DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura
Martes, 02 de outubro do 2007

A creación dunha identidade baseada na paisaxe construída

A Casa das Artes acolle unha exposición sobre a arquitectura do campus


Image A Casa das Artes acolle ata o vindeiro 4 de novembro unha exposición sobre a arquitectura do campus de Vigo. Baixo o título "A construción dunha identidade" a mostra recolle maquetas e exposicións que reflicten a evolución da paisaxe construída. Organizado conxuntamente co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a inauguración coincide coa celebración do Día da Arquitectura dedicado este ano á construción sostible.
Luns, 01 de outubro do 2007

Día Mundial da Arquitectura

As construcións do campus convértense nun museo para os vigueses

Os autores dos edificios explican os seus proxectos aos cidadáns


ImageCon motivo do Día Mundial da Arquitectura programáronse visitas guiadas ao campus de Vigo, co propósito que de que os cidadáns se acheguen ao valor arquitectónico das súas infraestruturas. A delegación local do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organizou un percorrido a través da historia da institución que permitiu aos participantes coñecer os proxectos da man dos seus autores. A iniciativa, que pretende acadar unha maior identificación da cidade de Vigo co seu campus universitario, atraeu a estudantes e persoas de todas as idades. Ao tempo que aprenderon sobre arquitectura, os visitantes mergulláronse na actividade docente e investigadora da Universidade
Venres, 28 de setembro do 2007

Na Casa Galega da Cultura de Vigo

Intercambio de “afinidades” entre membros de Belas Artes


Image A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle unha mostra composta por artistas que se interrelacionan. Estudantes, profesores e antigos alumnos da Facultade de Belas Artes expoñen catro obras compostas a partir da procura entre creadores. Esta búsqueda de afinidades deu como resultado un un proxecto no que se dan a man diferentes eidos artísticos como a videocreación, a pintura ou a fotografía.
Xoves, 27 de setembro do 2007

I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares “Fronteiras 07”

Segunda parada: a Casa das Campás


ImageTralas residencias artísticas celebradas na Illa de San Simón e a vila portuguesa de Nodar, o I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares, Fronteiras 07 trasládase agora á sede da vicerreitoría do campus de Pontevedra para continuar co seu programa de actividades.
O fío condutor do encontro é o tema transfronteirizo, analizado dende perspectivas tan variadas como a social, sentimental ou política, pero tamén destaca o concepto de diversidade, xa que no evento participan artistas de múltiples nacionalidades.

Xoves, 27 de setembro do 2007

Na Casa das Artes

Inaugúrase a exposición “Afinidades Selectivas”


O intercambio de “afinidades” entre profesores, alumnos e ex alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, é a base do proxecto expositivo “Afinidades Selectivas” que ata o 4 de novembro pode visitarse na Casa Galega da Cultura.

Mércores, 26 de setembro do 2007

Ciclo Cultura Conciencia

Anxo Carracedo aborda os segredos da Medicina Legal na Casa das Campás


ImageO catedrático da USC e director do Instituto de Medicina Legal de Galicia, Anxo Carracedo, exporá na Casa das Campás os últimos avances en materia de Xenética. As posibilidades que ofrece o ADN na identificación de cadáveres serán o eixe deste relatorio enmarcado no cilo Cultura Conciencia.
Resultados 1927 - 1932 de 1935

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós