DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Campus Vigo

Venres, 02 de decembro do 2016

Nunha xornada sobre as novas telco e o ecosistema dixital

Axentes económicos e sociais analizan no campus o futuro das grandes empresas de telecomunicacións


ImageOs wearables, o internet das cousas, o big data, o abaratamento dos custes... a contorna dixital vive unha importante revolución que pon ás empresas de telecomunicación nunha encrucillada que require adaptar políticas, estratexias e modelos para sobrevivir ou liderar ese cambio. Nese contexto de cambios, as escolas de enxeñaría que forman aos profesionais do futuro precisan tamén coñecer esa contorna cambiante e adaptar a docencia e preparación do estudantado de cara ao seu futuro laboral. Ese é o obxectivo do Departamento de Teoría do Sinal e das Comunicacións para o que organizou esta semana unha xornada sobre as novas telco e o ecosistema dixital.
Martes, 22 de novembro do 2016

O obxectivo é compartir experiencias co alumnado de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Expertos de recoñecido prestixio participan no campus nun ciclo de conferencias en Dereito Concursal

A actividade está dirixida polos catedráticos Anxo Tato e Julio Costas e coordinada por Pablo F. Carballo-Calero


ImageExpertos de recoñecido prestixio están a participar este mes no campus no IV Ciclo de conferencias de Dereito Concursal, unha iniciativa posta en marcha no ano 2013 co obxectivo de analizar cuestións relevantes da disciplina e achegar aos estudantes da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, e demais persoas que poidan estar interesadas, a profesionais que traballan neste ámbito. A actividade, dirixida polos catedráticos Anxo Tato e Julio Costas e coordinada por Pablo Fernández Carballo-Calero, iniciouse a pasada semana e estenderase ata o vindeiro martes 29. En total son cinco conferencias, un programa que os organizadores cualifican como “ambicioso”.
Mércores, 09 de novembro do 2016

O curso fará fincapé na titularidade dos dereitos e na autoría dos contidos dixitais

Un seminario dirixido ao profesorado aclarará dúbidas sobre os dereitos e límites da propiedade intelectual

Terá lugar o 29 e 30 de novembro e o prazo para inscribirse manterase aberto ata o día 18


ImageAtendendo á relevancia que teñen as novidades lexislativas referentes aos dereitos e límites da propiedade intelectual (PI) para o profesorado universitario, a Área de Formación e Innovación Educativa acaba de lanzar un Curso sobre propiedade intelectual dirixido especificamente a este colectivo, que profundizará na titularidade dos dereitos e na autoría dos contidos dixitais. A cita será o 29 e 30 de novembro na sala catro do Edificio Miralles e o prazo para anotarse manterase aberto ata o vindeiro día 18.
Xoves, 03 de novembro do 2016

Nun curso impartido polo coordinador do mestrado e piloto certificado de UAV,s, Higino González

Formación en vehículos aéreos non tripulados para o alumnado do Mestrado en Xeoinformática


Image Coñecementos básicos nos sistemas principais que compoñen un vehículo aéreo non tripulado; lexislación; tipoloxía; sectores de aplicación e novos desenvolvementos, son algunhas das cuestións abordadas no curso complementario que o Mestrado en Xeoinformática ofreceu ao seu alumnado. O coordinador da titulación e piloto certificado de UAV,s, Higinio González, foi o encargado de impartir a formación “na que o estudantado tivo a oportunidade de ver dende a realización dun levantamento fotogramétrico cun UAV, ata un prototipo desenvolvido polo Grupo de Xeotecnoloxía Aplicada da Universidade de Vigo", explica González.
Mércores, 26 de outubro do 2016

A EU de Estudos Empresariais organiza unhas xornadas para fomentar espírito innovador entre o alumnado

O emprendemento e a innovación centran unha nova sesión de 'Conversas en Empresariais'

Este xoves e venres coa participación, entre outros poñentes, de ex alumnos do centro


Image Análise de tendencias; como poñer en marcha un proxecto ou financiamento para emprender son algunhas das cuestións que este xoves 27 e venres 28 de outubro se abordarán nunha nova sesión das Conversas en Empresariais, dedicada nesta ocasión ao emprendemento e á innovación. Da diagnose á realidade do proxecto é o título destas sesións que organiza a Escola Universitaria de Estudos Empresariais e coas que “pretendemos achegar ao alumnado do centro as ferramentas necesarias para poñer en marcha proxectos empresariais e fomentar o espírito innovador e creativo”, explica Araceli González, subdirectora do centro.
Martes, 25 de outubro do 2016

Ademais de á comunidade universitaria, o curso está aberto a persoas xa tituladas e profesionais en activo

A simulación dun proceso de compravenda centra unha nova edición do Curso de Introdución á Bolsa


ImageUn ano máis a Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo, acolle o Curso de Introdución á Bolsa que, con esta, suma xa catorce edicións. O seminario de trinta e dúas horas de duración, está dirixido e coordinado polo profesor Jose Luis Sáez Ocejo, do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, e a profesora asociada Trinidad González-Portela Garrido. A cita terá lugar entre o 27 de outubro e o 8 de novembro en horario de tarde, e as persoas interesadas en inscribirse poderán facelo ata o mesmo día do inicio do curso a través da plataforma virtual de xestión académica Bubela ou nas instalacións do propio centro.
Resultados 55 - 60 de 830

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós