DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Xoves, 16 de febreiro do 2017

O auxiliar técnico de servizos xerais finou o pasado luns aos 55 anos de idade

Pesar na comunidade universitaria polo falecemento de Arturo Rúa

Alumnado, docentes e PAS gardaron un minuto de silencio na súa memoria


ImageAlumnado, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador do campus de Ourense gardaron este xoves un minuto de silencio na entrada do Edificio Xurídico-Empresarial en memoria de Arturo Rúa, persoal de administración e servizos falecido este luns aos 55 anos de idade. Arturo Rúa foi durante máis dunha década auxiliar técnico de servizos xerais na conserxaría do Edificio Xurídico-Empresarial. Con este xesto, a comunidade universitaria quixo amosar o seu pesar pola perda repentina deste compañeiro e o seu apoio á familia de Arturo Rúa, presente tamén no minuto de silencio.
Martes, 14 de febreiro do 2017

Representantes das dúas entidades asinaron este martes un convenio marco de colaboración

A Universidade alíase coa Fundación Dorzán para fomentar a investigación en beneficio das persoas maiores

A primeira iniciativa posta en marcha ao seu abeiro é o financiamento dun proxecto


ImageEste martes o campus de Ourense acolleu a sinatura dun convenio marco de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Fundación Dorzán, institución privada sen ánimo de lucro centrada no colectivo da terceira idade. A iniciativa, explicou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, permitirá “dedicar talento universitario a mellorar a calidade de vida dos nosos maiores”. Como primeiro froito deste acordo presentáronse as Bolsas Fundación Dorzán destinadas a financiar un proxecto de investigación centrado no eido da xeriatría ou xerontoloxía.
Luns, 13 de febreiro do 2017

A súa candidatura foi a única presentada

Mar García opta á reelección como decana de Ciencias da Educación

A votación será o venres 17 de febreiro


ImageA Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense ten aberto o proceso para a renovación do seu decanato. Despois de tres anos de mandato, o equipo decanal encabezado por Mar García Señorán preséntase á renovación “sentíndonos na obriga de presentarnos tendo en conta que estamos en pleno proceso de renovación da acreditación dos nosos catro títulos de grao”. Consecuentemente con este compromiso, a súa candidatura, a única presentada ás eleccións, contempla a renovación nos seus postos dos actuais vicedecanos, vicedecanas e secretario.
Martes, 07 de febreiro do 2017

Representantes das dúas entidades reuníronse este martes con ese obxectivo

O campus e a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao buscan vías de colaboración

Entre as medidas concretas que barallan están a realización de prácticas do alumnado e actividades formativas


ImageEste martes representantes das diferentes facultades e escolas do campus de Ourense, da Vicerreitoría deste campus e da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas reuníronse co obxectivo de estudar vías de colaboración entre a institución académica e a empresarial que redunden en beneficio dos colectivos que acollen. A realización de prácticas do alumnado nas empresas do polígono ou o desenvolvemento de actividades formativas son algunhas das propostas baralladas no encontro.
Venres, 03 de febreiro do 2017

Roberto Castro e Manuel Arias recibiron ás catro estudantes que realizarán prácticas na institución

Alumnado de Dereito completa a súa formación na Subdelegación do Goberno en Ourense

Tamén este venres o novo subdelegado de Defensa visitou o campus


ImageAo abeiro dun convenio asinado entre a Universidade de Vigo e a Secretaría de Estado de Administracións Públicas, cada curso académico alumnado da Facultade de Dereito realiza prácticas na Subdelegación do Goberno en Ourense. Este venres, Roberto Castro, subdelegado do Goberno en Ourense, e Manuel Arias, secretario xeral da Subdelegación e docente da Facultade de Dereito, recibiron ás catro alumnas do campus que, a piques de rematar os seus estudos do grao, se incorporan á institución para completar a súa formación con prácticas académicas externas por un período de dous meses.
Xoves, 19 de xaneiro do 2017

Pode participar alumnado de Primaria e Secundaria da provincia de Ourense

Convócase o I Concurso Escolar de Debuxo e Redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O seu obxectivo é contribuír a potenciar a igualdade de xénero na educación


ImageO día 11 de febreiro está declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Sumándose a este compromiso, as facultades e escolas da área científico-tecnolóxica do campus de Ourense co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo veñen de convocar o I Concurso Escolar de Debuxo e Redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Pode participar nel alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria da provincia de Ourense.
Resultados 25 - 30 de 435

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós