DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación
Luns, 06 de marzo do 2017

Daniel Arenas estuda novas técnicas sobre retención de metais pesados en diferentes terreos

Premiada unha tese viguesa como a mellor do ano en Ciencias do Solo

É á terceira vez que a SECS premia as investigacións realizadas desde o grupo Plant and Soil Sciences


ImageA Sociedade Española de Ciencias dos Solo acaba de elixir como mellor tese do 2015 a do investigador vigués Daniel Arenas Lago, unha investigación na que se amplía, afonda e achega novos coñecementos sobre a capacidade de absorción e retención de metais pesados nos solos, unha cuestión cada vez máis preocupante porque moitos destes elementos son tóxicos para os organismos e poden entrar na cadea trófica producindo efectos nocivos no ser humano.
O premio, que recolleu hai uns días nun acto celebrado en Madrid, certifica a calidade do estudo de Arenas e, ao tempo, tamén a capacidade e solvencia do grupo de investigación Plant and Soil Science, liderado polo catedrático Manuel J. Reigosa, pois en menos de dez anos esta é a terceira vez que o galardón recae nun dos seus investigadores.
Venres, 03 de marzo do 2017

Pablo Raúl Bonorino dirixe un proxecto con financiamento estatal sobre esta cuestión

De como os conflitos entre dereitos inflúen na produción das normas

No estudo analizaranse estes procesos en relación a temas como a igualdade e o cambio climático


ImageA medida que as sociedades evolucionan as normas xurídicas tamén se ven na obriga de facelo para ir dando resposta ás novas esixencias que se lle presentan. Un proxecto de investigación, con financiamento estatal e participación internacional, dirixido por Pablo Raúl Bonorino, profesor da Facultade de Dereito do campus de Ourense, analizará como están influíndo os conflitos de dereitos no proceso de construción de novas normas xurídicas xerais. Durante o seu desenvolvemento, afondarase nas friccións que xera no dereito desafíos como o tratamento da igualdade de xénero, do cambio climático, da prostitución ou da experimentación médica con persoas.
Venres, 03 de marzo do 2017

Investigadores de CCSS e da Comunicación avaliaron as webs dos municipios de máis de 10.000 habitantes

Boa parte dos concellos máis poboados de Asturias e Cantabria suspenden en transparencia

Só Oviedo, Xixón e Santander compren amplamente os indicadores fixados no proxecto ‘Infoparticipa’


ImageQuen son os e as representantes públicos, como xestionan os recursos colectivos e que ferramentas para a participación pon a administración a disposición da cidadanía. Estas son as preguntas que sustentan a análise que os investigadores de CCSS e da Comunicación Xosé Baamonde, Silvia García Mirón e Xabier Martínez Rolán realizaron dos portais dos principais concellos de Asturias e Cantabria. No marco do proxecto Infoparticip@, investigadores de diferentes universidades avalían o cumprimento de 52 indicadores nas webs dos municipios de máis de 10.000 habitantes, que nestas dúas autonomías, só superaban nun 50% sete concellos.
Xoves, 02 de marzo do 2017

A Universidade de Vigo, un dos tres socios españois, encárgase da formación en innovación dixital

Expertos marroquís e europeos do proxecto Experes sobre novas tecnoloxías reúnense en León

A vindeira xuntanza celebrarase a finais de maio na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación


ImageRepresentantes de 17 institucións académicas de Marrocos, Suecia, Italia e España reuníronse esta semana en León para participar na terceira xuntanza do proxecto europeo Experes sobre o uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) aplicadas á experimentación científica e no que a Universidade de Vigo, un dos tres socios españois do proxecto, se encarga do paquete de traballo de formación en novas tecnoloxías e innovación dixital.
Liderado pola Universidade de Murcia en colaboración coa Universidade Abdelmalek Essaâdi de Tetuán, Experes está encadrado no programa Erasmus+ da Unión Europea
Xoves, 02 de marzo do 2017

O Grupo de Oceanografía Física da Universidade participa na iniciativa coordinada polo IIM de Vigo

Bota a andar o primeiro proxecto para o estudo, seguimento e modelado da acidificación nas Rías Baixas galegas

Dedicarase especial atención aos efectos do incremento da acidez do océano sobre o mexillón


Image O hipotético debilitamento no espesor nas cunchas, así como a alteración do equilibrio químico necesario para secretar os filamentos de biso cos que se fixa ao substrato onde viven, son dous dos efectos máis evidentes da acidificación do océano sobre o equilibrio no sistema de carbonato de calcio ou, dito doutro xeito, na capacidade que teñen os organismos de formar a súa cuncha correctamente, ou manterse suxeitos no substrato tanto no medio natural, como en cultivo. “A acidificación é unha consecuencia do aumento do dióxido de carbono no océano, xerado a súa vez como unha resposta ás nosas actividades antropoxénicas", explica Ramiro A. Varela, investigador do Grupo de Oceanografía Física da Universidade de Vigo, que participa no proxecto Acidificación nas rías e plataforma oceánica ibérica: observación, seguimento e modelado.
Mércores, 01 de marzo do 2017

Laura Movilla vén de analizar as últimas novidades lexislativas e xurisprudenciais neste eido

O que o dereito ten que dicir sobre recursos hídricos, ordenación do territorio e sustentabilidade ambiental

Os resultados serán presentados no XVI World Water Congress que se celebrará en México


ImageNa actualidade, explica Laura Movilla, investigadora posdoutoral do grupo Cooperación Xurídica Internacional da Universidade de Vigo, existe “unha constante demanda estatal e internacional de información no relacionado cos recursos hídricos, a ordenación do territorio e a sustentabilidade ambiental”. Atendendo a esta demanda e no marco do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, a investigadora da Facultade de Dereito vén de desenvolver un proxecto de análise e divulgación das últimas novidades neste eido.
Resultados 19 - 24 de 2175

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós