DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Opinión
Martes, 30 de abril do 2013

Co gallo do 1º de Maio

6.202.700 razóns para reivindicar os dereitos dos traballadores. Por Francisca Fernández Prol


ImageA sociedade española ten que enfrontarse a unha realidade non vivida nunca antes: unha taxa de desemprego que supera o 27% a nivel nacional, o 57% cando se fala de menores de 25 anos. Unhas taxas tras as que se agochan historias de "mozos e mozas que teñen vetado o acceso ao mercado laboral", de traballadores e traballadoras cunha ampla experiencia profesional pero "laboralmente desafiuzados" ou expostos "a un poder empresarial cada día máis arbitrario”. Estes son os alicerces do artigo de opinión escrito por Francisca Fernández Prol, profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidad de Vigo, co gallo do Día Internacional dos Traballadores. Experta en salario en especie, folga en servizos esenciais, pluriemprego e pluriactividade, as súas investigación céntranse na actualidade na Política Europea de Emprego, na conciliación da vida persoal e familiar e na igualdade de trato e non discriminación por mor do xénero.
Martes, 02 de abril do 2013

O profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo analiza para o Duvi o actual panorama laboral

O problema do paro xuvenil en España. Por Alberto Vaquero

A Semana Santa dá un pequeno respiro a unha cuestión que afecta xa a máis de 5 millóns de persoas


Image5.035.243 parados en España, máis de cinco millóns de afectados por unha crise que destruíu 3,2 millóns de empregos no último lustro. Mentres o sector servizos foi o que máis notou o pequeno respiro de Semana Santa, que deixou 4.979 desempregados menos en marzo, en canto á idade os mozos e mozas seguen sendo as principais vítimas. Alberto Vaquero, profesor da Economía Aplicada da Universidade de Vigo e antigo asesor do Ministerio de Educación e Ciencia e do Consello Económico e Social de España, reflexiona no Duvi sobre as causas que levaron a España a este desolador panorama e os posibles camiños a emprender para saír del. O abandono escolar na época de bonanza económica, a falta de inversión en capital humano e unha das taxas de temporalidade laboral máis altas de Europa son algunhas das causas que se agochan tras os máis de 5 millóns de nomes anotados no Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE).
Mércores, 20 de marzo do 2013

Por José Manuel Moreno, director da Área de Proxectos Corporativos de Santander Universidades

Universidade e Pemes para facer fronte á crise de emprego

1439 estudantes dos tres campus solicitaron unha das 118 bolsas Santander-CRUE-Cepyme


Image1439 alumnos inscritos, 1187 deles dos dous campus da provincia de Pontevedra, e 252 de Ourense. Un total de 192 empresas, 126 de Pontevedra e 66 de Ourense. As cifras falan por si mesmas, o interese que o programa de bolsas Santander-CRUE-Cepyme esperta na Universidade de Vigo continúa crecendo e as cifras de solicitudes, tanto do alumnado como do empresariado, dobran as da pasada edición. Mentres no curso pasado ofertábanse 64 bolsas para realizar tres meses de prácticas en empresas da contorna percibindo un total de 1800 euros, para esta nova convocatoria o Banco Santander reservou para a Universidade de Vigo 118 bolsas. José Manuel Moreno, director da Área de Proxectos Corporativos de Santander Universidades, reflexiona no Duvi sobre a importancia que teñen as pequenas e medianas empresas para facer fronte á crise e sobre os beneficios das sinerxías entre estas e as universidades, como fontes xeradoras de coñecemento e innovación.
Venres, 25 de xaneiro do 2013

O 27 de xaneiro celébrase o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto

O rescate durante o Holocausto: a coraxe de axudar. Por Xoán Manuel Garrido Vilariño


ImageRexentaban un quiosco na estación de ferrocarril de Ribadavia e alí despachaban melindres, rosquillas, pavías… e toda a axuda posible para que os xudeus escapados de Europa puideran cruzar a fronteira cara a Portugal. As irmás Touza (Lola, Amparo e Xulia) foron heroínas na sombra que se comprometeron a salvagardar as vítimas do movemento nazi tecendo unha malla clandestina na que contaban ata cun tradutor. Unha defensa acérrima da liberdade dos descoñecidos que Xoán Manuel Garrido, investigador do grupo de Tradución&Paratradución da Universidade de Vigo, quere rememorar este 27 de xaneiro, Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, elixido por ser a data na que en 1945 o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi, Auschwitz.
Martes, 08 de xaneiro do 2013

Primeiro Doutor honoris causa pola Universidade de Vigo

Francisco Fernández del Riego cumpriría 100 anos. Por M. Victoria Carballo-Calero


ImageFrancisco Fernández del Riego, don Paco, foi un dos principais referentes da cultura galega do século XX, unha traxectoria que a Universidade quixo recoñecer nomeándoo no ano 1992 primeiro Doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo. Esta semana, na que o ilustre galeguista tería cumprido 100 anos, a que fora a súa madriña, Mª Victoria Carballo-Calero, lembra neste artigo de opinión a figura do ilustre galeguista, autor, entre outras propostas históricas, da celebración do Día das Letras Galegas.
No centenario do seu nacemento a Universidade lembra a súa figura e súmase así á celebración do Ano Francisco Fernández del Riego que agora se inicia e que traerá a súa querida nación numerosos actos e celebracións.
Venres, 23 de novembro do 2012

Na celebración do 25 de novembro

Unha homenaxe ao primeiro filme da Historia do Cinema sobre a temática da violencia de xénero. Por Anna Amorós Pons

ImageA profesora de Comunicación Audiovisual e Publicidade, na especialidade de cinema, Anna Amorós Pons, lembra no Día Internacional contra a Violencia de Xénero a primeira película sobre esta temática na Historia do Cine, Buy Your Own Cherries (1904). Fai agora 108 anos, o óptico londinense Robert William Paul estreaba esta peza fílmica producida na famosa Escola Inglesa de Brighton, polo que se pode afirmar que o tratamento da violencia de xénero no relato cinematográfico data dende as mesmas orixes da imaxe animada.
O filme reflicte o ambiente hostil cotiá nunha familia, onde a temática dos malos tratos (infantil), da agresión física (á muller) e o alcoholismo (do pai) tinguen de dramatismo unhas relacións familiares baseadas na violencia explícita, atmosfera que se reforza coa a retórica teatral dos actores.

Resultados 7 - 12 de 50

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós