DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura
Martes, 06 de xuño do 2017

A formación actuará na noite do venres en diferentes prazas da cidade

O coro do campus rematará o curso 'cantando por Ourense'

O obxectivo da iniciativa é dar a coñecer a súa existencia e repertorio á cidadanía


ImageO venres día 9 de xuño os membros do Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum rematarán a súa actividade correspondente ao curso 2016/2017. Para celebrar o inicio das vacacións e sobre todo para dar a coñecer máis a existencia desta formación coral e o seu repertorio á cidadanía, ese día pola noite ofrecerán tres miniconcertos en diferentes prazas do casco vello da cidade de Ourense. Nas súas actuacións deixarán unha vez máis constancia do seu particular estilo, mestura de xéneros musicais e culturas moi diversas.
Luns, 05 de xuño do 2017

40 persoas participan na edición número 20 desta actividade formativa anual

Os cursos de extensión universitaria arrancan en Muíños abordando os retos do uso sustentable da auga

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente


ImageEste luns, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, arrancou no Concello de Muíños a programación de cursos de extensión universitaria, os coñecidos como cursos de verán, que se organizan desde o campus de Ourense. Ata o mércores, 40 persoas participarán na actividade formativa Retos e perspectivas do uso sustentable dos recursos hídricos. Tendo en conta o proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, a edición deste curso en Muíños, que vai pola súa edición número 20, céntrase nesta ocasión na temática dos recursos hídricos.
Luns, 05 de xuño do 2017

A Vicerreitoría colabora co festival coa proxección de dous filmes, os días 8 e 13 de xuño

O Surfing the Lérez retorna á Casa das Campás para unir música e cine

‘24 Hour Partiy People’ e ‘The Rocky Horror Picture Show’ son as dúas películas seleccionadas


ImageA vontade da Vicerreitoría do campus de manter unha liña de colaboración cos diferentes colectivos e eventos da cidade e a iniciativa da organización do Surfing the Lérez de completar o festival que se celebra na Illa das Esculturas o 17 de xuño cunha serie de actividades previas achegan de novo a programación deste festival a Casa das Campás. Desta volta, con dúas tarde de cine, con entrada libre ata completar aforo, que servirán para achegarse a 24 Hour Party People e The Rocky Horror Picture Show, dous filmes “relacionados coa historia da música popular”, como salienta o programador Suso Novás.
Mércores, 31 de maio do 2017

O catedrático Jaime Cabeza impartiu un relatorio sobre a incidencia dos fallos do TXUE

Tres sentenzas que “crearon un antes e un despois” na contratación temporal en España

O relatorio foi organizado pola sección sindical de CCOO na Universidade


Image A denominada “triloxía xurisprudencial” europea sobre contratación temporal, que inclúe tres sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea relativas á aplicación do Acordo Marco europeo sobre contratación temporal polo Estado español, “supuxo un antes e un despois”, segundo o catedrático de Dereito Laboral da Universidade de Vigo Jaime Cabeza, que hoxe impartiu unha conferencia no salón de actos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, organizada pola sección sindical de CCOO na Universidade de Vigo.
Venres, 26 de maio do 2017

Ourense acolleu este venres a gala de entrega de premios do Concurso de Vídeos na Rede

E os mellores ‘youtubeir@s’ son...

As pezas de Corasón de Churrasco e Teño unha Horta en San Sadurniño acadaron os galardóns principais


ImageUn vídeo opinativo sobre a problemática da praga da couza guatemalteca e un videotitorial de como facer un guiso anti-San Valentín. Estas son as pezas audiovisuais premiadas na primeira edición de Youtubeir@s Concurso de Vídeos na Rede. O Teatro Principal de Ourense acolleu este venres a gala de entrega de premios desta iniciativa dos servizos de normalización lingüística das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña e dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove. Con este acto culminou un proxecto que naceu coa vontade de conseguir que haxa máis vídeos en galego en Internet, concretamente na canle de YouTube, co fin último de fomentar a presenza e o uso deste idioma na rede.
Venres, 26 de maio do 2017

Con cinco alternativas formativas e 200 prazas

Arranca a inscrición nos cursos de verán

As actividades levaranse a cabo ao longo de xuño e xullo en diferentes localidades de Galicia e Castela León


ImageCoas clases xa rematadas e os exames apiques de facelo, a Vicerreitoría de Extensión Universitaria abrirá este luns a inscrición nos cursos de verán, unha oferta formativa alternativa composta este ano por cinco propostas que se levarán a cabo entre os meses de xuño e xullo en diferentes localidades de Galicia e Castela León. Centrados en temáticas relacionadas co patrimonio, a acuicultura, o termalismo, a enfermaría e os aproveitamentos do monte, ofértanse un total de 200 prazas e nelas poden inscribirse tanto a comunidade universitaria como calquera persoa interesada en participar. As persoas interesadas en matricularse poden facelo en liña a través da web de Extensión Universitaria.
Resultados 13 - 18 de 1999

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós