DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Ourense

Martes, 28 de marzo do 2017

A cita será os días 30 e 31 de marzo no campus de Ourense

Un encontro pedagóxico afondará na educación dende o punto de vista do compromiso co territorio

Dedicarase especial atención á experiencia desenvolvida na cidade lusa de Óbidos


ImageO CIFP Portovello e a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense organizan esta semana un encontro pedagóxico que, baixo o título A educación dende o compromiso co territorio. Achegamento á experiencia de Óbidos, reunirá a estudantes e profesionais do sector os días 30 e 31 de marzo nas instalacións universitarias ourensás. A presentación do evento tivo lugar este martes no Pazo Provincial, acto no que participou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Manuel Doval, deputado provincial de Cultura; José María Faílde, director da Área de Planificación do campus de Ourense, e Jesús Fortes, do CIFP Portovello.
Luns, 27 de marzo do 2017

A cita será o 3, 4, 24 e 26 abril nos campus de Ourense e Vigo

As II Xornadas sobre Dereito Deportivo dedicarán especial atención aos dereitos humanos

As sesións contarán coa participación dun amplo panel de relatores do eido académico e profesional


ImageO pasado ano preto de 200 persoas entre docentes, investigadores, deportistas, adestradores, árbitros, xestores e estudantes participaron na primeira edición das Xornadas sobre Dereito Deportivo. Por estes bos resultados de participación e sobre todo “polo interese dos actores que participaron en continuar profundando na temática”, os días 3, 4, 24 e 26 de abril, as facultades de Dereito do campus de Ourense e de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo acollerán a segunda edición desta xornadas, que nesta ocasión dedicarán especial atención aos dereitos humanos.
Venres, 24 de marzo do 2017

Ciencias Empresariais e Turismo acolleu este venres unha charla de Marta Álvarez, da Granxa Maruxa

Poñendo cara ao emprendemento rural e feminino

A empresaria salientou a importancia de saber afrontar o fracaso e o traballo cooperativo


ImageEmprender coa perspectiva de "darlle ao rural a dignificación que precisa, estando orgullosos do noso". Con esta premisa, Marta Álvarez, da Granxa Maruxa e da empresa de cosmética Muuhlloa, afrontou ao longo da súa traxectoria e afronta na actualidade diferentes proxectos empresariais nos que o feito de estar radicados no rural supuxo non unha desvantaxe senón unha vantaxe. A empresaria interviu este venres na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense co obxectivo de explicarlle ao alumnado a súa experiencia como muller emprendedora no rural galego.
Venres, 24 de marzo do 2017

Allariz celebrará o 21 de abril unha xornada dedicada á traxectoria desta tradición

A Festa do Boi fai memoria de 700 anos de existencia

A cita conta coa colaboración da Facultade de Historia do campus


ImageO campus de Ourense acolleu este venres a presentación de Foro Boi 700, unha xornada organizada co gallo da celebración este ano 2017 dos 700 anos da idea de Xan de Arzúa de sacar un boi encabezando a procesión do corpus de Allariz. Tendo en conta esta data, a Asociación Xan de Arzúa, encargada da organización da festa, pretende que sexa un ano cargado de actividades culturais que afiancen o coñecemento da dimensión cultural desta festa. A xornada celébrase coa colaboración da Facultade de Historia da Universidade de Vigo e do Concello de Allariz o 21 de abril e terá como obxectivo pór en valor a dimensión histórica tanto desta festa como de Allariz.
Xoves, 23 de marzo do 2017

O presidente do seu clúster analizou este xoves no campus os retos neste eido

Innovación e internacionalización, os grandes desafíos do sector agroalimentario galego

A conferencia tivo lugar na Facultade de Ciencias


ImageInnovación, internacionalización e formación. Arredor destes tres grandes eixes están para Juan Antonio Vázquez, presidente do Clúster Alimentario de Galicia e director xeral das Bodegas Martín Códax, os grandes desafíos que ten que enfrontar o sector agroalimentario galego. El foi o encargado este xoves de ofrecer no campus de Ourense a conferencia Os retos da industria alimentaria galega, organizada polo Club Financeiro de Ourense coa colaboración da Facultade de Ciencias.
Venres, 17 de marzo do 2017

Santiago de Compostela acolleu este venres un foro dedicado a este país

México como escusa e como paixón

A arqueóloga Beatriz Comendador abriu a programación falando da cultura maia


ImageSantiago de Compostela acolleu este venres o II Foro de Debate México. Espazo e Sociedade. A cita, organizada conxuntamente por investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, pretende ser “un espazo de encontro informal e interdisciplinar, un foro de experiencias de persoas que temos en común o amor por México e pola súa cultura”, segundo explica Águeda Gómez, promotora da iniciativa desde a institución académica viguesa. As xornadas arrancaron cunha intervención de Beatriz Comendador, docente da Facultade de Historia do campus de Ourense, que abordou tanto riqueza da cultura maia como a súa “disneylandización” turística.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 1059

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós