DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional
Xoves, 22 de xuño do 2017

O catedrático Luis Romaní recibiu unha homenaxe este xoves no campus

Un recoñecemento a 47 anos dedicados á física e á universidade

Co gallo da súa xubilación e nomeamento como profesor emérito da Universidade de Vigo


ImageComo un recoñecemento á súa traxectoria académica e investigadora pero tamén á súa calidade humana. Con estas dúas premisas, membros da comunidade universitaria pero tamén amigos e discípulos de Luis Romaní, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo, reuníronse este xoves no Edificio de Ferro para renderlle homenaxe ante a súa inminente xubilación e sobre todo ante a aprobación no Consello de Goberno do pasado luns do seu nomeamento como profesor emérito. 47 anos despois de iniciar a súa actividade docente e 44 anos despois da súa chegada a Ourense, Romaní recibiu o recoñecemento por unha vida dedicada á Universidade e á física.
Mércores, 21 de xuño do 2017

Despois de que non se presentasen candidaturas ás eleccións convocadas no centro

Rafael Durán, novo decano en funcións de Fisioterapia

Lilian Rosana Ferreira, como vicedecana, e Lourdes Maceiras, como secretaria, completan o equipo directivo


ImageO profesor do Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde Rafael Durán vén de ser nomeado este mércores novo decano en funcións da Facultade de Fisioterapia, en substitución de Gustavo Rodríguez, despois de que, rematado o mandado deste último, non se presentasen candidaturas ás eleccións convocadas no centro o pasado mes. Lilian Rosana Ferreira, como vicedecana, e Lourdes Maceiras, que continúa na secretaría académica completan o equipo que se situará á fronte do centro ao longo do vindeiro ano e que inicia a súa etapa co propósito de completar os preparativos para curso 2017/2018.
Mércores, 21 de xuño do 2017

Gañaron tres alumnas de centros de Rianxo, Vigo e Tui

A Universidade premia os mellores traballos de lingua e literatura galega feitos nos institutos

A iniciativa está impulsada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina, a ANL e Edicións Xerais


ImageLanzáronse a comezos de ano para pór en valor o traballo feito nos institutos en lingua e literatura galega e xa están a dar os seus primeiros froitos: un traballo sobre a onomástica de Rianxo e dous relatos curtos cos que amosar os primeiros xermolos dunha creatividade que comeza a agromar. A Universidade de Vigo entregou este mércores o I Premio de investigación lingüística e etnográfica sobre lingua e culturas galegas Marcosende a Fátima Ordóñez, de Rianxo, e o I Premio de Creación Literaria Galega Cumieira das Cantigas 2017 a Laura Isasi, de Vigo (1º premio) e a Andrea Taboada, de Tui (2ºpremio).
Mércores, 21 de xuño do 2017

O Concello de Moaña, Campus do Mar e o GALP 7 promoven esta iniciativa de emprendemento local

O programa Empreamar selecciona as seis ideas de negocio que pasarán á fase de incubación

Os proxectos apostan polo turismo, as TIC, a reciclaxe, a planificación territorial ou a cosmética


ImageTurismo mariñeiro, hostelaría, novas tecnoloxías, reciclaxe de refugallos da industria pesqueira, planificación territorial e cosmética vertebran os seis proxectos seleccionados para a fase final do programa de emprendemento mariño e marítimo Empreamar. Esta iniciativa aposta polo aproveitamento sostible dos recursos mariños, nesta edición na área de Moaña e , tras as primeiras fases de formación e de identificación de ideas de negocio sostibles, este martes o tribunal do programa elixiu os seis proxectos de negocio que pasarán á derradeira fase, a de preincubación.
Martes, 20 de xuño do 2017

Grazas ao convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, que destina 170.000 euros a este proxecto

O Cinae desenvolverá unha tecnoloxía de detección con drones de especies invasoras e prevención de lumes forestais

O ente provincial colabora tamén nun programa de visibilización de mulleres directivas na industria pesqueira


ImageDesenvolver unha tecnoloxía que permita traducir as imaxes captadas por vehículos aéreos non tripulados en información coa que traballar na detección e no seguimento da evolución de especies vexetais invasoras, así como na detección de posibles factores de risco de lumes forestais. Este é o propósito central do proxecto que desenvolverán os investigadores e investigadoras do Cinae (Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia), grazas ao convenio asinado nesta xornada coa Deputación de Pontevedra. Cunha duración de dous anos, o acordo contempla o investimento de 170.000 euros nun proxecto centrado no desenvolvemento dun sistema de procesado da información obtida por drones, satélites ou sensores para poder intervir nos sectores medioambiental, agroforestal e mariño.

Martes, 20 de xuño do 2017

O reitor Salustiano Mato participou no faladoiro organizado pola entidade Vigueses Distinguidos

Un ‘café vigués’ para achegarse á Universidade


Image O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, foi esta tarde o invitado do Café Vigués, o faladoiro que periodicamente organiza a entidade Vigueses Distinguidos, co obxectivo de achegar ás súas e aos seus integrantes cuestións de interese da man dos seus protagonistas. Desta volta foi o reitor vigués o encargado de achegar ás e aos asistentes as liñas básicas do presente e o futuro da institución académica que dirixe desde o ano 2010. Mato lembrou a evolución dunha universidade que vén de cumprir o seu primeiro cuarto de século de vida e que foi quen de avanzar na procura da excelencia na docencia, a investigación e a transferencia.
Resultados 25 - 30 de 2357

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós