DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Sábado, 17 de novembro do 2007

A Universidade conta anualmente con máis de 400 contratos con empresas

Segundo explicou o Reitor nunha conferencia enmarcada na Cátedra Álvarez Ossorio


Image“O máis próximo é o máis descoñecido…, hoxe gustaríame que coñezan quen somos, qué facemos, cómo chegamos ata aquí, os nosos logros, os nosos obxectivos, a nosa evolución”. Con estas palabras comezou o Reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, a sesión inaugural do ciclo de conferencias da Cátedra Álvarez Ossorio para o curso académico 2007- 2008 no Centro Social de Caixanova en Pontevedra.
Neste acto Gago fixo un percorrido polos dazasete anos de vida da Universidade, afondando tamén nos seus comezos como CUVI en 1977 e ata a situación actual e os seus proxectos de futuro. Na súa aposta pola transferencia de coñecementos, segundo subliñou o Reitor, " a Universidade de Vigo conta con máis de 400 contratos anuais con empresas e esta relación empresa-universidade desemboca na creación da Cidade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi)".
Martes, 06 de novembro do 2007

Ángeles Hermida, primeira vicexerente do campus de Pontevedra

A Universidade segue avanzando co labor de descentralización dos campus


ImageO obxectivo que se propuxo o equipo reitoral que encabeza Alberto Gago de descentralizar os campus e liberar ao de Vigo de todas as xestións administrativas correspondentes a Pontevedra e Ourense, segue avanzando co nomeamento da primeira vicexerente do campus pontevedrés. Ángeles Hermida Paredes, a nova vicexerente reuniuse hoxe co Reitor, Alberto Gago, na compaña do vicerreitor do campus de Pontevedra, Jesús Hernández, e da actual vicexerente do campus de Ourense para concretar as primeiras actuacións e obxectivos do mandato. Hermida expresou a súa gratitude e ilusión afirmando que “persoalmente é un reto co que estou moi ilusionada posto que son de Pontevedra e poder desenrolar a carreira profesional na miña cidade natal".
Martes, 06 de novembro do 2007

Trala aprobación da nova Lei da Carreira Militar

A Escola Naval de Marín decidirá qué grao da Universidade de Vigo estudan os cadetes


Image Alberto Barciela Rodríguez, director xeral de Ensinanza Militar, e responsables do Ministerio de Defensa reuníronse este martes co Reitor, Alberto Gago, con motivo da recente aprobación por parte do congreso da nova Lei da Carreira Militar, que fai a previsión da adscrición das academias militares ás universidades, incluíndo a impartición dos futuros títulos de grao. Os representantes do corpo militar presentaron unha proposta de convenio para constituír unha comisión de estudo que durante o 2008 decidirá qué grao é o escollido de entre os propostos na oferta da Universidade.
Martes, 30 de outubro do 2007

No Edificio Fernández López do Museo de Pontevedra

A figura de Laxeiro protagoniza o acto de apertura do VI Memorial Filgueira Valverde

As actividades organizadas continuarán ata o 31 de outubro


ImageXosé Otero Abeledo, Laxeiro, foi o protagonista do acto de apertura do VI Memorial Filgueira Valverde. A súa gran traxectoria e contribución á arte galega do século XX, non pasaron desapercibidos para os organizadores do evento, que decidiron dedicarlle esta edición á súa figura. O acto, que tivo lugar este luns no Edificio Fernández López do Museo de Pontevedra, contou coa presenza de destacadas autoridades que quixeron dar o seu apoio e mostrar a súa satisfacción pola celebración do memorial que leva o nome do polígrafo pontevedrés.
Martes, 16 de outubro do 2007

Enrique Valero, elixido vicepresidente do Grupo Consultivo “Bosques e Cortiza” da UE

O profesor da EU de Enxeñaría Técnica Forestal asesorará á Comisión Europea sobre políticas comunitarias


Image O profesor da Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal, Enrique Valero, ven de ser nomeado vicepresidente do Grupo Consultivo sobre Bosques e Cortiza da Unión Europea. Neste grupo estan represetados os colectivos máis representativos do sector: a industria, os consumidores ou os grupos ecoloxistas. A súa función é colaborar e asesorar á Comisión Europea na elaboración da lexislación relativa ao ámbito forestal. Esta recente elección convérteo nun importante valedor dos intereses dos países do sur do continente ante Bruxelas, sendo o presidente deste grupo un austríaco e a outra vicepresidenta unha sueca. “Deste xeito tentamos que estean representados no grupo as tres grandes zonas nas que dividimos Europa: o norte, o centro e o sur”, apunta Valero.
Luns, 01 de outubro do 2007

Manuel Gutiérrez Nieto, director da E.U de Fisioterapia:

“Esta é unha profesión que precisa vocación de servizo aos demais”

ImageManuel Gutiérrez, profesor do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, asumiu, dende o pasado 18 de setembro, o cargo de máximo responsable da Escola Universitaria de Fisioterapia, tomando así o relevo de Gustavo Rodríguez. Esta non é a súa primeira experiencia en cargos directivos xa que, Gutiérrez desempeñou, con anterioridade, a subdirección e dirección da Escola dende o ano 1995.
Resultados 409 - 414 de 416

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós