DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións
Martes, 03 de maio do 2016

O estudante do Programa para Maiores Amancio Castro é co-autor do único libro sobre a flora deste río

O alumnado sénior achégase á riqueza vexetal do Gafos

Guiados polo biólogo Javier Silva Pando, realizaron un percorrido pola súa ribeira


Image241 especies de árbores, arbustos, lianas ou herbas descritas e outras 270 citadas, xunto cun glosario botánico de 621 termos e 390 ilustracións conforman a completa radiografía sobre a riqueza vexetal do río Gafos que o profesor do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán Javier Silva Pando e o mestre e alumno do Programa para Maiores Amancio Castro recolleron no libro Flora do río dos Gafos. Ao traballo desenvolvido ao longo dos anos para dar forma a que é a única publicación sobre a flora da súa ribeira vén de achegarse o alumnado sénior do campus, que esta fin de semana participaba nunha visita ao río xunto cos dous autores desta publicación.
Venres, 29 de abril do 2016

O Foro Económico de Galicia presentou este venres na Coruña o seu 'Anuario 2016'

17 expertos, 14 visións e o reto común de reposicionar a economía galega

Na súa elaboración participou o Grupo Gen da Universidade de Vigo


ImageO Foro Económico de Galicia presentou este venres na Coruña o seu Anuario 2016, un documento no que reúne en 14 análises de expertos e representantes políticos galegos (do PP, PSdeG-PSOE, AGE e BNG) unha axenda común de propostas para reposicionar e mellorar a economía e a sociedade galegas. O traballo presentado conta coas achegas de 17 expertos, entre eles investigadores do Grupo Governance and Economics Research Network GEN da Universidade de Vigo, que diagnostican os principais problemas da economía galega e propoñen solucións.
Martes, 26 de abril do 2016

O profesor Fernando Ramos presenta un libro sobre normas de cortesía na Feira do Libro de Bos Aires

O protocolo da ‘vella España’ atravesa o Atlántico

Trátase dunha publicación editada polo Centro Cultural Betanzos da capital arxentina


ImageEl Quijote é todo el un tratado de bos modos e cortesía”, sinala o profesor de CCSS e da Comunicación, Fernando Ramos, tras realizar un percorrido histórico pola evolución do protocolo e as normas de cortesía en España para o libro que na este martes presenta na Feira Internacional do Libro de Bos Aires. Editado polo Centro Cultural Betanzos da capital arxentina, no marco do proxecto de mecenado que impulsou a edición para esta feira, na que presentan preto dunha vintena de libros, Protocolo, urbanidad y cortesías en la vieja España propón un percorrido pola evolución deste conxunto de normas desde a Idade Media ata a actualidade.
Martes, 12 de abril do 2016

Universidade e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil asinaron un convenio para o seu financiamento

'Redas' afiánzase como a primeira publicación xurídica estatal especializada en auga e medio ambiente

Os responsables da revista traballan xa no seu segundo número


ImageEste martes a Universidade de Vigo asinou un convenio de colaboración coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para a subvención por parte desta última entidade de Redas. Revista de Derecho, Agua y Sostenibilidad, nacida no marco do proxecto de especialización do Campus da Auga. Trátase da primeira publicación xurídica española especializada en auga e medio ambiente e unha mostra de como “vamos dando chanzos que van visibilizando” o traballo que se está facendo arredor do Campus da Auga para ser un referente no seu eido, tal e como recalcou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, durante o acto de sinatura.
Martes, 05 de abril do 2016

Unha publicación recolle as actas do 'II Coloquio Internacional de Investigadores/as en Dereito'

Unha ventá aberta ao traballo das novas xeracións de estudosos no eido xurídico-social

A través de doce artigos a obra achégase a temas de actualidade en diferentes áreas de coñecemento


ImageO 6 de marzo de 2015 a Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu o II Coloquio Internacional de Investigadores/as en Dereito. A cita reuniu a novos investigadores e investigadoras, de ámbito estatal e internacional, para afondar en diversas temáticas relacionadas fundamentalmente coa disciplina do Dereito e as súas diversas ramas, pero tamén co mundo da Política, a Filosofía ou a Psicosocioloxía. Froito desa iniciativa presentouse este martes o libro Dereito, filosofía e sociedade: unha perspectiva multidisciplinar, que recolle os traballos presentados naquel entón.
Luns, 04 de abril do 2016

Este luns presentáronse as actas do V Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego

34 artigos para reconstruír e transmitir a memoria dos afiadores

A publicación conta cunha tradución a sete idiomas do seu barallete


ImageAs actas do V Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego (II Internacional), baixo o título O afiado e outras técnicas artesanais de comunidades rurais, foron presentadas este luns no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense. O libro está formado por 34 artigos asinados por destacados autores que afondan en temas como a musealización deste oficio, a formación, a pedagoxía do patrimonio inmaterial ou as falas gremiais. Como colofón á publicación, inclúese unha tradución en sete idiomas (galego, castelán, portugués, alemán, inglés, italiano e francés) do seu barallete, do seu vocabulario particular.
Resultados 43 - 48 de 348

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós