DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Actividades Académicas arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Xoves, 19 de outubro do 2017

A través dun coloquio a cargo do médico Fernando Salgado e o titulado Juan Antonio Doce

Fisioterapia achégase ás aplicacións clínicas da acupuntura

O obxectivo desta actividade é ofrecer información rigorosa sobre esta técnica


ImageOfrecer unha “información rigorosa nos aspectos teóricos e prácticos” das aplicacións clínicas da acupuntura, así como promover un maior coñecemento da medicina chinesa, eran os dous obxectivos do coloquio que na tarde deste mércores acollía a Facultade de Fisioterapia. O médico e codirector do máster en Acupuntura da USC Fernando Salgado e o fisioterapeuta, egresado da facultade, Juan Antonio Doce foron os responsables desta actividade promovida pola facultade e que, como explica a profesora Lourdes Maceiras, reuniu a máis de 70 estudantes no salón de actos.
Venres, 13 de outubro do 2017

A través dun curso promovido pola EIO, que reúne alumnado de diferentes universidades

A teoría de xogos revindica os seus múltiples ámbitos de aplicación

O obxectivo do seminario é amosar a utilidade desta teoría matemática para investigar en diferentes áreas


ImageEmpregada fundamentalmente no ámbito da economía, a teoría de xogos é unha teoría matemática dirixida a promover a optimización en procesos nos que interveñen axentes e criterios diversos, pode ser tamén unha ferramenta cun “potencial enorme en áreas como as ciencias políticas, a xestión pública e a bioloxía”. Co propósito de dar a coñecer esta teoría como ferramenta de utilidade en diversos ámbitos e empresariais, a Sociedade Española de Estatística e Investigación Operativa promove en Pontevedra a terceira edición dun seminario que reúne na Casa das Campás a estudantes de doutoramento de diferentes universidades.
Mércores, 04 de outubro do 2017

A Casa das Campás acollerá tamén cursos de xestión de redes sociais, Photoshop e maquetación

Os recursos web para o ensino súmanse as opcións da Aula Tecnolóxica

Gratuítos e abertas a toda a cidadanía, nos próximos días abrirán a súa inscrición na plataforma Bubela


ImageUn cuadrimestre máis, a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás abrirá as súas portas para completar a formación, tanto da comunidade universitaria como do conxunto da cidadanía, en eidos como o deseño web, o tratamento de imaxes e a xestión de redes sociais, con novas edicións dalgúns dos cursos que máis interese espertaron en anos anteriores e aos que se suma como novidade o taller Iniciación aos recursos web para a educación. Cun límite de 20 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, a matrícula nestas actividades, de carácter gratuíto, abrirase nos próximos días na plataforma Bubela.
Luns, 02 de outubro do 2017

A primeira edición do mestrado que substituíra ao título propio de Esdemga celebrou a súa presentación

Diversidade de perfís conflúen na posta de longo do máster en Deseño e Dirección Creativa de Moda

O posgrao reúne a tituladas en Belas Artes, Comunicación Audiovisual, Historia da Arte ou Arquitectura


ImageGraduadas e graduados en Belas Artes, en Comunicación Audiovisual, en Arquitectura, en Dirección e Administración de Empresas ou en Historia da Arte integran o primeiro grupo de alumnos do mestrado en Deseño e Dirección Creativa de Moda, o posgrao que toma o relevo dos Estudos Superiores de Deseño Téxitl e Moda de Galiza, que desde hai máis dunha década se imparten na Facultade de Belas Artes. As 23 alumnas e alumnos deste novo mestrado viviron na tarde deste luns a súa primeira toma de contacto con este título de dous anos e 120 créditos, antes do inicio das clases este martes.
Luns, 02 de outubro do 2017

Segundo apuntou a profesora da USC Isabel Diz nunha conferencia en CCSS e da Comunicación

As “resistencias institucionais”, un dos retos das políticas de igualdade

A investigadora realizou un percorrido polos avances que se produciron neste eido nos últimos 30 anos


ImageUn interrogante pechaba o título da conferencia que a profesora da USC Isabel Diz impartiu este luns na Facultade de CCSS e da Comunicación. 30 anos de políticas de igualdade: unha experiencia de éxito? era o título deste relatorio no que, tras incidir nalgúns dos avances que se produciron neste eido en España neste período, puxo o acento nos retos que deben afrontar as políticas de igualdade na chamada fase de “posadopción”, a relativa á posta en práctica das medidas legais. Entre eles, a existencia de “resistencias institucionais” polas que "non se acaban de poñer en práctica” as medidas recollidas no marco legal.
Mércores, 27 de setembro do 2017

Os rexedores de Pontevedra e O Grove mantiveron un coloquio co alumnado de Publicidade e RRPP

Alcaldes sitúan o alumnado diante de retos comunicativos reais

No marco dunha materia, realizarán un plan de comunicación para a problemática proposta polos primeiros edís


ImageSituar ao alumnado diante dunha problemática real á que propor solucións desde o eido da comunicación política é a base do exercicio que a profesora Emma Torres propón ao alumnado do grao en Publicidade e RRPP. E para achegalos a un reto real, nada mellor que facelo a través dos propios alcaldes e representantes municipais. O rexedor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, e o primeiro edil do Grove, José Antonio Cacabelos, foron este mércores os primeiros en manter un coloquio co alumnado, no que lles propuxeron unha problemática concreta dos seus municipios, para que propoñan posibles accións comunicativas.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 817

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós