ e ‘circuit training’ son parte das actividades que cobren a lista

Actividades dirixidas e gratuítas completan a oferta deportiva da Universidade de Vigo

Tamén está á disposición da comunidade universitaria o programa ‘Ponte en Forma’


ImageNas vésperas de ano novo é común facer unha lista de propósitos entre ás que se inclúe a práctica de exercicio físico para mellorar a calidade de vida e a forma física. Sen embargo, por uns motivos ou outros, non todo o mundo é capaz de seguir a rutina, xa sexa pola falta de disciplina, de continuidade, de asesoramento ou polo aburrimento de facer exercicio só. Por iso, para axudar ás persoas na práctica física, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo ofrece de maneira gratuíta unha serie de actividades dirixidas polos técnicos deportivos da sala cardio fitness.
Xoves, 09 de febreiro do 2017

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto UTOP-Deporte e Liderado

O I Orienta-Campus aposta pola promoción do deporte de orientación entre a comunidade universitaria

En dous grupos, un de mañá e outro de tarde, realizaron unha carreira de iniciación


ImageO proxecto UTOP-Deporte e Liderado estreouse este curso impulsado pola Área de Benestar, Saúde e Deporte coa finalidade de formar aos estudantes en competencias transversais como liderado, planificación, xestión da información, comunicación, emprendemento ou responsabilidade social, calidades todas elas cada vez máis valoradas polas empresas á hora de recrutar persoal. Dentro do programa formativo, cada un alumnos e alumnas participantes debe desenvolver un proxecto propio ao longo dos novos meses que pasan na Área de Benestar, Saúde e Deporte. O I Orienta-Campus é froito do traballo de Ángel Soto, estudante de Enxeñería Industrial.
Luns, 06 de febreiro do 2017

O equipo vigués é oitavo na clasificación con 36 puntos

O Kaleido Universidade rompe coa mala racha e gaña ao Real Oviedo Rugby por 27-5

O Xadrez Universidade de Vigo vence con facilidade ao CFX Viaxes Interrías


Image Boa fin de semana para os xogadores do Kaleido Universidade de Vigo que despois da mala racha na que encadeou seis derrotas consecutivas, venceron ao Real Oviedo Rugby, rival directo na liga, por 27 a 5. Este resultado permítelle ao equipo de Maxwell sumar 36 puntos, 10 máis que o noveno clasificado, o AVIA Eibar Rugby. Os xogadores chegaron ao campo cos ánimos altos aínda que Norman Maxwell vaticinaba un partido duro, non só pola climatoloxía, e que gañarían grazas aos pequenos detalles. A vitoria comezouse a cimentar dende primeira patada. Iniciouse o encontro co vento e choiva en contra, sabendo que o poderían usar a favor na segunda parte.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 685

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós