DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado
Martes, 13 de xuño do 2017

O proxecto forma parte da tese doutoral do estudante de CC Sociais Xosé Comesaña

'Cristais', unha curtametraxe pioneira no emprego de subtítulos creativos integrados

Permitirá mellorar a accesibilidade ao cinema de persoas con discapacidade auditiva


ImageCristais, primeira produción audiovisual no mundo que creará subtítulos integrados creativos durante a preprodución, iniciou a súa rodaxe en Allariz, Gondomar e Vigo. Esta curtametraxe, dirixida e escrita polo estudante de doutoramento de Ciencias Sociais e da Comunicación Xosé Comesaña como parte da súa tese doutoral, insírese dentro dun proxecto internacional para a mellora dos subtítulos no cinema que ten como obxectivo mellorar a accesibilidade ao cine para as persoas con discapacidade auditiva ou para a tradución de linguas estranxeiras.
Luns, 12 de xuño do 2017

Oito estudantes de Belas Artes amosan unha serie de pezas en vídeo desenvolvidas ao longo do curso

Autorretratos en bucle toman a Sala X

A iniciativa completouse cunha intervención nas vitrinas da entrada con fotogramas destas obras


ImageDezaseis pezas de vídeo, que responden a diferentes intereses e temáticas, pero que teñen como punto de partida a idea do autorretrato, exhíbense ao longo deste luns na Sala X. Trátase dos resultados dos traballos que oito estudantes do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación, realizaron para a materia Laboratorio de tempo, que imparte Fernando Suárez, e que nesta xornada protagonizan unha intervención videográfica no que as dúas obras creadas por cada alumno exhíbense de forma simultánea nun xogo de pantallas instalado para a ocasión neste espazo expositivo da facultade.
Luns, 12 de xuño do 2017

As novas promocións destes centros celebraron o seu acto de graduación

Ciencias, Historia e Ciencias da Educación presentan a 234 novos egresados e egresadas

O alumnado estivo acompañado por familiares e membros da comunidade universitaria


ImageAs graduacións continúan no campus de Ourense e o pasado venres e sábado chegou a quenda de despedir aos novos egresados e egresadas das facultades de Historia, Ciencias e Ciencias da Educación. Acompañados de familiares, membros da comunidade universitaria e amigos, os novos titulados e tituladas celebraron o remate con éxito dos seus estudos superiores e o inicio dunha nova etapa profesional e persoal. Elas e eles recolleron de mans das autoridades presentes as súas bandas e diplomas e recibiron palabras de recoñecemento polo esforzo feito e de ánimo para o futuro.
Luns, 12 de xuño do 2017

O salón de actos da EE de Telecomunicación acolleu a entrega de diplomas a 85 estudantes

Graduados preto dun cento de novos profesionais da enxeñaría de tecnoloxías de telecomunicación

O Pazo de Congresos acolleu o acto de graduación da EU de Estudos Empresariais


Image 85 novas e novos titulados do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación xa están na rúa tras finalizar os seus estudos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, que o pasado venres acolleu o acto de graduación da cuarta promoción da titulación. Apadriñados polo docente e investigador e coordinador do programa de titorización/mentorización MEET-Teleco, Artemio Mojón, as e os novos enxeñeiros recolleron os seus diplomas nun acto no que o director do centro, Íñigo Cuiñas, gabou o esforzo e dedicación de todos eles e animounos a continuar aprendendo e esforzándose para enfrontar o futuro.
Luns, 12 de xuño do 2017

44 novos titulados e tituladas en Comunicación Audiovisual celebraron a súa graduación

O futuro do audiovisual pecha unha etapa en CCSS e da Comunicación

O acto estivo ambientado na estética dos anos 20


ImageRepresentar o “pasado, presente e futuro do cinema”, exemplificados estes últimos nos 44 novos titulados e tituladas en Comunicación Audiovisual foi a idea que levou ao novo graduado Martín Franco a ambientar na década de 1920 a gala na que na tarde do venres celebraban a súa graduacion as e os integrantes da quinta promoción desta titulación de CCSS e da Comunicación. Un acto que constituía así mesmo o seu traballo de fin de grao e no que o decano, Xosé Baamonde, destacou a “boa base de talento e capacidade de traballo” coa que esta promoción afronta agora un novo camiño nun eido, no que lembrou, “a formación non remata nunca”.
Venres, 09 de xuño do 2017

O alumnado de último curso da ESEI celebrou este xoves o seu acto de graduación

Unha nova promoción de Enxeñaría Informática despídese do campus

Trátase de 42 novos egresados e egresadas


ImageOs actos de graduación sucédense estas semanas no campus de Ourense e este xoves chegou o gran momento para o alumnado de último curso do Grao en Enxeñaría Informática da Escola Superior de Enxeñaría Informática. Trátase de cinco egresadas e 37 egresados que rematan con éxito o seu paso pola universidade e que afrontan a súa saída laboral coa confianza que dá non só ter formación superior senón tamén contar o seu colectivo profesional cunha das taxas de empregabilidade máis altas do mercado.
Resultados 43 - 48 de 1610

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós