DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Martes, 06 de setembro do 2016

Incl鷈as entre os t韙ulos v醠idos para impartir a docencia nunha lingua estranxeira

A Xunta de Galicia reco馿ce as acreditaci髇s de idiomas CertAcles expedidas polo Centro de Linguas

A Universidade de Vigo acredita os niveis B1, B2 e C1 de ingl閟 e B1 de alem醤 e franc閟


Un dos eixos estratéxicos da Área de Linguas da Universidade de Vigo e do Centro de Linguas é a acreditación de nivel de idiomas, no marco dun contexto de internacionalización da institución académica e de globalización en xeral. Neste camiño, acaba de darse un paso máis, coa aprobación e publicación por parte da Xunta de Galicia da orde pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir docencia nunha lingua estranxeira nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Duvi | Vigo
Un dos eixos estratéxicos da Área de Linguas da Universidade de Vigo e do Centro de Linguas é a acreditación de nivel de idiomas, no marco dun contexto de internacionalización da institución académica e de globalización en xeral. Neste camiño, acaba de darse un paso máis, coa aprobación e publicación por parte da Xunta de Galicia da orde pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir docencia nunha lingua estranxeira nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta normativa incorpora ás titulacións susceptibles de recoñecemento os certificados das universidades españolas que seguen o modelo de acreditación de exames da Asociación de Centros de Linguas de Educación Superior (ACLES), é dicir, os exames CertACles que expide a Universidade de Vigo a través do Centro de Linguas.

Este recoñecemento vénse solicitando pola Universidade de Vigo desde a posta en marcha da acreditación CertAcles, dado que o Centro de Linguas é un dos centros examinadores e acreditadores que participan en ACLES desde o comezo do proxecto. Na actualidade, o Centro de Linguas acredita os niveis B1, B2 e C1 de inglés; nivel B1 de alemán e B1 de francés.

Ata agora, recoñecemento na contorna universitaria española e europea

Ata agora, os certificados CertAcles expedidos polas universidades españolas xa contaban con recoñecemento na contorna universitaria española e europea, co aval da CRUE e daquelas comunidades autónomas (Valencia, Aragón, Cataluña, Baleares, Murcia) que regularon o sistema de recoñecemento da competencia en linguas estranxeiras na administración pública. A estes recoñecementos súmase agora a Xunta de Galicia que inclúe CertAcles entre os títulos acreditativos válidos para a docencia nunha lingua estranxeira.

Os cursos do Centro de Linguas adáptanse ás directrices do Consello Europeo en materia de niveis de lingua e procedementos de avaliación, segundo se especifica no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). Os certificados de acreditación de nivel axéitanse polo tanto ao estándar de recoñecemento internacional, non só os exames oficiais CertAcles, se non todos os expedidos polo Centro de Linguas. Ademais de centro formador e acreditador de idiomas, o Centro de Linguas é centro examinador e preparador de exames oficiais. Así prepárase e examínase para o exame DELE; impártense cursos de preparación para os exames de Cambridge, este curso académico FIRST e CAE; e examínase da proba TOEFL.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎