DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Venres, 03 de febreiro do 2017

O Comité Executivo do Consorcio procederá a súa aprobación o vindeiro luns

Universidade e Zona Franca crean a Cátedra Ardán

Permitirá acadar un maior coñecemento dos mecanismos que favorecen o avance das empresas galegas


Image O reitor da Universidade de Vigo e a delegada do Consorcio da Zona Franca ultimaron hoxe os derradeiros aspectos da nova Cátedra Ardán, que trala súa aprobación, comezará funcionar este ano. A cátedra, que nace froito da colaboración que manteñen ambas as dúas institucións para ofrecer anualmente o informe económico e de competitividade sobre a empresa galega, será levada para a súa aprobación ao Comité Executivo do Consorcio que se reunirá o vindeiro luns. A creación da cátedra permitirá reforzar as capacidades do servizo de información económica Ardán, para contribuír de xeito máis eficiente á creación de riqueza en Galicia a través do estudo e investigación da evolución económica e dos factores que determinan a competitividade de territorios e empresas.
Venres, 03 de febreiro do 2017

O curso pasado acadouse un récord con 92 mobilidades internacionais

Preto de 950 docentes da Universidade participaron desde o curso 2001-2002 no programa Erasmus+

Portugal e Italia son os países preferidos polo profesorado para as súas estadías


ImageA mobilidade internacional non é patrimonio exclusivo do alumnado universitario e aínda que é o estudantado o que máis participa en programas de intercambio como o Erasmus+, a presenza do profesorado é cada vez maior. Así se confirma no caso da Universidade de Vigo, onde desde o curso 2001-2002 ao pasado 2015-2016 foron 934 as e os docentes que participaron no programa Eramus+, que financia estadías dun mínimo de dous días e dun máximo de cinco nos países cos que a institución académica viguesa ten asinados convenios. Dos 24 docentes do curso 2001-2002 pasouse no 2015-2016 a 92, a cifra máis elevada nos 15 últimos cursos.
Venres, 27 de xaneiro do 2017

98 estudantes recibiron os premios á excelencia académica e outros seis os Egeria

A Universidade reivindica en San Tomé o seu papel como referente e motor da sociedade

Mato referiuse ao “traballo, o compromiso e a excelencia” como valores que rexen a institución


ImageA Universidade de Vigo celebrou este venres o acto académico que, en palabras do reitor, Salustiano Mato, “permite visualizar os mellores valores que rexen esta Universidade: o traballo, a rigorosidade, a seriedade, o compromiso e a excelencia”. Co gallo da celebración do seu patrón, San Tomé, a institución académica viguesa entregou este mediodía ao seu alumnado os premios fin de carreira, grao e doutoramento do curso 2015-2016, así como os III Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero en traballos de fin de grao e mestrado, en total, preto dun cento de galardóns cos que a Universidade recoñece ao seu estudantado máis excelente. No acto celebrado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, 57 mulleres e 41 homes recibiron as insignias e medallas da Universidade que, asegurou Mato, “premia feitos, realidades, compromiso, seriedade, rigorosidade, traballo e excelencia”.
Xoves, 26 de xaneiro do 2017

Alumnado de preto de trinta institutos coñeceu as titulacións e servizos que se ofrecen nos campus

1500 estudantes de bacharelato descobren a Universidade de Vigo na I Xornada de Orientación

A través de charlas, stands informativos e obradoiros nunha iniciativa do Siope


Image Francisco, alumno do IES Poio ten amigos que estudan no campus de Vigo, pero el nunca viñera. Andrea do IES Pazo da Mercé de As Neves si coñecía o campus, igual que Jacobo do IES San Tomé de Freixeiro porque o seu pai traballará aquí. Francisco, Andrea e Jacobo, son tres dos aproximadamente 1500 estudantes de 26 institutos da provincia de Pontevedra que este xoves “tomaron” o campus de Vigo na I Xornada de Orientación da Universidade de Vigo. Organizada polo Siope, nesta xornada a Universidade abriu as súas portas ao alumando de bacharelato para amosar a través de charlas, stands informativos e obradoiros as titulacións que se están a impartir nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo, así como todos os servizos que se ofertan na institución académica.
Venres, 20 de xaneiro do 2017

O Consello de Goberno dá luz verde aos premios fin de carreira, grao e doutoramento 2015-2016

97 premios para o alumnado máis extraordinario

Os galardóns entregaranse o vindeiro 27 de xaneiro co gallo da celebración de San Tomé


Image O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou na sesión extraordinaria celebrada este mediodía outorgar un total de 97 premios extraordinarios de fin de carreira, grao e doutoramento no curso 2015-2016 a outras tantas alumnas e alumnos da institución académica viguesa. As 57 mulleres e 40 homes galardoados cos premios extraordinarios polo seu rendemento académico recibirán as insignias e medallas da Universidade co gallo da celebración do patrón da institución, San Tomé, o vindeiro 27 de xaneiro, nun acto no que tamén se entregarán os III Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero en traballos de fin de grao e mestrado. A secretaria xeral da Universidade, Gloria Pena, foi a encargada de dar lectura ás propostas de galardóns que foron aprobadas por unanimidade polas e polos integrantes do Consello de Goberno.
Xoves, 19 de xaneiro do 2017

Nunha iniciativa conxunta do Departamento de Filoloxía Galega, ANL e edicións Xerais

A Universidade de Vigo premiará este ano o talento 'en galego' do alumnado preuniversitario

Búscase “recoñecer” os mellores traballos de investigación lingüística e creación literaria feitos nos institutos


ImageAnxo Angueira, Manuel Forcadela e Gonzalo Navaza son tres dos nomes máis representativos do panorama literario galego actual e os tres son docentes e investigadores da Universidade de Vigo, “tres exemplos claros de que nesta institución temos grandes creadores e tamén moi bos investigadores en lingua e literatura galega”, explica Xosé-Henrique Costas, director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, entidade que se une coa Área de Normalización Lingüística e Edicións Xerais de Galicia na convocatoria de dous novos certames, dous premios, un de investigación e outro de creación literaria, dirixidos ao alumnado preuniversitario, cos que pór en valor o seu talento en lingua galega e cos que darlle a coñecer unha institución, a Universidade de Vigo, na que “se lles apetece, poden acceder a diferentes itinerarios de estudos galegos e lusófonos”.
Resultados 19 - 24 de 1368

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós