Iníciase co Certame de Fotografía Universidade de Vigo
Coa caída da folla, Ourense énchese de exposicións co “Outono fotográfico”. Unha delas é o Certame de Fotografía Universidade de Vigo con temática libre e dirixida a todos os membros da comunidade universitaria. Na súa IV edición, o xurado designado pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes e composto por fotógrafos e membros da Comunidade Universitaria, tivo un traballo difícil: outorgar 2 premios absolutos, un por categoría (fotografía única ou serie) e outros dous accésits aos vencedores do concurso.
Marta Casanova | Ourense
Coa caída da folla, Ourense énchese de exposicións co “Outono fotográfico”. Unha delas é o Certame de Fotografía Universidade de Vigo con temática libre e dirixida a todos os membros da comunidade universitaria. Na súa IV edición, o xurado designado pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes e composto por fotógrafos e membros da Comunidade Universitaria, tivo un traballo difícil: outorgar 2 premios absolutos, un por categoría (fotografía única ou serie) e outros dous accésits aos vencedores do concurso. Por mor da excelente calidade dos traballos presentados non puido ser e de común acordo decidiron ampliar o número de premiados. Así, as gañadoras dos primeiros premios foron Leilía Durán Blanco con “Intimidades” en fotografía única e Mª Lucía Dubra Ríos con “Dejavù” en serie. Os accésits corresponderon a Fernández Bouzas por “Miradas”, Covadonga Gutiérrez Busto por “S/T” e Tania Mª Pérez Arribas por “O cisma do corpo” en series mentres que na categoría de fotografía única a premiada foi Mª Castellanos Vicente con “Tecidos”.
As obras permanecerán expostas ao público no edificio Politécnico do Campus ata o 18 de novembro.
| < Ant. | Seg. > |
|---|