DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Martes, 11 de xullo do 2017

O centro habilita unha zona de consulta con material didáctico de educación

Un novo recuncho na biblioteca universitaria no que asomarse ao mundo infantil e xuvenil

No espazo teñen un protagonismo destacado os libros destinados a estes públicos


ImageNa busca continúa por dinamizar os seus fondos, a Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense vén de habilitar un novo espazos nas súas instalacións. Onde ata o de agora había unha zona de lectura de obra literaria en diferentes idiomas, agora ubícase unha zona de consulta con material didáctico de educación. O espazo xorde tendo en conta aspectos como o feito de que o centro con maior número de alumnos e alumnas do campus de Ourense, e polo tanto máis potenciais usuarios desta biblioteca, é a Facultade de Ciencias da Educación a existencia no campus dunha escola infantil.
Venres, 07 de xullo do 2017

O Curso de Medios Audiovisuais de Celanova clausurouse este venres

Talento de hoxe e de mañá para despedir o Cemac 2017

Durante a sesión presentouse o proxecto de curtametraxe 'Van'


ImageEste venres clausurouse o XIV Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (Cemac 2017), organizado no marco dos cursos de extensión universitaria do campus de Ourense coa Fundación Carlos Casares. Acorde co título desta edición, A obra audiovisual. Suma de talentos, a cita rematou subindo ao escenario a talento de hoxe e de mañá forxado moito del nas aulas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. Os arredor de 40 asistentes ao Cemac 2017 recolleron os seus diplomas nunha sesión na que os estudantes que participaron no Taller Celanova, Plató de Ficción deste curso presentaron o seu proxecto de curtametraxe Van e un adianto da peza, que se estreará en outono.
Luns, 03 de xullo do 2017

A cita desenvolverase do 4 ao 7 de xullo na localidade ourensá

O Curso de Medios Audiovisuais de Celanova aposta pola suma de talentos na súa XIV edición

Entre os protagonistas este ano están Carlos Casares, a produción 'Dhogs' e Youtubeir@s


ImageEntre as citas que cada ano repiten na programación de cursos de extensión universitaria organizados desde o campus de Ourense está o Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, feito en colaboración co Fundación Carlos Casares. Este ano, a actividade terá lugar do 4 ao 7 de xullo e levará por lema A obra audiovisual. Suma de talentos. Arredor de 20 profesionais do audiovisual achegaranse á localidade ourensá para analizar as últimas producións e iniciativas no sector, estando entre os protagonista desta edición a produción Dhogs, o proxecto Youtubeir@s e o potencial fílmico da obra de Carlos Casares.
Venres, 23 de xuño do 2017

Este venres inaugurouse unha mostra da creadora lusa Mónica Oliveira

A Sala Alterarte despide o curso con 'Encruzilhadas'

A exposición está curada polo profesor da Universidade de Vigo Javier Blanco


ImageDeste este venres 23 de xuño e ata o 1 de setembro, os muros da sala de arte contemporánea do campus de Ourense, a Sala Alterarte, acollen a exposición Encruzilhadas. Nela, a creadora e docente lusa Mónica Oliveira amosa ao visitante 17 obras con formas de sobres e gaiolas coas que quere abordar as cuestións da comunicación na sociedade actual e a busca dun espazo nela por parte dos individuos. Coa apertura desta mostra, Alterarte pecha a súa programación do curso 2016/2017 e comeza a recta final da terceira edición do seu proxecto expositivo Estado Crítico, que reúne a unha decena de artistas escollidos por outros tantos curadores e curadoras docentes da Universidade.
Mércores, 14 de xuño do 2017

A Biblioteca Rosalía de Castro acolle ata o 7 de xullo unha mostra sobre o escritor

Unha ventá aberta á obra de Casares a través das capas dos seus libros

No marco da programación organizada co gallo das Letras Galegas 2017


ImageO pasado 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas, que nesta edición 2017 estivo dedicada ao escritor ourensán Carlos Casares. Porén, cada ano os actos de homenaxe ao escritor elixido en cada edición prolóngase alén desa data co obxectivo de aproveitar a conmemoración para dar maior visibilidade á literatura galega e aos seus creadores. Deste xeito, no campus de Ourense desde este martes e ata o 7 de xullo, a Biblioteca Rosalía de Castro acolle a exposición As caras dos libros. O deseño de capas na obra de Carlos Casares.
Martes, 06 de xuño do 2017

A formación actuará na noite do venres en diferentes prazas da cidade

O coro do campus rematará o curso 'cantando por Ourense'

O obxectivo da iniciativa é dar a coñecer a súa existencia e repertorio á cidadanía


ImageO venres día 9 de xuño os membros do Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum rematarán a súa actividade correspondente ao curso 2016/2017. Para celebrar o inicio das vacacións e sobre todo para dar a coñecer máis a existencia desta formación coral e o seu repertorio á cidadanía, ese día pola noite ofrecerán tres miniconcertos en diferentes prazas do casco vello da cidade de Ourense. Nas súas actuacións deixarán unha vez máis constancia do seu particular estilo, mestura de xéneros musicais e culturas moi diversas.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 598

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós