DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura
Mércores, 01 de febreiro do 2017

O Museo de Pontevedra acolleu a inauguración das xornadas que organiza xunto á Vicerreitoría do campus

O Memorial Filgueira Valverde repasa a vida "dun dos grandes eruditos do s. XX", Sánchez Cantón

Carlos Valle, director do museo, puxo en valor o papel deste pontevedrés no crecemento da institución e da propia cidade


ImageUnha persoa humilde, tímida e moi discreta ata o final. Así definiu o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, a Francisco Javier Sánchez Cantón, "unha das grandes figuras da erudición española do século XX, un caso único ao ser á vez Membro de Número da Academia de Belas Artes de San Fernando, da de Historia e da Española, e chegando a presidir simultaneamente dous delas, un feito excepcional". Con este relatorio se inauguraba este mércores o XV Memorial Filgueira Valverde, unhas xornadas promovidas polo museo en colaboración coa Vicerreitoría do campus que nesta edición abordará catro capítulos esenciais na traxectoria de Sánchez Cantón.
Mércores, 01 de febreiro do 2017

A Sala Alterarte acolle unha mostra do creador José Andrés Santiago e a curadora Ana Soler

Once mapas dun mundo sen centro

O artista propón unha reflexión sobre a categorización e a visión da realidade


ImageDDesde este mércores e ata o día 7 de abril, a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a mostra A medida do mundo, do creador José Andrés Santiago e a curadora Ana Soler. A través dunha instalación mural de mapamundis nos que o planeta se representa desde diferentes perspectivas e dun vídeo ao son do latexo dun corazón, o artista propón aos espectadores saír da súa visión tradicional do planeta con Europa como centro e “pór os pés fóra para ver o mundo doutro xeito, ver outras realidades”. A mostra forma parte do proxecto expositivo Estado Crítico 3.
Mércores, 01 de febreiro do 2017

A Biblioteca Rosalía de Castro dedica un novo recuncho temático a este xénero

Contos para ver, ler e engancharse á lectura

Os usuarios do centro poden levar prestados os materiais expostos


ImageA Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense vén de abrir ao público un novo recuncho temático, que nesta ocasión leva por título Contos para ler e ver. Os usuarios do centro teñen á súa disposición na entrada do centro un espazo no que se amosa unha selección de fondos dedicados a este xénero. “Por que o conto? Pola súa estrutura parécenos moi adecuado para fomentar o gusto pola lectura: a brevidade, un só fío argumental, poucas personaxes, etc. poden ser razóns para achegar a literatura a aquelas persoas que teñen ou pouco tempo ou pouca afección a sentarse a ler”, comentan desde a organización dos recunchos, unha iniciativa do persoal técnico da biblioteca.
Martes, 31 de xaneiro do 2017

Un total de nove propostas integran a oferta da Vicerreitoría de Extensión Universitaria

‘Design Thinking’ e cultivo de cogomelos para renovar os obradoiros do segundo cuadrimestre

Preto dun cento de persoas participaron na primeira quenda dos cursos


Image Os obradoiros que cada cuadrimestre organiza a Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais incorporan no segundo período do curso académico 2016-2017 dúas novidades: o design thinking e o cultivo de cogomelos. A relación de cursos para os segundo cuadrimestre deste curso complétase con outros sete obradoiros, algúns deles convertidos xa en clásicos do programa, como son os de guitarra; maxia; fotografía dixital; canto, canto, percusión, gaita e baile tradicional galego e posta en escena dunha obra teatral aos que se suman o de horta ecolóxica e o de lingua e cultura da comunidade xorda. O período de matrícula comezou o 30 de xaneiro e finalizará o 10 de febreiro.
Martes, 24 de xaneiro do 2017

A Facultade de Belas Artes acolle unha mesa formativa sobre a transmisión artística a persoas cegas

Aprender a sentir o mar máis aló da vista

O acto forma parte dun programa posto en marcha pola asociación Dinamo en colaboración coa Universidade e a ONCE


ImageNin a vista non é o único sentido nin a arte se goza soamente a través dos ollos. Esa é a premisa da que parte o programa Sentir o mar, promovido pola asociación cultural Dinamo en colaboración coa Facultade de Belas Artes e o Campus do Mar da Universidade de Vigo que naceu coa intención de "adaptar como ocio alternativo a navegación tradicional a persoas con diferentes discapacidades, comezando pola visual, e levar aos centros educativos a reflexión de como se vive con elas, entendendo que gozar e adaptarse á realidade non implica necesariamente o uso de todos os sentidos e capacidades".
Martes, 24 de xaneiro do 2017

Elisa Vázquez de Gey falou nos XXVI Encontros Literarios da súa última novela

'Unha casa en Amargura' pola que asomarse á Cuba colonial

A escritora inaugurou este martes unha edición na que tamén participarán Pedro Feijoo e Manuel Núñez Singala


ImageOs XXVI Encontros Literarios arrancaron este martes no salón nobre do Liceo de Ourense cunha conferencia da escritora Elisa Vázquez de Gey sobre a súa última novela, Una casa en Amargura, ambientada na Cuba colonial do século XIX e publicada a finais de 2015. Coa súa intervención abriuse unha nova edición desta iniciativa organizada pola Sección de Literatura do Liceo e a Vicerreitoría co Campus de Ourense coa colaboración da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Fundación Carlos Casares.
Resultados 43 - 48 de 1935

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós