DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes
Luns, 29 de maio do 2017

As xogadoras clasificáronse para disputar as semifinais da División Prata

O equipo feminino de tenis da Universidade a un paso do ascenso á División de Honra Ouro

Pola súa banda, o equipo masculino B acadou a permanencia


Image O ascenso á División de Honra Ouro está máis preto para o equipo de tenis feminino da Universidade de Vigo ao clasificarse para disputar as semifinais da División de Prata, tras gañar o encontro de cuartos ao Deportivo D10 de Lugo. Pola súa banda, o equipo masculino B foi quen de confirmar a súa permanencia na Primeira División. No caso das xogadoras do equipo feminino, tras rematar os encontros individuais cun empate 2-2, foi o partido de dobres o que lles deu o punto necesario para gañar a eliminatoria. Na mesma xornada na que o equipo feminino situouse a un paso do ascenso á División de Honra de Ouro, o equipo masculino B acadaba a permanencia na Primeira División.
Xoves, 25 de maio do 2017

O Universidade de Vigo-Exp Xadrez: estratexia pola Paz, proclamouse este ano campión galego

A Universidade recoñece o éxito dos seus xadrecistas

O capitán, Pablo García, amosouse “moi satisfeito cos resultados” e ratificou a aposta do equipo pola canteira


ImageOs últimos éxitos ao equipo de xadrez chegáronlle a pasada fin de semana coa proclamación de Miguel Senlle como campión galego absoluto na modalidade de xadrez rápido e bronce en Blitz e a de Rubén Fernández, de tan só 12 anos, como campión nacional de Portugal Sub 12, título que suma ao de campión galego na mesma categoría. Son o broche de ouro a unha tempada “de transición” na que o equipo universitario, rebautizado este ano como Universidade de Vigo-Exp Xadrez: estratexia pola Paz, fixo unha auténtica aposta pola canteira que os levou a proclamarse campións da Liga Galega de Xadrez. Estes xoves recibiron os parabéns do reitor, Salustiano Mato.
Luns, 22 de maio do 2017

O título da Liga Galega Sub14 pon o broche de ouro á tempada de rugby

O equipo da Universidade consegue a permanencia na División de Prata do tenis galego

As e os integrantes da formación de atletismo participaron na carreira 10 km Vigo, Praia de Samil


ImageO equipo masculino de tenis da Universidade de Vigo logrou esta fin de semana garantir a súa permanencia na División de Prata do tenis galego ao derrotar ao C. Tenis Foz por 4-3. A esta excelente noticia súmase o título de Liga Galega Sub 14 acadado polo Kaleido Universidade de Vigo de Rugby e a participación das e dos integrantes da formación de atletismo na carreira popular 10 km Vigo, Praia de Samil, unha das poucas probas homologadas pola Real Federación Española de Atletismo que se celebra en Galicia. A vitoria acadada polo equipo masculino A de tenis nas pistas do campus comezou cun resultado favorable ao termo dos individuais por 3-2.
Venres, 19 de maio do 2017

Os organizadores destacan os bos resultados desta edición

Once andainas, 200 quilómetros e 900 participacións despois, as rutas culturais despídense ata o vindeiro curso

A programación desenvolveuse do 22 de outubro ao 13 de maio


ImageRealizando o último tramo do Camiño de Santiago a Fisterra, a programación de rutas culturais que este curso organizou a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo chegou ao seu fin a pasada fin de semana. Foron en total once rutas pola xeografía galega realizadas ao longo de 2016/2017, cunha media de 80 participantes en cada unha delas e un cómputo total de arredor de 900 participacións e de 200 quilómetros percorridos. “As andainas non defraudaron e nós quedamos moi satisfeitos pola resposta da xente e por conseguir rematar a programación sen ningunha incidencia”, resume José García-Calvo, Willy, coordinador destas rutas.
Xoves, 18 de maio do 2017

As instalacións universitarias acolleron este mércores a celebración da cita

O equipo do campus gaña a Copa Xunta de Rugby a Sete

Na categoría feminina o gañador foi o Crat da Coruña


ImageCoincidindo coa conmemoración do Día das Letras Galegas, este mércores, 17 de maio, as instalacións deportivas do campus de Ourense acolleron a celebración da Copa Xunta 2017 de Rugby a Sete, organizada pola Federación Galega de Rugby, a Xunta de Galicia e o Campus Universitario Ourense Coosur. Ao longo da mañá e da tarde, a cita reuniu a 15 equipos das catro provincias galegas para disputar 28 encontros. Na categoría masculina proclamouse campión o Campus Universitario Ourense Coosur e na feminina o Crat da Coruña.
Luns, 15 de maio do 2017

Tras gañar este domingo ao Dorna da Illa de Arousa nas instalacións universitarias

O Auriense ascende á primeira división do fútbol gaélico

O campus tamén acolleu o sábado o Ourense Termal Atletics Meeting 2017


ImageO Auriense FG masculino acadou esta fin de semana o ascenso á primeira división do fútbol gaélico galego. O equipo do campus de Ourense conseguiu o pase para subir de categoría ao gañar este domingo nas instalacións deportivas universitarias ao Dorna da Illa de Arousa, o terceiro clasificado. Tamén esta fin de semana pero neste caso o sábado, o campus acolleu a celebración do Ourense Termal Atletics Meeting 2017, cita na que destacaron rexistros de atletas como Nediam Nori Vargas ou Palomanes.
Resultados 13 - 18 de 1394

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós