DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura
Mércores, 14 de xuño do 2017

A Biblioteca Rosalía de Castro acolle ata o 7 de xullo unha mostra sobre o escritor

Unha ventá aberta á obra de Casares a través das capas dos seus libros

No marco da programación organizada co gallo das Letras Galegas 2017


ImageO pasado 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas, que nesta edición 2017 estivo dedicada ao escritor ourensán Carlos Casares. Porén, cada ano os actos de homenaxe ao escritor elixido en cada edición prolóngase alén desa data co obxectivo de aproveitar a conmemoración para dar maior visibilidade á literatura galega e aos seus creadores. Deste xeito, no campus de Ourense desde este martes e ata o 7 de xullo, a Biblioteca Rosalía de Castro acolle a exposición As caras dos libros. O deseño de capas na obra de Carlos Casares.
Martes, 13 de xuño do 2017

A cita será este venres 16 ás 20.00 h no Auditorio Martín Códax de Vigo

O Coro Universitario pecha o curso cun concerto cheo de música galega e cancións populares

Dirixidos por Nuria Lorenzo e co acompañamento do pianista Jesús Moares


ImageO cuco, Duerme negrito ou Italiska Isdaiga son algunhas das cancións que poderán escoitar as persoas que este venres asistan ao concerto fin de curso do Coro Universitario, a gran cita anual desta agrupación co seu público. A actuación, que se celebrará ás 20.00 horas no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, porá o broche de ouro a un ano que a directora da formación, a mezzosoprano Nuria Lorenzo, cualifica como “moi intenso”. Con entrada de balde ata completar a capacidade do auditorio, o público poderá, segundo Lorenzo, gozar do concerto mentres escoita unha serie de cancións moi variadas nas que “unha parte será de música galega e outra de cancións populares internacionais”.
Luns, 12 de xuño do 2017

O festival presentou a programación da súa segunda edición, que terá lugar do 27 de xuño ao 2 de xullo

As creacións do alumnado do campus abrirán Novos Cinemas

O cineasta arxentino Matías Rodríguez, protagonista dunha retrospectiva, impartirá un curso en Belas Artes


ImageDez curtas realizadas polo alumnado do campus, co cineasta Oliver Laxe como guía, que poñen en relación a contorna do Lérez coas persoas que a habitan e transitan, serán exhibidas no Teatro Principal na xornada de apertura de Novos Cinemas, que este luns presentou a programación da súa segunda edición, que se desenvolverá entre o 27 de xuño e o 2 de xullo. Un total de 40 filmes integran a programación dun festival promovido pola produtora Matriuska co apoio da Vicerreitoría do campus, o Concello, a Deputación e a Agadic, e definido pola súa “aposta polo talento emerxente”, como salientou o seu director técnico, Suso Novás.
Martes, 06 de xuño do 2017

O egresado Oscar Vicente, fisioterapeuta do Al-Shabab FC, impartiu unha conferencia no campus

Previndo lesións sobre os terreos de xogo de Arabia Saudita

No seu relatorio, incidiu no grao de especialización do traballo que se desenvolve con futbolistas


ImageTitulado da Facultade de Fisioterapia foi en Mallorca, ata onde Óscar Vicente Rodríguez marchou co propósito de seguir preparándose como triatleta profesional, onde este egresado do campus pontevedrés lle xurdiu a oportunidade de converterse en fisioterapeuta dun club de fútbol de Arabia Saudita. Ata a capital deste país de Oriente Medio marchou hai uns meses, para entrar a formar parte do equipo médico do Al-Shabab, unha experiencia que hoxe debullou na súa antiga facultade, nunha conferencia centrada no papel que xogan estes profesionais na prevención de lesións neste deporte.
Martes, 06 de xuño do 2017

A formación actuará na noite do venres en diferentes prazas da cidade

O coro do campus rematará o curso 'cantando por Ourense'

O obxectivo da iniciativa é dar a coñecer a súa existencia e repertorio á cidadanía


ImageO venres día 9 de xuño os membros do Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum rematarán a súa actividade correspondente ao curso 2016/2017. Para celebrar o inicio das vacacións e sobre todo para dar a coñecer máis a existencia desta formación coral e o seu repertorio á cidadanía, ese día pola noite ofrecerán tres miniconcertos en diferentes prazas do casco vello da cidade de Ourense. Nas súas actuacións deixarán unha vez máis constancia do seu particular estilo, mestura de xéneros musicais e culturas moi diversas.
Luns, 05 de xuño do 2017

40 persoas participan na edición número 20 desta actividade formativa anual

Os cursos de extensión universitaria arrancan en Muíños abordando os retos do uso sustentable da auga

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente


ImageEste luns, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, arrancou no Concello de Muíños a programación de cursos de extensión universitaria, os coñecidos como cursos de verán, que se organizan desde o campus de Ourense. Ata o mércores, 40 persoas participarán na actividade formativa Retos e perspectivas do uso sustentable dos recursos hídricos. Tendo en conta o proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, a edición deste curso en Muíños, que vai pola súa edición número 20, céntrase nesta ocasión na temática dos recursos hídricos.
Resultados 37 - 42 de 2027

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós