DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes
Luns, 23 de xaneiro do 2017

O equipo vigués queda nunha situación delicada ao perder ante o Avia Eibar RT por 28-31

O Kaleido Universidade volve caer e asómase ao abismo

Alberto Portela, do Universidade de Vigo de Xadrez, proclamouse Campión Absoluto dos campionatos provinciais


ImageO Kaleido Universidade de Vigo de Rugby atópase a só dez puntos do descenso ao caer no último suspiro ante o penúltimo clasificado, un Avia Eibar RT que lle deu a volta ao marcador cando parecía que a vitoria ía ser nesta ocasión para o Kaleido. Esta é a nova realidade que debe afrontar o equipo de Norman Maxwel, que queda agora nunha situación especialmente delicada e obrigado a xogar a partir de agora a vida ou morte cada partido en busca de escapar da zona de perigo. Se ben a Liga Galega de Xadrez non arranca oficialmente ata o próxima fin de semana, o equipo da Universidade de Vigo tivo xa a oportunidade de quentar motores nos campionatos provinciais, nos que Alberto Portela se proclamou campión absoluto.
Mércores, 18 de xaneiro do 2017

Increméntase ata 50 o número de xogadores e xogadoras do club universitario

O campus competirá na liga galega de xadrez con catro equipos

Entre as novas fichaxes están Xabier Gómez, Miguel Puga, Alberto Iglesias e César Pérez


ImageO vindeiro 28 de xaneiro arrancará para o club de xadrez do campus de Ourense a participación na liga galega por equipos. Este ano, serán catro os equipos que competirán en diferentes categorías desta competición representando ao campus de Ourense e arredor de 50 os xogadores e xogadoras que formarán parte deles. “Afrontamos a liga con moitas ganas. Conseguimos formar un equipo máis, catro en vez de tres, e fichar novos xogadores”, explica Lino Hermida, coordinador do club. Como cada ano, os equipos están formados por persoas procedentes tanto da comunidade universitaria ourensá como de fóra dela.
Mércores, 18 de xaneiro do 2017

Dende o 16 de xaneiro está aberto o segundo período do programa de Centros Deportivos Abertos

O campus recupera o pulso deportivo

O 23 deste mes arrancan as Escolas Deportivas


ImageTras o período de exames e as vacacións de Nadal, co inicio esta semana do segundo cuadrimestre arranca tamén unha nova temporada deportiva no campus de Vigo. Dende este luns 16 está xa en marcha o programa de Centros Deportivos Abertos, un acordo que a Área de Benestar, Saúde e Deportes da Universidade ten con ximnasios e centros da cidade para ofrecer á comunidade universitaria a posibilidade de facer uso das instalacións destes centros en condicións especiais respecto das establecidas para a poboación xeral. Por outra banda, a partir do vindeiro luns 23 arrancan tamén as Escolas Deportivas do segundo cuadrimestre para practicar acrobacias, xadrez, ioga, tenis, natación ou bailes.
Luns, 16 de xaneiro do 2017

Nova derrota 32-7 do Kaleido Universidade fronte ao Zarautz

A próxima cita será no campus fronte ao Eibar Rugby


Image O Kaleido Universidade de Vigo viaxou esta fin de semana a terras vascas para enfrontarse ao Babyauto Zarautz RT, actualmente o terceiro clasificado na táboa da División de Honra B e que suma catro vitorias consecutivas. Todos os prognósticos existentes fixéronse realidade e aínda que o equipo vigués saíu a defender o partido, os esforzos non valeron moito. A baixa de Maka Tatafu, entre outros, está pasando factura. O Kaleido Universidade de Vigo viaxou esta fin de semana a terras vascas para enfrontarse ao Babyauto Zarautz RT, actualmente o terceiro clasificado na táboa da División de Honra B e que suma catro vitorias consecutivas.
Luns, 16 de xaneiro do 2017

Os ourensáns acadaron un marcador final de 10 a 28 fronte ao UBU Colina Clinic

O equipo de rugby do campus caeu ante o líder do seu grupo

As categorías feminina e masculina de baloncesto sumaron cadansúa vitoria esta fin de semana


ImageO Campus Universitario Ourense Coosur recibiu esta fin de semana a visita do primeiro clasificado e líder invicto do seu grupo na División de Honra B do rugby estatal, o UBU Colina Clinic. Os ourensáns víronse superados polo xogo do equipo de Burgos, que gañou o encontro por un marcador final de 10 a 28. A próxima semana os universitarios enfrontaranse a Durango RT. Pola contra, as categorías feminina e masculina de baloncesto retomaron a actividade despois das vacacións de Nadal sumando esta fin de semana cadansúa vitoria nos encontros disputados.
Xoves, 12 de xaneiro do 2017

As obras de ampliación permítenlle dispoñer de 850 metros cadrados máis para actividades

AQA Ourense abre as súas novas instalacións co obxectivo de ser un referente para a práctica deportiva na cidade

Os responsables do centro salientan a calidade do equipamento instalado


ImageDespois de arredor de case un ano de obras, AQA Ourense Universitaria vén de rematar a ampliación das súas instalacións no campus de Ourense, que foron inauguradas este xoves. Coincidindo co seu oitavo aniversario, o centro preséntase ante os seus máis de 2000 usuarios e usuarias, tanto membros da comunidade universitaria como cidadáns en xeral, con novos espazos e equipamentos cos que aspira a ser non só un referente na cidade no eido da práctica deportiva en auga senón tamén do exercicio físico en xeral.
Resultados 43 - 48 de 1352

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós