DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Opinión
Martes, 10 de novembro do 2009

Por Manuel Ángel Candelas Colodrón, profesor de Literatura Española

Lopezvázquez: o padriño das nosas vidas


ImageO profesor de Literatura Española da Universidade de Vigo, Manuel Ángel Candelas Colodrón, rinde neste artigo de opinión unha sentida homenaxe a José Luis López Vázquez, para quen lle chega “unha mínima lembranza para elevalo á categoría de mito para sempre”.
Coordinador do Mestrado en Artes Escénicas e membro do grupo Literacine, Candelas pon o seu gran de area na memoria “dun home calvo berrando cunha frecha de ventosa pegada na fronte e unha cinta de comanche mentres corre por un pasillo demasiado familiar”
Martes, 29 de setembro do 2009

Por Luis Alonso Bacigalupe, director do Departamento de Tradución e Lingüística

Día Internacional da Tradución 2009


Image Con motivo da celebración este mércores 30 de setembro do Día Internacional da Tradución, o director do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, Luis Alonso Bacigalupe, reivindica neste artigo a profesionalidade dos especialistas na mediación lingüístico-cultural que se forman maioritariamente nas aulas da Facultade de Filoloxía e Tradución.
"O noso labor resulta satisfactorio se ninguén percibe que participamos do proceso", sinala Alonso Bacigalupe, que incide no curioso dun traballo "no que en plena sociedade da información, a notoriedade se transforma nunha eiva e non nunha virtude". É entón cando o director do Departamento de Tradución e Lingüística reivindica o posicionamento social que lle corresponde a "persoas formadas e especialistas que coñecen as necesidades de distintos grupos humanos e que facilitan a comunicación entre eles".
Conferencias, mesas redondas e un ciclo de cine integran o programa de actividades académicas deste mércores na Facultade de Filoloxía e Tradución para celebrar o Día Internacional da Tradución.
Venres, 25 de setembro do 2009

Por Jesús Vázquez, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Un novo curso?


Image O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, afonda neste artigo de opinión algúns dos retos que considera teñen ante si as universidades galegas neste inicio de curso que o titular de Educación cualifica de “punto e seguido”. Xestión universitaria, proxección da imaxe da universidade e achegamento á sociedade, son segundo Vázquez os ámbitos nos se que presentan os principais desafíos deste curso que acaba de comezar para unha universidade que o conselleiro considera que “ten escasa presenza na prensa” e que precisa “dunha modernización na súa xestión e dos seus órganos directivos, reducindo a ineficiencia”.
Fronte a esta situación o conselleiro expón algunhas accións de futuro, ao tempo que asegura que a mensaxe neste inicio de curso ten que ser optimista xa que “botando a vista atrás vemos os grandes esforzos realizados a todos os niveis dentro das universidades”.
Venres, 15 de maio do 2009

Por Camiño Noia, catedrática de Lingua e Literatura Galega

Un home controvertido no Día das Letras Galegas


Image A catedrática de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Vigo, Camiño Noia, analiza neste artigo de opinión a figura do político e filósofo Ramón Piñeiro a quen este 17 de maio se lle dedica o Días das Letras Galegas. Noia afirma que Ramón Piñeiro forma parte “do grupo dos contestados” aqueles homes e mulleres rememorados no Día das Letras Galegas que non obteñen a unanimidade do voto dos membros da Academia, nin o total entusiasmo da comunidade literaria de Galicia.
Membro do grupo Galaxia, Noia, lembra que Piñeiro organizou o sistema cultural galego da posguerra e, en boa medida, “a política da transición, con absoluta liberdade respecto do grupo ó que pertencía”. As recriminacións das que foi obxecto Piñeiro polo seu traballo no ámbito político, son cuestións que a catedrática tamén aborda neste artigo que considera que coa celebración do Días das Letras “acabarase por mitificar a figura controvertida de Piñeiro”.
Luns, 09 de marzo do 2009

Por Iolanda Veloso, concelleira de Igualdade do Concello de Vigo:

Camiñando pola igualdade


Image Co gallo da celebración hai unhas horas do Día Internacional da Muller, a concelleira de Igualdade do Concello de Vigo, Iolanda Veloso, afonda neste artigo de opininón na reivindicación "de dereitos que benefician a todos os que constrúen unha sociedade máis xusta, sostíbel". Cambios encamiñados a rematar coas desigualdades que, por exemplo, reflicte o recentemente publicado informe sobre a Lei de Igualde, dous anos despois da súa entrada en vigor e que confirma que a muller é destinataria do 70% do total dos contratos a tempo parcial e tan só do 40% do total dos contratos a xornada completa.
Aínda así, datos como o incremento dun 13,5%, en dous anos, na porcentaxe de mulleres nos altos cargos da Administración Xeral do Estado ou a suba en doce puntos porcentuais, con respecto á elección anterior, no número de mulleres presentadas ás listas electorais para o Congreso dos Deputados en 2008, amosan tímidos avances no camiño da igualdade cara á sociedade que, di Veloso, "queremos para os nosos fillos e fillas".
Venres, 27 de febreiro do 2009

Por Moncho Iglesias, filólogo vigués e profesor de castelán na Universidade de Belén

Un paseo por Gaza


Image "A primeira vez que entrei en Gaza, meses antes do estoupido da Segunda Intifada, foi case por casualidade". Así comeza o artigo de opinión do filólogo vigués e profesor de castelán na Universidade de Belén, Moncho Iglesias que tras sete anos vivindo en Palestina rememora neste artigo as súas primeiras visitas a Gaza. Cando máis do 80% da poboación da franxa aínda depende da axuda humanitaria trala recente ofensiva militar israelí, Moncho Iglesias rememora os seus primeiros contactos con "unha cidade revoltosa, viva, sen moitos intereses arquitectónicos que visitar, pero si unha xente coa que poder sentar a falar, unhas rúas e mercados polos que perderse e deixarse guiar". O artigo acompáñase de imaxes tomadas polo propio Moncho Iglesias o pasado mes de xaneiro con motivo da súa última visita a Gaza.
Resultados 31 - 36 de 51

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós