DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional
Martes, 23 de outubro do 2007

A Xunta pon en marcha o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico

Inverterá 2.3 millóns de euros en consolidar e estruturar o I+D+i galego

Venres, 19 de outubro do 2007

A viaxe forma parte das actividades do ano de España no país asiático

O Reitor, Alberto Gago,integrante da delegación da CRUE que visita China


ImageAlberto Gago encabeza a representación da Universidade de Vigo, que forma parte da delegación da CRUE, Conferencia de Reitores de Universidades Españolas, que ata o vindeiro día 25 de outubro visita China.
A presenza das delegacións das universidades españolas que visita o país asiático, forma parte das actividades que se desenvolven este 2007, ano de España en China, entre as que destacan o foro de reitores españois e chinos e a Feira de Educación de Pekín.
Venres, 19 de outubro do 2007

Con motivo da súa xubilación

Sentido homenaxe ao profesor Pérez-Amor na ETS de Enxeñeiros Industriais

Organizado polos seus compañeiros do Departamento de Física Aplicada


ImageHumano, cálido, xeneroso, perseverante, intelixente... foron só algúns dos adxectivos que este venres se escoitaron no salón de actos da E.T.S. de Enxeñeiros Industrias no acto de homenaxe ao profesor Mariano Pérez-Martínez y Pérez Amor, que tras 41 anos de profesión, 34 nesta Universidade, deixa as aulas ante a chegada da súa xubilación.
Xoves, 18 de outubro do 2007

Encontro sobre a reforma dos estatutos universitarios

Representantes das universidades españolas debaten en Vigo sobre as inminentes modificacións do marco xurídico


Image Para poñer en común as experiencias dos servizos xurídicos e secretarías xerais das universidades, este xoves e venres desenvolvese no campus vigués un encontro que, baixo o título “A reforma dos estatutos universitarios”, reúnen a representantes universitarios de toda España.
Organizada pola Universidade de Vigo en colaboración coa Asociación para o Estudo do Dereito Universitario (AEDU), esta xuntanza pretende converterse “nun foro de estudo e debate do dereito universitario orientado ás asesorías xurídicas e ás secretarías xerais”, destacou Esther González Pillado. Segundo a secretaria xeral da Universidade de Vigo, “tentaremos establecer pautas de cara á reforma dos estatutos”.
Martes, 16 de outubro do 2007

A terceira cadea hoteleira do mundo oferta prácticas aos estudantes de Ourense

Da diplomatura de Turismo e do POP de Dirección e Planificación do Turismo


ImagePor primeira vez a multinacional Starwood acudiu ao Campus de Ourense co fin de presentar o recente convenio asinado coa Universidade para que os estudantes do mundo do turismo poidan exercer prácticas nalgún dos seus 880 hoteis repartidos por todo o mundo. Para elo haberá dúas opcións: un período breve de prácticas ou o “Vita Futura”, un proxecto remunerado de 18 meses onde o alumno xa pasa a formar parte do cadro de persoal.
Martes, 16 de outubro do 2007

Organizado polas tres universidades galegas en colaboración con Vicepresidencia

O I Encontro de Programas Universitarios para Maiores celebrarase en Ourense


ImageArredor de 300 persoas acudirán o vindeiro 10 de novembro á primeira xuntanza de alumnos, profesores e coordinadores dos programas universitarios orientados aos maiores de 50 anos. O lugar escollido para tal evento será o Campus de Ourense, onde se esclarecerá a situación actual e as perspectivas de futuro destes colectivos a través de conferencias, asembleas e mesas redondas.
Resultados 2353 - 2358 de 2385

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós