DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Xoves, 22 de decembro do 2016

As dúas irmás estudan o Grao en Belas Artes

Noa e Lara Castro Lema gañan coa curtametraxe Non Queras o segundo premio do Concurso de prevención de condutas aditivas

As gañadoras recolleron o galardón da man da concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces


ImageA curtametraxe Non Queras, das estudantes de Belas Artes Noa e Lara Castro Lema, foi galardoada co segundo premio no concurso de fotografía e curtametraxes sobre a prevención de conductas aditivas que promove o Concello de Pontevedra. As dúas irmás recolleron este xoves o galardón de mans da concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces. O xurado, decidiu por unanimidade deixar desertos os premios na modalidade de fotografía e destacaron que aínda que ningunha das propostas transmitía mensaxes positivas, nalgunha delas a calidade artística era moi boa. Tamén se decidiu por unanimidade deixar deserto o primeiro premio na modalidade de curtametraxe.

Duvi | Vigo
A curtametraxe Non Queras, das estudantes de Belas Artes Noa e Lara Castro Lema, foi galardoada co segundo premio no concurso de fotografía e curtametraxes sobre a prevención de conductas aditivas que promove o Concello de Pontevedra. As dúas irmás recolleron este xoves o galardón de mans da concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces. O xurado, composto por Victoria Aldea, médico do Programa Galego de Promoción de Vida Sen Tabaco e representante da Consellería de Sanidade-Delegación de Pontevedra; Xosé Manuel Baamonde, decano de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo; Vanesa Estévez, pedagoga do Servizo de Educación do Concello de Pontevedra; Juan Luís González Pérez, psicólogo do Servizo de Drogodependencias do Concello de Pontevedra e Liliana Vidal, educadora de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Pontevedra, decidiu por unanimidade deixar desertos os premios na modalidade de fotografía e destacaron que aínda que ningunha das propostas transmitía mensaxes positivas, nalgunha delas a calidade artística era moi boa. Tamén se decidiu por unanimidade deixar deserto o primeiro premio na modalidade de curtametraxe.

O obxectivo desta iniciativa é contribuír á prevención das condutas aditivas a través de mensaxes creadas polo alumnado e para o alumnado e enmárcase no Plan Municipal de Condutas Aditivas. Os participantes podían presentar as súas obras inéditas para optar a un primeiro premio de 600 euros e un segundo de 400 euros, en cada unha das dúas categorías: fotografía e curtametraxe, dúas disciplinas que teñen unha estreita vinculación coas titulacións que se imparten no campus, polo que este certame era tamén un escaparate do talento e a creatividade do alumnado.

As obras presentadas serán empregadas polo Concello para a organización dunha exposición, ao tempo que o proxecto premiado poderá empregarse como material en actividades de carácter preventivo.

Enlace á curtametraxe
Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós