DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Vigo
Venres, 09 de xuño do 2017

A EE de Telecomunicación acolleu hoxe o XII Foro de Interacción Matemática Industria

Novas técnicas matemáticas e estatísticas permiten reducir á metade os custes e o tempo na creación de fármacos

Presentáronse diferentes casos de éxito resultantes da interacción empresa-universidade


ImagePara obter un novo medicamento, desde que comeza a desenvolverse ata que sae ao mercado precísanse arredor de 100.000 millóns de euros e máis de dez anos de investigación. Non obstante, entidades como a Axencia do Medicamento dos Estados Unidos (FDA) defenden a necesidade de botar man na toma de decisións de todos os avances logrados no mundo das matemáticas e a estatística para sacar un maior rendemento á análise e interpretación de datos de partida, o que, segundo eles, permitiría reducir ese período a cinco anos e os custes á metade. Unha destas ferramentas chámase Modelling Poboacional e nela centrouse un dos relatorios do XII Foro de Interacción Matemática Industria, un encontro que se desenvolve ao longo de toda a xornada de hoxe venres na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e no que se presentaron estes e outros casos de éxito resultantes da interacción entre empresa e matemáticas en sectores como a medicina, a automoción, internet das cousas ou enerxía.
Venres, 09 de xuño do 2017

A segunda xuntanza deste proxecto ten lugar esta semana en Turku, Finlandia

16 universidades buscan estratexias comúns para crear campus activos e fomentar hábitos de vida saudables fronte ao sedentarismo

Presentaron iniciativas xa implantadas que poidan ser exportadas ás outras institucións socias


ImageAs 16 universidades que forma parte do proxecto Active Campus Europe manteñen dende comezos desta semana en Finlandia a segunda xuntanza desta rede de institucións saudables. Ao longo de catro días os representantes das universidades españolas, finesas, alemás, inglesas, irlandesas, holandesas e portuguesas, coordinadas pola RWTH Aachen University, están a desenvolver unha serie de coloquios, talleres e debates para avanzar nas estratexias para o fomento de estilos de vida saudables e do deporte nos campus europeos. O proxecto, que arrancou en febreiro cun orzamento de 510.299 € para dous anos, é o primeiro programa Erasmus+ que se concede a un tema relacionado coa actividade física universitaria.
Venres, 09 de xuño do 2017

63 estudantes recibiron as súas distincións académicas

Fin dunha etapa para a quinta promoción do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos


ImageEste xoves os 63 alumnos e alumnas do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos puxeron fin a unha etapa académica coa celebración do seu acto de graduación. A Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu un evento no que o corpo docente e investigador da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo despediu unha nova fornada de graduados universitarios. Con agarimos, consellos e os mellores desexos para o seu futuro profesional e persoal, os representantes do centro fixeron entrega das distincións académicas aos titulados e tituladas, que tiveron como padriño ao profesor Alexandre Pazos e como madriña externa a María Teresa Conde-Pumpido, maxistrada especialista na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Venres, 09 de xuño do 2017

O V Congreso Internacional de Docencia Universitaria terá lugar o 15, 16 e 17 de xuño

Docentes de 12 países compartirán experiencias no campus para mellorar a práctica da súa profesión

A cita volverá a celebrarse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias


ImageO intercambio das experiencias investigadoras e innovadoras realizadas polas profesoras e profesores melloran a práctica docente, xa que axuda a pensar sobre o camiño seguido, as dificultades e os logros conseguidos. Desta necesidade de compartir experiencias xurdiu o Congreso Internacional de Docencia Universitaria que este ano se levará a cabo os días 15, 16 e 17 de xuño na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias. O obxectivo deste encontro, que acada xa a súa quinta edición, é “compartir as experiencias docentes universitarias, nas que se están a producir moitos cambios, e intercambiar as experiencia".
Xoves, 08 de xuño do 2017

O encontro terá lugar no mes de setembro no edificio Miralles

Novos valores das matemáticas reuniranse no campus na IV Semana Ibérica de Modelización

As e os participantes terán a oportunidade de traballar en problemas industriais reais


ImageOfrecer ás alumnas e alumnos de mestrados de matemáticas a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos nos seus estudos a un problema industrial real. Este é o obxectivo da IV Semana Ibérica de Modelización, un encontro que leva celebrándose desde hai catro anos de forma alternativa en Portugal e España e que este ano chega a Vigo. Será o vindeiro mes de setembro no edificio Miralles e nesta cita coincidirán novos talentos e profesionais en activo, tanto do mundo académico como empresarial. A xuntanza está coorganizada polo grupo de investigación SiDOR da Universidade.
Xoves, 08 de xuño do 2017

O reitor reuniuse co presidente da asociación, José Luis Feire e outros directivos

Universidade e Conxemar exploran vías para futuras colaboracións


ImageO reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e os representantes da asociación Conxemar veñen de manter unha xuntanza co obxectivo de afondar no coñecemento mutuo de ambas institucións coa vista posta en establecer vías de colaboración e sinerxías no futuro. Na reunión, Mato explicoulles a José Luis Freire, presidente de Conxemar; Constante Freire, secretario da Xunta Directiva e Manuel Suárez Lemus, director de Asuntos Públicos e Comunicación as potencialidades da Universidade de Vigo en investigación e transferencia nunha cita na que estivo acompañado polo director do Campus do Mar, Emilio Fernández.
Resultados 37 - 42 de 5951

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós