DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Venres, 23 de xuño do 2017

Celébrase dende hoxe venres 23 ata este domingo 25 de xuño na cidade francesa de Lille

Adrián Pérez disputa co equipo español o Campionato de Europa de Atletismo de Seleccións

O estudante da Universidade disputa a proba de remudas 4x100 metros lisos


ImageAdrián Pérez, estudante do Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, participa coa Selección española esta fin de semana no Campionato de Europa de Atletismo de Seleccións, que se celebra na cidade francesa de Lille. Pérez, despois de ser a gran sorpresa no Campionato de España Universitario impoñéndose a velocistas de fama estatal e gañando o ouro nos 100 metros lisos, foi seleccionado para esta gran cita do deporte europeo. Porén, esta non é a súa primeira participación internacional, xa que no ano 2013 disputou, acadando un sétimo posto, a proba de remudas 4x100 metros lisos no Campionato de Europa Júnior, a mesma proba na que participa neste campionato.
Luns, 19 de xuño do 2017

A final celebrouse esta fin de semana en Madrid

Thunders Uvigo, subcampións de España de League of Legends na liga universitaria de eSports

O equipo vigués caeu na final ante os Bocats da Universidad de La Laguna


ImageO equipo universitario vigués de eSports, Thunders UVigo, proclamouse esta fin de semana subcampión de España de League of Legends na final da liga universitaria de eSports –OGSeries University- celebrada no Polideportivo Antonio Magariños de Madrid. O título deixa nos vigueses un sabor agridoce xa que, pese a ser debutantes na competición, desde o principio do torneo víronse con posibilidades de acadar o primeiro posto. “Chegamos con moitas forzas tras vencer aos Stingrays de Valencia, pero tamén conscientes de que a batalla non ía ser doada”, explica xa de volta en Galicia Javier Carrera Gravity, un dos integrantes do equipo, quen salientou que, “pese a todo, estamos moi satisfeitos, xa que foi unha experiencia fantástica”.
Luns, 12 de xuño do 2017

Por primeira vez a proba, na que participaron máis de 400 corredores, celebrouse en Monteferro

O equipo universitario consegue sete medallas no XVI Trofeo de Orientación Universidade de Vigo

O conxunto de atletismo participou no VI Eurocidade 10, que percorre os lugares máis destacados de Tui e Valença


ImageAs e os integrantes do equipo de Orientación da Universidade amosáronse este luns “tremendamente satisfeitos” polas sete medallas –un ouro, dúas pratas e catro bronces- colleitadas esta fin de semana no XVI Trofeo de Orientación Universidade de Vigo, unha proba que por primeira vez, en colaboración co Concello de Nigrán, se levou a cabo nas privilexiadas paisaxes de Monteferro e na que participaron algo máis de 400 corredores chegados de toda Galicia e tamén do norte de Portugal. “O bo tempo facilitou moito o labor da organización e tamén dos corredores e corredoras, xa que cunha xornada tan favorable é moito máis sinxelo correr polo monte”, explica José Luis Armada, responsable do equipo.
Venres, 09 de xuño do 2017

A segunda xuntanza deste proxecto ten lugar esta semana en Turku, Finlandia

16 universidades buscan estratexias comúns para crear campus activos e fomentar hábitos de vida saudables fronte ao sedentarismo

Presentaron iniciativas xa implantadas que poidan ser exportadas ás outras institucións socias


ImageAs 16 universidades que forma parte do proxecto Active Campus Europe manteñen dende comezos desta semana en Finlandia a segunda xuntanza desta rede de institucións saudables. Ao longo de catro días os representantes das universidades españolas, finesas, alemás, inglesas, irlandesas, holandesas e portuguesas, coordinadas pola RWTH Aachen University, están a desenvolver unha serie de coloquios, talleres e debates para avanzar nas estratexias para o fomento de estilos de vida saudables e do deporte nos campus europeos. O proxecto, que arrancou en febreiro cun orzamento de 510.299 € para dous anos, é o primeiro programa Erasmus+ que se concede a un tema relacionado coa actividade física universitaria.
Luns, 05 de xuño do 2017

Tras caer na fase de ascenso á categoría de ouro disputada esta fin de semana

O equipo feminino de tenis seguirá outra temporada na división de prata


ImageNon puido ser. O equipo feminino de tenis da Universidade de Vigo terá que seguir unha temporada máis na división de prata, tras perder esta fin de semana ante o Indoor por 1-3 nos enfrontamentos individuais da fase de ascenso á categoría de ouro. A xornada comezaba o sábado ás 16.00 horas cos catro partidos de individuais ao mesmo tempo. O primeiro punto levouno o equipo visitante tras gañar de forma fácil á número 2. Despois, a xogadora da Universidade de Vigo número 2 conseguía gañar o seu punto e colocaba o empate no marcador. Mentres as xogadoras 3 e 4 continuaban cos seus partidos que transcorrían de xeito moi igualado.
Xoves, 01 de xuño do 2017

O torneo ten lugar o sábado 10 de xuño ás 10.30 horas da mañá

O trofeo de Orientación Universidade de Vigo-Concello de Nigrán celebra en Monteferro a súa XVI edición, unha das máis numerosas

A inscrición en liña permanecerá aberta ata o martes 6 de xuño ás 22.00 horas


ImageA sexta proba da Liga Galega de Orientación, que terá lugar o sábado 10 de xuño, abandona o seu habitual escenario no campus de Vigo por unha nova localización: Monteferro (Nigrán). Neste XVI Trofeo, organizado polo Club Deportivo Universidade de Vigo e a Federación Galega de Orientación (Fedago) coa colaboración do Concello de Nigrán, competirán orientadores e orientadoras procedentes de toda Galicia, León e Portugal. Entre todos sumarán unha das cifras de participación máis altas desta proba, xa que se espera que asistan catrocentos cincuenta corredores; fronte aos trescentos deportistas de edicións anteriores.
Resultados 7 - 12 de 724

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós