DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Mércores, 08 de xuño do 2016

Nos tres campus da Universidade de Vigo examínanse ata o venres 4496 estudantes

A selectividade comeza a dicir adeus tras 42 anos

A derradeira convocatoria arrancou con Machado, García Márquez, Buero Vallejo e Muñoz Molina


Image4496 alumnas e alumnos de toda Galicia enfróntanse dende hoxe e ata o vindeiro venres nos tres campus da Universidade de Vigo aos temidos exames de selectividade. Non son unha xeración máis, son os protagonistas da última convocatoria dunhas probas que botaron a andar hai xa 42 anos e polas que pasaron, dende entón, medio millar de galegos e galegas. Moitas cousas cambiaron e outras, pola contra, permanecen inalterables: os mesmos nervios, as mesmas gañas de que este momento pase o máis rápido posible e un idéntico desexo, conseguir a prezada nota que lles dea acceso a titulación desexada e, con ela, ao futuro profesional soñado.
Mércores, 11 de febreiro do 2009

Organizada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia

Os tres campus da Universidade de Vigo acollerán 59 dos 118 participantes na XXVI Olimpíada Galega de Química

O venres 13, a partir das 16.15 horas, simultaneamente nas sete sedes


ImageO vindeiro venres día 13 de febreiro celebrarase a XXVI Olimpíada Galega de Química nas tres universidades galegas. Organizada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia, en colaboración coa Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, a proba será acollida simultaneamente polos sete campus, en Vigo o escenario será a Facultade de Química, en Ourense a Facultade de Ciencias e a Escola Universitaria de Fisioterapia en Pontevedra. “Organizamos sete sedes co ánimo de achegarnos o máximo posible a todo o alumnado da nosa Comunidade, de xeito que as distancias xeográficas non sexan unha dificultade para a participación”, explica José Menduíña, coordinador da olimpíada no campus vigués.
Mércores, 04 de febreiro do 2009

Entre o 9 e o 13 de febreiro nos tres campus da Universidade

O Forumemprego acada a madurez, na súa oitava edición, cunha cifra récord de máis de 1300 matriculados

Como novidade, os asistentes poderán participar en procesos de selección con empresas


ImageA falta de menos dunha semana para o comezo da oitava edición do Forumemprego xa non quedan prazas dispoñibles para o campus de Vigo e para os de Pontevedra e Ourense rexístrase un importante número de matriculados. Os datos confirman a consolidación desta iniciativa como un foro de emprego xa case imprescindible para que os estudantes dos últimos cursos se acheguen á realidade do mercado laboral.
Organizado pola Vicerreitoría de Relacións Institucionais e promovido polo Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, o Forumemprego botou a andar oito anos atrás coa finalidade de proporcionar unha ferramenta para unha mellor e máis rápida incorporación dos alumnos e alumnas ao mundo laboral. Para o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, “estas cifras serven para demostrar o gran coñecemento que sobre o Forumemprego teñen os estudantes, que transmiten boca a boca o interese desta iniciativa e a súa calidade e utilidade”.
Mércores, 19 de novembro do 2008

Unha xornadas a celebrar en Santiago afondarán no marco da web social

Bugalicia achega a biblioteca 2.0 ás universidades galegas


Toda a comunidade universitaria disporá dun servizo bibliotecario que promove a participación activa dos usuarios, a raíz da introdución do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, Bugalicia, nas aplicacións, ferramentas e recursos que proporciona a web 2.0 ou “web social”. A creación dunha futura biblioteca 2.0 permitirá a renovación dos servizos de información bibliotecaria a través de plataformas que estimulen a participación dos usuarios e permitan a xestión e entornos colaborativos, así como sacar partido das ferramentas tecnolóxicas dispoñibles na rede.
Luns, 10 de novembro do 2008

As actividades organizadas pola Universidade prolongaranse ata o 25 de novembro

A Semana da Ciencia comeza descubrindo as cores do mar e a cara máis lúdica do coñecemento científico

ECIMAT, o Pazo da Cultura e a Facultade CC.Sociais, escenarios das primeiras actividades


Image Descubrir as cores do mar, xogar coa ciencia e achegarse á comunicación mediante a fotografía ou a televisión, son actividades nas que desde hoxe e durante varios días poderán participar tanto escolares como público en xeral, dentro do programa da Semana da Ciencia coordenada pola Consellería de Innovación e Industria e na que a Universidade de Vigo participa activamente coa organización de diversas actividades.
Ás mostras e programas que hoxe comezaron na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, o Pazo da Cultura e a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, sumaránselles en próximos días representacións teatrais na EUTE Forestal, actividades dedicadas ás enerxías e os materiais na ETSE de Minas e visitas a laboratorios de Física Aplicada na ETSE Industrial, completando así o calendario deseñado este ano para celebrar, como no resto de Europa, a Semana da Ciencia.
Mércores, 17 de setembro do 2008

Máis de 1100 estudantes enfróntanse á selectividade nas aulas da Universidade de Vigo


Image1162 estudantes comezaron esta mañá os exames de selectividade nos tres campus da Universidade de Vigo. As probas, que rematarán o venres, botaron a andar coa análise e comprensión dun texto en lingua galega e en lingua castelá pola mañá e de composición dun texto histórico ou filosófico e lingua estranxeira pola tarde. Os alumnos coñecerán as cualificacións o dia 26 de setembro. Aqueles que superen a selectividade farán a preinscrición para as carreiras con limite de prazas durante o período 29 de setembro ao 1 de outubro.
Ao longo do mes de setembro e ata o 24 de outubro poderán matricularse os alumnos que teñan superado a selectividade e queiran comezar primeiro curso de estudos universitarios na carreiras da Universidade que non teñen límite de prazas.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 16

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós