DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Martes, 01 de marzo do 2016

Salustiano Mato e Antonio Maroño asinaron este martes un convenio marco entre as dúas entidades

A Universidade e o Colexio de Arquitectos de Galicia abren novas ventás de colaboración

Entre as primeiras accións estarán unha exposición e unhas xornadas


ImageCo obxectivo de institucionalizar e potenciar a súa relación, a Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) veñen de asinar este martes un convenio marco de colaboración entre as dúas entidades. O propósito do convenio é realizar conxuntamente actividades e proxectos de diverso tipo que resulten de interese para as institucións implicadas. Entre as primeiras iniciativas que se porán en marcha están unhas xornadas sobre a arquitectura do campus de Ourense e unha exposición de proxectos presentados no concurso de ideas para o deseño do futuro edificio do Campus da Auga.
Luns, 29 de febreiro do 2016

O profesor universitario foi lembrado polo seu papel precursor do termalismo e pola súa calidade humana

Pesar polo falecemento de Luis Rodríguez Míguez

Ao longo da súa vida profesional impartiu docencia en Ciencias, Ciencias da Educación e Enfermaría


ImageNo ano 2004, ante a súa xubilación, a Facultade de Ciencias do campus de Ourense decidiu concederlle a súa primeira e única Medalla de Ouro a Luis Rodríguez Míguez “polo seu labor no ámbito do termalismo, o seu afán en fortalecer os vínculos entre a universidade e a sociedade e o seu marcado talante universitario”. Esta distinción e estas palabras, explicaban este luns persoas que con el compartiron a vida académica e investigadora no campus de Ourense, dan conta da relevancia do seu traballo e da súa calidade humana. O seu falecemento este sábado ten causado un fondo pesar entre a comunidade universitaria.
Venres, 26 de febreiro do 2016

O Máster en Dirección e Planificación do Turismo cumpre este curso unha década de existencia

Dez anos formando a profesionais 'cinco estrelas'

O día 16 de marzo celebrarase unha xornada conmemorativa deste aniversario


ImageNo ano 2006, botou a andar na Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo do campus de Ourense o seu Máster en Dirección e Planificación de Turismo como unha oferta pioneira na comunidade autónoma, que traballaba para consolidarse como destino vacacional. Dez anos despois, estes estudos de posgrao cumpren unha década e fano presumindo do seu maior valor: dez promocións de titulados e tituladas e arredor de 350 profesionais capacitados para traballar nos postos estratéxicos e de liderado do sector. “No seu momento, a súa creación foi un fito histórico, unha aposta pioneira polo coñecemento”, subliña José Antonio Fraiz, o seu director.
Xoves, 25 de febreiro do 2016

Salustiano Mato e José Manuel Brandeiro asinaron este xoves o convenio para a súa creación

A Cátedra Viewnext aposta polo talento tecnolóxico da Universidade

A iniciativa consolida e amplía a colaboración existente entre a empresa e a Escola Superior de Enxeñaría Informática


ImageUnha aposta polo talento e un compromiso por contribuír a unha sociedade mellor. Con estas ideas de fondo foi asinado este xoves na Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense o convenio de creación da Cátedra Viewnext da Universidade de Vigo. “O seu leitmotiv é promover a captación de talento para a empresa e darnos a nós a capacidade de mergullar no mercado laboral aos nosos egresados, ademais de xerar colaboracións no eido da investigación e da formación”, explicou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, durante a sinatura do acordo. “Esta iniciativa é tremendamente positiva para nós, para a Universidade e para o conxunto da sociedade” pois permite “contribuír a exportar coñecemento e non persoas”, recalcou José Manuel Brandeiro, director xeral de Viewnext, a única entidade de servizos de xestión e desenvolvemento de aplicacións do grupo IBM en España.
Xoves, 25 de febreiro do 2016

Polo uso da animación no vídeo promocional do grao semipresencial da facultade

O Festival Europeo da Publicidade e o Humor premia a campaña 'Fai historia con nós'

A gala de entrega terá lugar o día 3 de marzo en Madrid


ImageEn maio do pasado ano, a Facultade de Historia do campus de Ourense puxo en marcha a campaña de promoción da modalidade semipresencial do seu grao en Xeografía e Historia co obxectivo de captar máis alumnado. Baixo o título Fai Historia con nós, a publicidade deseñada pola axencia Nasas xoga con personaxes históricas como Napoléón, Cleopatra e Frida Kahlo para demostrar que non é necesario grandes xestas para facer “Historia”, chega con matricularse na Universidade de Vigo, na modalidade semipresencial deste grao. O vídeo da campaña vén de recibir agora o premio ao Mellor uso da mensaxe de animación no Smile Festival, o Festival Europeo da Publicidade e o Humor.
Xoves, 11 de febreiro do 2016

Vicerreitoría, deputación e concello presentaron este xoves a programación co gallo desta conmemoración

O Día Mundial da Auga faise un oco na axenda de Ourense

O 29 de marzo o campus abrirá as súas portas ao alumnado preuniversitario


ImageBaixo o lema “Auga e postos de traballo”, o día 22 de marzo conmemórase o Día Mundial da Auga co obxectivo de chamar a atención sobre a importancia deste recurso e da súa xestión sustentable. O campus de Ourense, por segundo ano consecutivo e no marco do seu proxecto de especialización como Campus da Auga, únese a esta celebración organizando un amplo abano de actividades coa colaboración de concello e deputación de Ourense. A programación culminará o día 29 de marzo cunha xornada de portas abertas á que está convidado a asistir o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato das provincias de Ourense e Pontevedra.
Resultados 55 - 60 de 417

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós