DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Vigo
Venres, 02 de xuño do 2017

Desde 2003 participaron máis de 7500 estudantes de primaria, secundaria e bacharelato

O programa 'Universidade é Natureza' acada este curso o medio millar de participantes

A OMA organiza estas visitas didácticas para impulsar a concienciación medioambiental


ImageO programa de concienciación medioambiental Universidade é Natureza, organizado pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo (OMA), acolleu este curso a medio millar de participantes pertencentes a doce centros educativos de primaria, secundaria e bacharelato de Vigo e a súa contorna. O alumnado, acompañado dos seus docentes, puido gozar en cada unha das visitas de dúas rutas para coñecer o ecosistema do campus de Vigo e entrar en contacto directo coa natureza a través da fauna e flora propia do hábitat. Esta iniciativa inaugurouse no 2003 e, desde entón, levan participado máis de 7500 estudantes.
Xoves, 01 de xuño do 2017

Analizan a posta en marcha de posibles redes de colaboración colaborativas

Un simposio reúne en Vigo grupos de investigación en química computacional do norte de España e Portugal e do sur de Francia

Empregan os resultados da química teórica na resolución de problemas químicos, médicos, de novos materiais…


ImageGrupos de investigación en química computacional do norte de España e Portugal e do sur de Francia reúnense esta semana en Vigo para analizar a posta en marcha de posibles redes de colaboración competitivas. Fano no que bautizaron como 1st International Vigo Meeting on Advanced Computational Chemistry, unha xuntanza profesional que nesta primeira edición conta coa participación de 50 expertas e expertos procedentes de 14 universidades e centros de investigación. O acto de apertura contou coa participación do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, o coordinador do congreso e catedrático de Química Física da Universidade de Vigo, Ricardo A. Mosquera e a profesora María de los Ángeles Peña.
Xoves, 01 de xuño do 2017

Dirixida polo arqueólogo da Universidade Adolfo Fernández ao abeiro do proxecto Galtfish

Comeza na parroquia viguesa de Oia unha actuación de urxencia para protexer e conservar a factoría de salgadura romana de Sobreira

O xacemento está ameazado de total destrución pola acción humana e pola do mar


ImageLocalizado na década de 1950, non foi ata finais da de 1990 cando o xacemento atopado en Punta Sobreira, na parroquia viguesa de Oia, foi catalogado como vila romana. A construción dunha zona deportiva privada sobre boa parte da súa extensión, unido ao uso do terreo como camiño de paso e á agresividade da acción mariña, foron os causantes de que o xacemento se atope na actualidade ameazado con quedar totalmente destruído. Coa finalidade de rexistrar polo miúdo os restos arqueolóxicos conservados e, unha vez escavada a zona, restablecer o seu uso como lugar de paso protexendo os restos, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo e Campus do Mar, desenvolverán ata o vindeiro luns un traballo de escavación na zona, que completará unha empresa contratada polo Concello de Vigo, co tapado e adecuación da área como camiño de paso.
Xoves, 01 de xuño do 2017

O torneo ten lugar o sábado 10 de xuño ás 10.30 horas da mañá

O trofeo de Orientación Universidade de Vigo-Concello de Nigrán celebra en Monteferro a súa XVI edición, unha das máis numerosas

A inscrición en liña permanecerá aberta ata o martes 6 de xuño ás 22.00 horas


ImageA sexta proba da Liga Galega de Orientación, que terá lugar o sábado 10 de xuño, abandona o seu habitual escenario no campus de Vigo por unha nova localización: Monteferro (Nigrán). Neste XVI Trofeo, organizado polo Club Deportivo Universidade de Vigo e a Federación Galega de Orientación (Fedago) coa colaboración do Concello de Nigrán, competirán orientadores e orientadoras procedentes de toda Galicia, León e Portugal. Entre todos sumarán unha das cifras de participación máis altas desta proba, xa que se espera que asistan catrocentos cincuenta corredores; fronte aos trescentos deportistas de edicións anteriores.
Mércores, 31 de maio do 2017

Nos seus discursos debían recomendar un autor clásico ao reitor da Universidade

O alumnado da materia de Retórica avalía os seus coñecementos no 'Certame Oratorium'

O xurado elixiu como gañadora a Alba Tamara Puentes pola súa defensa de Xulio César


ImageSe o ano pasado se buscaba o autor clásico que debería acompañar aos primeiros poboadores de Marte, nesta segunda edición do Certame Oratorium a temática elixida para os discurso foi a recomendación dun escritor grego ou romano cuxa lectura sexa de interese para os labores e responsabilidades do reitor da Universidade. Entre as propostas, como apunta Francisco José Ledo, profesor desta materia que se imparte no segundo cuadrimestre do segundo curso do grao de Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, estaban Homero, Sófocles, Cicerón, Virxilio, Ovidio, Eurípides ou Marco Aurelio.
Mércores, 31 de maio do 2017

O catedrático Jaime Cabeza impartiu un relatorio sobre a incidencia dos fallos do TXUE

Tres sentenzas que “crearon un antes e un despois” na contratación temporal en España

O relatorio foi organizado pola sección sindical de CCOO na Universidade


Image A denominada “triloxía xurisprudencial” europea sobre contratación temporal, que inclúe tres sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea relativas á aplicación do Acordo Marco europeo sobre contratación temporal polo Estado español, “supuxo un antes e un despois”, segundo o catedrático de Dereito Laboral da Universidade de Vigo Jaime Cabeza, que hoxe impartiu unha conferencia no salón de actos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, organizada pola sección sindical de CCOO na Universidade de Vigo.
Resultados 55 - 60 de 5951

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós