DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Xoves, 16 de febreiro do 2017

A Fundación Venancio Salcines organiza un curso na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Mellorar a capacidade de comunicación verbal a cambio de tres quilogramos de alimentos

Terá lugar o 1 e 2 de marzo e a finais de mes celebrarase tamén no campus de Ourense


A presentación de traballos en público, defensa de teses e proxectos ou exames orais supón un reto para boa parte do alumnado universitario. O medo a falar en público é froito, en moitos casos, da falta de formación neste eido, un baleiro que a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais tentará cubrir co Curso de Comunicación Verbal. Oratoria e Media Training, impulsado pola Fundación Venancio Salcines. Con oito horas de duración, a docencia impartirase os días 1 e 2 de marzo en horario de tarde e contará como profesores co xornalista e docente Luis Fraga e o comunicador audiovisual Iván Olmos. A fundación cobre o total do importe da matrícula (120 euros) polo que os estudantes admitidos só teñen que entregar tres quilogramos de alimentos como dozaón.

Duvi | Vigo
A presentación de traballos en público, defensa de teses e proxectos ou exames orais supón un reto para boa parte do alumnado universitario. O medo a falar en público é froito, en moitos casos, da falta de formación neste eido, un baleiro que a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais tentará cubrir co Curso de Comunicación Verbal. Oratoria e Media Training, impulsado pola Fundación Venancio Salcines. Con oito horas de duración, a docencia impartirase os días 1 e 2 de marzo en horario de tarde e contará como profesores co xornalista e docente Luis Fraga e o comunicador audiovisual e semifinalista mundial de debate Iván Olmos.

A fundación cobre o total do importe da matrícula (120 euros) polo que os estudantes admitidos só teñen que entregar tres quilogramos de alimentos non perecedoiros, sen necesidade de facer ningunha achega económica. O obxectivo deste módulo formativo é ofrecer ao alumnado a posibilidade mellorar as habilidades e destrezas comunicativas necesarias tanto para súa vida académica como par ao seu futuro laboral, atendendo tanto á comunicación en público como á relación cos medios de comunicación.

Obxectivos

Durante dúas tardes, os asistentes aprenderán a controlar o medo escénico e incrementar a seguridade na transmisión da mensaxe; a aumentar a capacidad persuasiva e reforzar a linguaxe non verbal; a dominar técnicas profesionais de oratoria e retórica; incorporar técnicas e estratexias básicas de negociación ao eido da empresa; coñecerán técnicas para aumentar a capacidade de análise da información para a construción argumentativa; técnicas de media-training para voceiros corporativos; o mellor xeito de afrontar entrevistas e roldas de prensa e a procurar a mellora das comunicacións públicas en situacións de crise.

O curso, ademáis de en Vigo, tamén se celebrará na Facultade de Dereito do campus de Ourense os días 23 e 24 de marzo, a primeira xornada en horario de tarde e a segunda de mañá. A data límite de inscrición en calquera dos casos é de cinco días antes do comezo do curso.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós