DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións
Martes, 30 de maio do 2017

Cinco profesores editan un libro para axudar no estudo dos números ao alumnado de ciencias

'Un mar de matemáticas', unha publicación para non naufragar


ImageBaixo a premisa de contribuír á mellora da formación do alumnado nunha disciplina indispensable para o coñecemento científico tecnolóxico, cinco profesores do Departamento de Matemáticas da Universidade veñen de publicar un libro de axuda para as e os estudantes da rama de ciencias. O obxectivo do manual, que leva por título Un mar de matemáticas e está editado polo Servicio de Publicacións da Universidade, é claro: achegar o estudo dos números a aquelas persoas que non senten paixón pola disciplina. Quen o adquira atopará un manual de introdución á álxebra tradicional, ao cálculo diferencial e integral en varias variables e ás ecuacións diferenciais.
Luns, 15 de maio do 2017

A obra está editada pola Real Academia Galega de Belas Artes

Unha monografía afonda na faciana artística de Castelao

María Victoria Carballo-Calero, Diana Vilas e Valeriano Bozal asinan os textos


ImageNo ano 2015, a Real Academia Galega de Belas Artes fixou que cada 1 de abril se celebraría o Día das Artes Galegas, escollendo cada ano unha figura relevante da historia das artes en Galicia para homenaxear. Deste xeito, 2016 foi declarado pola entidade como o Ano Castelao, levando a cabo unha serie de iniciativas que tiveron como obxectivo difundir a obra do creador galego. Unha publicación, na que participan de xeito destacado María Victoria Carballo-Calero, catedrática emérita de Historia Arte Contemporánea da Universidade de Vigo, e Diana Vilas, investigadora desta mesma universidade, vén de saír do prelo.
Luns, 08 de maio do 2017

Ángela Coello analiza nun libro o papel deste colectivo nos procesos deste tipo

Os menores entran no terreo de xogo da mediación

A profesora da Facultade de Dereito desenvolve un modelo baseado na teoría da toma de decisións


ImageO pasado mes de xaneiro, a profesora da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo Ángela Coello presentou o seu libro El juego de la mediación. El espacio cooperativo en la negociación asistida civil y mercantil. Nel abordaba o escenario da mediación desde a perspectiva da teoría de xogos, que estuda a toma de decisións por parte dos suxeitos implicados. Dando un paso máis no desenvolvemento deste modelo, a docente vén de presentar agora a publicación Los menores de edad en el juego de la mediación, na que afonda nestes procedementos cando os menores de idade están implicados, xa sexa como parte ou como individuos afectados polo resultado.
Venres, 10 de marzo do 2017

A Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu a presentación do libro 'Six Galician Poets'

Unha antoloxía bilingüe fai voar as voces da poesía galega actual

O profesor do Centro de Linguas Keith Payne traslada ao inglés poemas de seis escritores contemporáneos galegos


ImageFacer voar máis aló das fronteiras do país as letras e as voces da poesía galega actual. Este é o gran mérito, a xuízo dos asistentes a súa presentación, da antoloxía Six Galician Poets, un libro bilingüe promovido pola editora británica Arc Publications co apoio da Xunta de Galicia e que esta mañá se presentou na Facultade de Filoloxía e Tradución coa participación de boa parte de todas e todos os que fixeron posible que este proxecto internacional vise a luz: poetas, editora, tradutor e autoridades implicadas. O novo volume recolle unha escolma de poemas de Xosé María Álvarez Cáccamo, Yolanda Castaño, Chus Pato, Estevo Creus, María do Cebreiro e Daniel Salgado, reescritos en inglés polo poeta e tradutor keith Payne.
Venres, 10 de marzo do 2017

O profesor Xosé Rúas é un dos coordinadores do libro ‘Media and Metamedia Management’

Unha ollada coral aos cambios que as novas tecnoloxías provocan no panorama mediático

O volume publicado por Springer forma parte do traballo da rede de investigación Xescom


Image“Hai catro anos, na segunda toma de posesión de Obama, a televisión seguía a ser o medio dominante, mentres que na toma de posesión de Trump, o tema central era a loita entre Facebook e Twitter por retransmitir o acontecemento vía streaming”. Con esta situación exemplifica o profesor de CCSS e da Comunicación Xosé Rúas os efectos que as novas tecnoloxías e as redes sociais dixitais están a ter no panorama mediático, un dos eixos centrais da análise de Media and Metamedia Management, un volume publicado pola editorial Springer que reúne as achegas de 118 autores de 31 universidades de España, Portugal, Inglaterra e Ecuador.
Martes, 07 de marzo do 2017

A Fundación Transforma España presenta un informe coordinado por Santiago Lago sobre esta cuestión

Un estudo propón que as medidas económicas dos programas electorais pasen unha auditoría

No documento suxírese a súa avaliación previa por parte dunha entidade independente


ImageProgramas electorais con propostas no eido económico máis coherentes e realistas grazas á súa avaliación previa por parte dunha entidade independente. Co reto de acadar este obxectivo, a Fundación Transforma España presentou este martes en Madrid o informe Coherencia económica dos programas electorais, coordinado por Santiago Lago, catedrático do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e director do Grupo Gen, Grupo de Investigación Governance and Economics Research Network, que colabora na iniciativa. Recalcando como os programas electorais xogan un papel fundamental no funcionamento da democracia, os expertos salientan a necesidade de garantir “a viabilidade orzamentaria e fiscal” das promesas electorais dos partidos políticos e de superar a diverxencia existente entre as propostas dos partidos e a percepción do votante en canto ao seu cumprimento.
Resultados 13 - 18 de 363

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós