DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación
Mércores, 28 de xuño do 2017

Celebrarase do 4 ao 6 de xullo no castelo de Soutomaior organizado polo grupo RGEA

Investigadores novos de toda Europa presentarán os seus traballos no XXII Workshop on Dynamic Macroeconomics

O Premio Nobel de Economía Finn Kydland será un dos expertos convidados para avaliar os estudos


ImageFiel á tradición, como cada verán o grupo de investigación Research Group of Economic Analysis (RGEA) da Universidade de Vigo volve elixir o castelo de Soutomaior como sede do Workshop on Dynamic Macroeconomics, que entre os días 4 e 6 xullo celebrará a súa vixésimo segunda edición. Neste encontro 15 investigadoras e investigadores de diferentes países europeos presentarán os traballos que están a realizar no marco da súa tese de doutoramento. O profesor Jaime Alonso, do Departamento de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Vigo, explica que se seleccionaron as investigacións de 15 estudantes de doutoramento, entre os 63 enviados por de España, Europa, Estados Unidos, Australia, etc.
Martes, 27 de xuño do 2017

A xuntanza, coordinada polo docente e investigador Fernando Ramallo, celébrase en Santiago

Representantes das linguas rexionais ou minoritarias do Estado reúnense por primeira vez nun foro

Organizado polo Consello da Cultura Galega coa colaboración do Consello de Europa


Image Hai 25 anos o Consello de Europa aprobaba o instrumento legal máis relevante para a protección e promoción das linguas minoritarias en Europa: a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias, que na actualidade se aplica a arredor de 80 idiomas, usados por máis de 200 grupos lingüísticos. No caso do Estado español, a Carta cubre unha ducia de linguas rexionais ou minoritarias: amazige, árabe ceutí, aragonés, aranés, asturiano, caló, catalán (Aragón, Cataluña, Illas Baleares, Murcia e País Valencià), éuscaro (Navarra e País Vasco), fala, galego (Asturias, Galicia, Castela e León), leonés e portugués (Estremadura).
Martes, 27 de xuño do 2017

Dez mulleres participan en Ourense nun programa de uso terapéutico do teatro

Reescribindo vidas trala diagnose dun cancro

Impartido polas investigadoras María Luisa Mondolfi e Sara Fernández


ImageDesde o pasado mes de abril e ata finais deste mes de xuño, un grupo de mulleres acode unha mañá á semana á Casa da Xuventude de Ourense para participar nunha actividade que se ten convertido para elas nun aliciente vital moi importante. Con idades, formacións e traxectorias moi diversas, todas elas comparten un nexo común: a diagnose dun cancro recentemente. Xuntas traballan, baixo a “guía” das investigadoras da Universidade de Vigo María Luisa Mondolfi e Sara Fernández, na reescritura das súas vidas a través dun programa de dramaterapia, de uso terapéutico do teatro.
Martes, 27 de xuño do 2017

A institución acada o Human Resources Excellence in Research da Comisión Europea

A Universidade certifica o seu compromiso coa excelencia investigadora coa obtención do selo internacional HRS4R

Unha ducia de universidades españolas contan con este recoñecemento


ImageTras presentar a súa solicitude o pasado mes de novembro de 2016, a Universidade de Vigo vén de obter o selo de excelencia en Recursos Humanos de Investigación, HR Strategy for Researchers HRS4R, da Comisión Europea, que recoñece publicamente ás institucións que progresan na adecuación das súas políticas de recursos humanos aos principios definidos na Carta Europea do Investigador e do Código de Conduta para a contratación deste persoal. Para a vicerreitora de Investigación e Transferencia da Universidade de Vigo, que valora de xeito moi positivo a obtención do selo, acadalo “pon de manifesto o compromiso da institución na procura da excelencia e a mellora continua no que respecta aos recursos humanos de investigación, así como coa difusión da actividade investigadora á sociedade”, explica Asunción Longo.
Luns, 26 de xuño do 2017

A catedrática Francisca Fariña coordina o proxecto para a creación deste documento estratéxico

Comezan os traballos para a elaboración dun libro blanco sobre a ruptura de parellas con fillos

27 especialistas participan este luns en Santiago na primeira xuntanza de traballo desta iniciativa


ImageUn estudo publicado en 2016 por investigadores das universidades de Vigo e Santiago situaba en preto do 34% o incremento da probabilidade de caer baixo o limiar da pobreza entre os nenos e nenas afectados por un proceso de separación, nos que aumentaba nun 43% a probabilidade de verse expostos á violencia machista. Datos que poñen de relevo a necesidade de abordar, desde unha óptica multidisciplinar, as actuacións que poden conducir a unha xestión positiva desta separación, propósito central do proxecto para a elaboración do libro blanco para a xestión positiva da ruptura de parellas que coordina a catedrática Francisca Fariña.
Luns, 26 de xuño do 2017

Forma parte do Grupo de Tecnoloxías da Información de AtlantTIC

A investigadora viguesa Silvia García Méndez, premio Vodafone Connecting for Good á Innovación en Telecomunicación

A súa proposta é unha libraría para a xeración de linguaxe natural en castelán


ImageA Fundación Vodafone vén de distinguir á investigadora Silvia García Méndez, do Grupo de Tecnoloxías da Información de AtlantTIC, cun dos premios Connecting for Good á Innovación en Telecomunicación. O seu proxecto, titulado Librería para a xeración de linguaxe natural en castelán, foi presentado a pasada semana na fase final do certame xunto con outros cinco traballos finalistas de todo o Estado e resultou gañador na categoría Accesibilidade TIC. O obxectivo do seu traballo é facilitar a comunicación de persoas con trastornos na fala a través da xeración de linguaxe natural a partir de seleccións de palabras. A investigadora da EE de Telecomunicación explica que esta era a primeira vez que se presentaba a un premio e recoñece que “o simple feito de ser finalista fíxome moita ilusión, pero ter obtido a distinción foi toda unha sorpresa e supón un apoio moi importante ao meu labor como investigadora e á miña tese de doutoramento”.
Resultados 55 - 60 de 2328

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós