DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Mércores, 06 de febreiro do 2008

Enrique Barreiro, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática:

“O noso obxectivo estratéxico é a incorporación dos nosos alumnos á empresa privada”


Image Enrique Barreiro, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática estudou, curiosamente, Empresariais. Non sorprende, polo tanto, o seu desexo de encamiñar aos alumnos cara o mundo profesional e en concreto para afrontar con garantía e competencias suficientes o traballo na empresa privada. Trala recente creación do Colexio Profesional de Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos en Informática e a firma dun convenio para financiar o primeiro máster da ESEI, Barreiro analiza o panorama da Escola que dirixe.
Venres, 25 de xaneiro do 2008

A Facultade de Dereito homenaxea ao seu patrón, san Raimundo de Peñafort

No acto recibiron o seu diploma os licenciados da XIII promoción


Image O salón de actos do Edificio Politécnico encheuse para celebrar o patrón da Facultade de Dereito, San Raimundo de Peñafort e facerlle entrega aos licenciados da XIII promoción dos seus diplomas acreditativos. No mesmo acto académico foi nomeado membro honorario do claustro de profesores da facultade, Pedro de Vega, catedrático da Universidade Complutense de Madrid.
Alberto Gago, reitor da Universidade de Vigo, foi o encargado de abrir o acto que contou coa presenza do vicerreitor do campus, Juan Francisco Gálvez; o presidente do Consello Social, Emilio Atrio; os decanos de Dereito das universidades de Santiago e A Coruña; destacados membros do mundo xudicial como o director do penal de Pereiro de Aguiar, Manuel Arias e doutras autoridades como o subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo ou a concelleira de Educación, Ana Garrido, entre outros.
Venres, 25 de xaneiro do 2008

Grazas a un acordo asinado entre a empresa e a Universidade

O Master en Consultoría de Software Libre será parcialmente financiado por Tecnocom

É unha das principais entidades do sector


Image A Escola Superior de Enxeñaría Informática e a empresa de desenvolvemento de software Tecnocom asinaron no no Edificio Politécnico un convenio para o financiamento parcial do Master en Consultoría de Software Libre. O reitor da Universidade, Alberto Gago e o director xeral da Rexión Noroeste da empresa foron os encargados de firmar o acordo. Gago declarou no acto que é a “clase de convenio que a calquera reitor lle gusta asinar e máis cando estamos a dicir que somos unha Universidade de perfil tecnolóxico orientada á transferencia".
Xoves, 24 de xaneiro do 2008

O Edificio Xurídico Empresarial acolleu a sinatura do convenio

Os alumnos da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo realizarán prácticas nos hoteis Hesperia


Image Incorporar alumnos en prácticas remuneradas a unha das principais cadeas hoteleiras de España e completar así a súa formación fóra das aulas é o obxectivo principal do convenio que a Facultade de Empresariais e Turismo asinou co grupo Hesperia. O vicerreitor do campus, Juan Francisco Gálvez e Ramón Braña, director da zona de Galicia da cadea, foron os encargados de representar a ambas entidades na firma do convenio.
Luns, 21 de xaneiro do 2008

Juan Francisco Gálvez, vicerreitor do campus de Ourense:

"O proxecto estrela para este ano é o Campus Terrae, que inclúe temas ambientais e organización de espazos"


Image Juan Francisco Gálvez deixou o seu posto como director da Escola Superior de Enxeñaría Informática para converterse, en xuño do 2006, en vicerreitor do campus de Ourense. Tras ano e medio no cargo ao fronte do campus, conversa co Duvi para facer balance e presentar os novos proxectos do equipo de goberno para este ano, entre os que destaca o Campus Terrae. Ademais, analiza a integración do campus na cidade de Ourense, a repercusión da próxima inauguración do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI), o número de matrículas e o futuro das titulacións ante o reto da adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior.
Xoves, 17 de xaneiro do 2008

Xosé Manuel Cid, decano de Ciencias da Educación:

"Un non é mellor profesor por usar o power point. A cuestión é como implicar, como motivar"


Image Xosé Manuel Cid conta cunha dilatada carreira nas aulas. Comezou a dar clases en 1979 no Colexio Universitario de Ourense, onde tamén foi director. Pasou a ser despois decano de Humanidades e vicerreitor de Extensión Universitaria. Dende a creación da Facultade de Ciencias da Educación en 2001 exerce de decano, cargo que está a piques de abandonar. Investigador incansable, destacan os seus traballos sobre maxisterio republicano en Ourense, a educación para a paz e intercultural e os ámbitos de traballo dos educadores sociais.
Resultados 415 - 420 de 428

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós