DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Xoves, 16 de febreiro do 2017

O auxiliar técnico de servizos xerais finou o pasado luns aos 55 anos de idade

Pesar na comunidade universitaria polo falecemento de Arturo Rúa

Alumnado, docentes e PAS gardaron un minuto de silencio na súa memoria


ImageAlumnado, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador do campus de Ourense gardaron este xoves un minuto de silencio na entrada do Edificio Xurídico-Empresarial en memoria de Arturo Rúa, persoal de administración e servizos falecido este luns aos 55 anos de idade. Arturo Rúa foi durante máis dunha década auxiliar técnico de servizos xerais na conserxaría do Edificio Xurídico-Empresarial. Con este xesto, a comunidade universitaria quixo amosar o seu pesar pola perda repentina deste compañeiro e o seu apoio á familia de Arturo Rúa, presente tamén no minuto de silencio.

Duvi | Ourense
Alumnado, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador do campus de Ourense gardaron este xoves un minuto de silencio na entrada do Edificio Xurídico-Empresarial en memoria de Arturo Rúa, persoal de administración e servizos falecido o luns aos 55 anos de idade. Arturo Rúa foi durante máis dunha década auxiliar técnico de servizos xerais na conserxaría do Edificio Xurídico-Empresarial, que alberga as facultades de Dereito e Ciencias Empresariais e Turismo. Durante a homenaxe, Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus, recordou a figura de Arturo, a súa ansia permanente por aprender e axudar aos demais, e recolleu o sentir dos presentes de que “lembraremos e botaremos de menos a presenza de Arturo cada vez que entremos neste edificio”. Con este xesto, a comunidade universitaria quixo amosar o seu pesar pola perda repentina deste compañeiro e o seu apoio á familia de Arturo Rúa, presente tamén no minuto de silencio.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós