DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Venres, 17 de febreiro do 2017

O estudo obtivo un premio a novos investigadores da Deputación de Pontevedra en 2014

Sonia Otero analiza as ilustracións de Manuel Cubas a través dos sainetes de Ramón de la Cruz

A autora traballa, no marco da súa tese de doutoramento, nunha nova investigación sobre Emilia Calé


ImageAo falar do teatro no século XVIII é difícil non lembrarse de Ramón de la Cruz, un dos autores de sainetes que máis achegou á literatura española. O éxito das súas obras un século despois grazas ao renovado gusto por estas pezas teatrais e á xeneralización da literatura por entregas veuse plasmado nunha compilación dos seus mellores sainetes na obra Teatro Selecto de don Ramón de la Cruz, publicada por Jose María Faquineto en 1882, e ilustrada polo debuxante Manuel Cubas. Son precisamente esas ilustracións as que a filóloga e alumna de doutoramento da Facultade de Filoloxía e Traducción Sonia Otero analiza nun libro que acaba de editar o Servizo de Publicacións da Universidade e que leva por título La ilustración de los Sainetes de Ramón de la Cruz en el siglo XIX: La edición popular de J.M. Faquineto.
Xoves, 26 de xaneiro do 2017

Filoloxía e Tradución acolleu a presentación da novela de Francisco Coimbra, finalista do Xerais 2016

Canto á diversidade lingüística na presentación de 'Crónica Córnica’

Anxo Angueira, Méndez Ferrín e XH Costas saúdan o nacemento “dunha nova estrela da literatura galega”


ImageOs escritores Anxo Angueira, Xosé Luis Méndez Ferrín e Xosé-Henrique Costas coincidiron este xoves na Facultade de Filoloxía e Tradución na presentación de Crónica Córnica, de Francisco Coimbra, finalista do Xerais de Novela 2016, un acto que contou coa participación do propio autor e que acabou converténdose nun auténtico canto á diversidade lingüística e ao amor polas palabras e as linguas, pois iso é o que é, entre outras moitas cousas, esta obra: “un intenso e metafórico berro literario a favor das linguas e contra a marxinación e as desigualdades económicas, culturais e sociais entre colectivos e pobos”l.
Martes, 24 de xaneiro do 2017

O libro da filóloga viguesa inclúe os textos orixinais e traducidos de 'A Child’s Garden of Verses'

Celia Vázquez traduce por primeira vez ao galego a obra poética infantil de Stevenson, autor de 'A illa do tesouro'

A lírica deste autor quedou oculta, sobre todo fóra de Gran Bretaña, polo éxito das súas novelas


ImageCon A illa do tesouro (1883) conquistou a miles de lectores de todo o mundo e, dende entón, a obra novelística do escritor escocés Robert L. Stevenson pertence xa ao imaxinario adolescente colectivo, pero este éxito das súas novelas relegou a un segundo plano a súa obra poética, sobre todo fóra da súa Gran Bretaña natal. Consciente desta realidade Celia Vázquez, profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución e crítica literaria, acaba de publicar Stevenson e a tenrura da súa poesía infantil, un libro no que recolle, en versión inglesa e galega, os poemas de A Child’s Garden of Verses (1895), obra na que o autor reuniu o conxunto das súas poesías infantís. “Quixen rescatar a poesía que escribiu para nenos, que nin sequera está traducida na súa totalidade ao castelán”, explica Vázquez, para quen a figura de Stevenson é moi interesante dende o punto de vista biográfico.
Xoves, 22 de decembro do 2016

É un estudo pormenorizado das novidades que ofrece o actual proceso xudicial de conflito colectivo

A prestixiosa editorial Tirant lo Blanch publica a tese de doutoramento do xuíz decano Germán Serrano

Dirixida polo catedrático Jaime Cabeza, a tese defendeuse na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo


ImageA editorial Tirant lo Blanch, unha das máis prestixiosas no ámbito xurídico, acaba de publicar o libro El nuevo proceso judicial de conflicto colectivo, a obra na que se recollen os resultados da tese de doutoramento do xuíz decano de Vigo, German Serrano, dirixida polo catedrático Jaime Cabeza e presentada na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo en abril de 2015. “Unha vez lida a tese os membros do tribunal manifestáronme o seu interese na súa publicación”, explica o maxistrado, ao tempo que admite que “a publicación do libro é a culminación dun traballo, unha vez revisado e actualizado” e supón para el “ver un soño cumprido”.
Mércores, 21 de decembro do 2016

O volume coas obras gañadoras de 2016 xa está a disposición das persoas interesadas

Dúas décadas publicando os mellores relatos curtos, poesías e traducións creados na Universidade

A publicación está editada pola institución viguesa, a Xunta e Edicións Xerais


Image Xosé Sobral, Arancha Rodríguez e Luisa Iglesias foron o gañador e gañadoras, respectivamente, do Premio 2016 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo, unha iniciativa da Área de Normalización Lingüística, co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Agora, ambas as dúas institucións, xunto a Edicións Xerais de Galicia, editan os traballos de Sobral, Rodríguez e Iglesias, xunto ao das e dos gañadores dos accésits das tres categorías, nun volume que xa está nas bibliotecas e nos diferentes servizos da Universidade de Vigo a disposición das persoas interesadas.
Mércores, 14 de decembro do 2016

A obra presentouse este mércores no Consello da Cultura Galega

Xosé Carlos Arias e Antón Costas presentan nun libro as claves da ‘nova pel do capitalismo’

Os autores afondan nos erros do pasado e nos principais “nós que sería necesario afrouxar”


Image“Transcorreron xa máis de oito anos desde que un abismo se abriu na economía internacional coa caída do banco de investimentos Lechman Brothers. Naquel intre, ao longo dunhas poucas horas ou días, o mundo descubriu que as bases da economía eran moito máis fráxiles do que se cría, percibindo de súpeto que toda unha época tocaba ao seu fin...”. Así inician os catedráticos galegos Xosé Carlos Arias, da Universidade de Vigo, e Antón Costas, da Universidade de Barcelona, o libro La nueva piel del capitalismo, un ensaio conxunto no que ambos autores introducen unha reflexión xeral sobre o sentido histórico desta crise.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 140

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós