DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Mércores, 26 de abril do 2017

A súa intervención terá lugar o xoves 27 de abril

Santiago Lago comparecerá nas Cortes de Aragón para falar da reforma do financiamento autonómico

O docente é o representante de Galicia na comisión estatal de expertos que traballa no novo modelo


ImageSantiago Lago, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e representante da comunidade autónoma de Galicia na Comisión de Expertos para a Reforma do Financiamento Autonómico creada polo Goberno de España, comparecerá este xoves, 27 de abril, ás 09.30 h nas Cortes de Aragón. A súa intervención, realizada a petición dese órgano, enmárcarase no seo da comisión especial de estudo do parlamento aragonés sobre o novo sistema de financiamento autonómico. Durante a súa intervención, o profesor Lago Peñas ofrecerá as súas achegas sobre o novo modelo de financiamento a debate.
Martes, 25 de abril do 2017

Co obxectivo de coñecer outros modelos de ensino

Ciencias da Educación recibiu a visita de alumnado do Instituto Politécnico de Braganza

Durante a xornada visitaron o seu museo pedagóxico


ImageEste martes en Portugal é día de festa, xa que cada 25 de abril celebran a Revolución dos Caraveis. Aproveitando esta circunstancia, alumnado do Mestrado de Educación Social da Escola Superior de Educación, do Instituto Politécnico de Braganza, visitou o campus de Ourense. A delegación, formada por 12 estudantes e encabezada por Maria Esteves Mateu, directora deste mestrado, achegouse á Facultade de Ciencias da Educación para coñecer de man de Xosé Manuel Cid, vicedecano do centro, as súas características e estudos, facendo entre outras actividades unha visita ao seu museo pedagóxico, onde puideron coñecer distintos momentos da historia da educación en Galicia.
Martes, 25 de abril do 2017

Segundo un convenio asinado este martes coa Agrupación de Libreiros de Ourense

Os membros da comunidade universitaria terán un 5% de desconto en librarías da provincia

A promoción abrangue a todo tipo de publicacións, non só académicas


ImageCoa celebración aínda recente o pasado 23 de abril do Día do Libro, este martes asinouse no campus de Ourense un convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense. A iniciativa permitirá que durante 2017 os membros da comunidade universitaria teñan un desconto do 5% na compra de libros nas 26 librarías da provincia que forman parte desta agrupación. A sinatura, que tivo lugar no Edificio de Ferro, correu a cargo de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, e José Manuel García, presidente da Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense.
Luns, 17 de abril do 2017

Mediante un proxecto piloto de gravación de materias

A modalidade semipresencial do grao de Xeografía e Historia ábrese ao formato audiovisual

O seu obxectivo é facilitar o acceso dos estudantes aos contidos e ao profesorado


ImageA Facultade de Historia do campus de Ourense ofrece dende o curso 2014/2015 o grao en Xeografía e Historia non só na súa modalidade presencial senón tamén na semipresencial. Esta opción naceu coa idea de atender a demanda daquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos en Historia, Arte e Xeografía e que, por diferentes motivos, non podían cumprir o requisito de asistir con asiduidade ás aulas. Tres cursos despois do seu nacemento, esta modalidade vén de dar un paso máis coa posta en marcha dun proxecto piloto de gravación de materias impartidas na modalidade presencial.
Xoves, 06 de abril do 2017

A súa foi a única candidatura presentada ás primeiras eleccións do centro

Arno Formella, elixido para continuar á fronte da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

Ata o de agora ocupaba o cargo de director-comisario nomeado polo reitor


ImageA Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense celebrou este xoves as súas primeiras votacións para elixir ao seu director e equipo directivo. A única candidatura presentada, a liderada por Arno Formella e formada por Iván Area como subdirector e Ángel Paredes como secretario, acadou 16 votos a favor e un en contra da Xunta de Escola. Con este resultado dáse continuidade á dirección do centro, xa que Arno Formella, por designación do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, ocupou o cargo de director-comisario da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo durante o seu primeiro ano de funcionamento.
Mércores, 22 de marzo do 2017

Universidade e Deputación renovaron este mércores o seu convenio de colaboración anual

220.000 euros para actividades culturais e deportivas, investigación e mobilidade no campus de Ourense

Os representantes das dúas institucións salientaron a alianza existente entre ambas


Image220.000 euros para a promoción e o fomento de actuacións e programas en materia de cultura, educación e deporte a desenvolver no campus de Ourense e que redunden en beneficio da sociedade e do interese xeral da provincia. Con este obxectivo, Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e Manuel Baltar, presidente da Deputación Provincial de Ourense, asinaron este mércores o convenio de colaboración anual entre as dúas institucións, incrementándose a contía que a entidade provincial destina neste 2017 ao financiamento de actividades culturais e deportivas, de mobilidade de estudantes e de fomento da investigación realizadas desde o campus ourensán. Trátase, apuntou o reitor, “dun convenio estrutural” que permite continuar consolidando o campus de Ourense como “o campus non central máis solvente” do mapa universitario galego.
Resultados 7 - 12 de 428

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós