DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Pontevedra
Martes, 04 de decembro do 2007

"Biomasa: retos e oportunidades"

O uso da biomasa forestal coma fonte de enerxía é o eixe central dun seminario en Bruxelas

O profesor Enrique Valero, asistiu en representación da Universidade de Vigo


Image O profesor da Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal, Enrique Valero, participou no seminario Biomasa: retos e oportunidades que se celebrou en Bruxelas do 29 ao 30 de novembro. Representando á Universidade de Vigo e como membro do Comité Consultivo de Medio Ambiente e de Bosques e Corcho da Comisión Europea, presidiu unha das sete mesas que deron contido a estas xornadas. Co relatorio Residuos forestais e da madeira para calefacción e electricidade, Enrique Valero expuxo a importancia actual de utilizar a biomasa forestal como alternativa para solucionar o problema de falta de subministro de enerxía que ten Europa.
Luns, 03 de decembro do 2007

Organizada pola vicerreitoría do campus de Pontevedra

A Casa das Campás acolle a conferencia "Golpes en primeira persoa"

Contará coas experiencias das persoas que viven de cerca este problema


Image A sede da vicerreitoría do campus de Pontevedra acollerá este martes unha conferencia, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa que se pretende mostrar un punto de vista diferente ao habitual no trato deste tema.
Golpes en Primeira Persoa é o título da charla que ten o obxectivo expor o problema dos malos tratos ás mulleres desde un punto de vista máis humano, apartado das cifras e das políticas institucionais.
Luns, 03 de decembro do 2007

Jesús Hernández Sánchez, vicerreitor do campus de Pontevedra:

“Este foi o ano de ordenar o campus e a vicerreitoría, para que funcione no futuro”


ImageCatedrático, director de departamento, decano da Facultade de Belas Artes e, dende hai algo máis dun ano, vicerreitor do campus de Pontevedra. Cunha traxectoria fulgurante ás súas costas, Jesús Hernández defínese como un “animal universitario”. Para el, a universidade é a mellor plataforma para o desenvolvemento do coñecemento libre.
O campus do que é máximo responsable caracterízase, segundo Hernández, pola gran potencialidade das súas titulacións e pola estreita relación entre sociedade e cultura. “Aquí hai unha maior capacidade de sinerxias e de facilidades para establecer parámetros de ti a ti coa cidadanía”, apunta nesta entrevista no Duvi.
Luns, 03 de decembro do 2007

Mediante un acordo suscrito entre a escola, o CIS-Madeira e as universidades estranxeiras

Alumnos da EUET Forestal poderán formarse na enxañaría da madeira en universidades de Alemaña e Austria

Dentro do programa Erasmus


Image A EUET Forestal asinou un acordo de cooperación co Centro de Investigación CIS–Madeira e as Universidades de Ciencias Aplicadas de Rosenheim e Salzburgo, para a formación dos alumnos en enxeñaría da madeira. O proxecto, formalizado dentro do Programa Erasmus, é froito da colaboración da Universidade de Vigo con estas institucións nacionais e internacionais dentro da Acción Cost da Comisión Europea. O profesor Carlos Baso, delegado español de esta entidade e subdirector da Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal, explicou que o obxectivo “é que, de acordo co perfil de formación que desexe o estudante, se preparen módulos formativos específicos que complementen os programas das nosas escolas de enxeñaría para ser cursados durante un ano, ben en Rosenheim ou en Salzburgo”.
Venres, 30 de novembro do 2007

Na campaña de sensibilización “Como non se transmite o Sida”

3.000 preservativos e 2.500 folletos repartíronse no campus de Pontevedra


Image Con motivo da conmemoración do Día Mundial de Loita contra o VIH/SIDA, no Campus de Pontevedra, distribuíronse, entre os membros da comunidade universitaria, 3.000 preservativos e 2.500 folletos con información sobre en que consiste o VIH/SIDA, vías de transmisión e recursos existentes sobre o mesmo. Entre outras actividades e, dentro da xornada de sensibilización Como non se transmite o SIDA, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e na de Ciencias Sociais e da Comunicación, ubicáronse mesas informativas nas que se repartiu o material informativo e preventivo.
Venres, 30 de novembro do 2007

As gañadoras foron Sarai Fernández Marqués e Amai Rodríguez Coladas

Innovación e profesionalidade no desfile "Debut07" da primeira promoción de Esdemga

15 foron as novas deseñadoras que presentaron os proxectos


Image Emoción e nervios era o que se podía respirar no backstage do desfile Debut 07 que se celebrou para presentar os proxectos de fin de carreira da primeira promoción da Escola de Deseño Téxtil e Moda de Galicia, Esdemga. As debutantes deseñadoras levaban esperando este momento moitos meses, nos que prepararon ata o máis mínimo detalle dos estilismos e a escenografía que se presentaron. Foi a directora de Esdemga, Lola Dopico, a encargada de presentar o desfile que significa o peche dunha etapa e o comezo de novos proxectos de futuro para os estudantes desta escola. “Para estas novas deseñadoras é suficiente premio presentar os seus proxectos, acabar os seus estudos e comezar aquí a súa carreira profesional”, comentou Lola Dopico.
Resultados 3259 - 3264 de 3361

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós