DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Martes, 17 de xaneiro do 2017

Constantino Cordal, Xulio Pardellas e Celso Cancela publican ‘Política e economía da Unión Europea’

Unha visión multidisciplinar da UE abarcable nun cuadrimestre

O volume concibiuse como material de apoio da materia do mesmo nome do Grao en Dirección e Xestión


Image Tres meses investiron os docentes e investigadores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Constantino Cordal, Xulio X. Pardellas e Celso Cancela en publicar Política e economía da Unión Europea, un volume que ten o obxectivo, en palabras dos seus autores, de “ofrecer una visión breve, pero con rigor, do funcionamento da Unión Europea desde unha perspectiva multidisciplinar, que implica o enfoque político e institucional, unido ao encadramento económico, coa finalidade de facilitar os elementos e claves básicas para comprender e interpretar as principais actuacións comunitarias”.
Xoves, 22 de decembro do 2016

O profesor de BBAA Juan Carlos Román analiza nun libro a situación do sistema artístico

As eivas e retos da arte contemporánea, en 100 entregas

A publicación reúne unha serie de reflexións e relatos breves, inicialmente concibidos para as redes sociais


ImageComo un xogo, como un xeito de promover o diálogo nas redes sociais, deu comezo o profesor de Belas Artes Juan Carlos Román o proxecto que neste 2016 remataría converténdose en Los 100 problemas del arte contemporáneo, un libro editado polo Centro de Documentación y Estudios Avanzados de Arte Contemporáneo (Cendeac). “A estrutura do libro é atípica, non nace co desexo de vestirse de papel, senón que xorde nas redes sociais”, sinala Román dunha publicación na que reúne un cento de reflexións e relatos breves nos que aborda, desde a ironía e cunha óptica persoal, os diferentes retos e problemáticas aos que se enfronta o sistema artístico.
Xoves, 15 de decembro do 2016

Celso Cancela é un dos coordinadores dun libro homenaxe ao catedrático da UAB Francesc Morata

24 olladas ás institucións, fronteiras e gobernanza europeas

A publicación intégrase na colección da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo


ImageO proceso de integración europea e o papel que xogan na actualidade as institucións comunitarias, a gobernanza e a participación cidadá nas políticas públicas ou a cooperación transfronteiriza constitúen tres dos eixos de Europa, políticas públicas y gobernanza, un libro que profesores da Universidade de Vigo e da Autónoma de Barcelona impulsaron como homenaxe ao catedrático desta última institución Francesc Morata. 28 investigadores e investigadoras de diferentes países participan nun libro que, a través de 24 artigos, propón unha ollada “a liñas de traballo de plena actualidade en relación coa Unión Europea”, como salienta Celso Cancela.
Venres, 18 de novembro do 2016

A profesora Mabel Míguez é unha das autoras dun libro sobre turismo e comunicación 2.0

Os principais destinos turísticos carecen dunha estratexia de comunicación en redes sociais

O volume recolle as principais conclusións dunha investigación liderada pola Universidad Rovira i Virgili


ImageA pesares de que as redes sociais e chamados medios sociais constitúen na actualidade unha ferramenta fundamental para a promoción dos destinos turísticos, os principais destinos españois defínese pola “falta de estratexia na comunicación que se fai nestes medios online”. Esta é, segundo apunta a profesora da Facultade de CCSS e da Comunicación Mabel Míguez, unha das principais conclusións do proxecto ComTur 2.0, no que esta investigadora participou xunto con docentes de diferentes universidades españolas, baixo a coordinación de investigadores da Universidad Rovira i Virgili.
Xoves, 21 de xullo do 2016

Segundo os datos do informe anual elaborado pola Escola de Enxeñaría Forestal e Confemadera Galicia

A industria galega da madeira e do moble facturou 1941 millóns de euros en 2015, un 11,2% máis ca en 2014

Máis de 80.000 familias recibiron 300 millóns por venta de madeira nun ano récord de cortas


ImageA industria galega da madeira e do moble facturou 1941 millóns de euros no 2015, o que supuxo un incremento do 11,2% respecto a 2014. Son as cifras globais dun sector que xera en Galicia uns 70.000 postos de traballo e no que 2015 supuxo un ano de récords en múltiples factores, entre eles, o volume de cortas: 8,25 millóns de metros cúbicos, o mellor rexistro desde 1996. Estas son só algunhas das cifras que se recollen no Informe de Resultados da Industria da madeira e o moble de Galicia, un traballo que, tras múltiples anos de colaboracións puntuais, foi elaborado por primeira vez de xeito conxunto entre docentes da Escola de Enxeñaría Forestal e a Confederación Galega de Empresarios da Madeira, Confemadera Galicia.
O informe, tal e como se explicou durante a súa presentación, busca caracterizar o resultado do ano xa rematado, comparado cos anos anteriores e co contexto, tanto español como internacional.
Martes, 28 de xuño do 2016

O profesor Adolfo Cordero é coautor dun libro sobre a súa presenza neste arquipélago e no de Madeira

Azores, aló onde as libélulas se reproducen sen machos

Nestas illas atopouse o único caso no mundo de partenoxénese entre os odonatos, a especie ‘Ischnura hastata’


ImageA centos de quilómetros do continente, os arquipélagos de Azores e Madeira constitúen un hábitat pouco accesible para insectos como as libélulas, de tal xeito que nelas só se teñen asentado aquelas especies “que demostraron ter unhas capacidades de dispersión extraordinarias”, como sinala o investigador Adolfo Cordero. Mais estes arquipélagos contan tamén con “xoias biolóxicas” como a Ischnura hastata, unha especie que en Azores presenta o o único caso no mundo reprodución a partires de femias, como este profesor da EE Forestal conta no libro que elaborou xunto co profesor da Universidade dos Azores Virgílio Vieira.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 74

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós