DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Mércores, 03 de maio do 2017

Coa participación de responsables do Technion Haifa de Israel e do Rockefeller Philanthropy

Máis de 85 persoas asistirán ás Xornadas de fundraising para a promoción do mecenado universitario

A cuarta edición desta cita desenvolverase este xoves e venres na Fundación Barrié


ImageA cuarta edición das Xornadas de fundraising para a promoción do mecenado universitario arrancan mañá xoves da Fundación Barrié de Vigo coa participación de máis de 85 persoas. Nesta nova edición da cita organizada pola Reitoría da Universidade de Vigo en colaboración co Consello Social e a Conferencia de Consellos Sociais está marcada pola internacionalización. Ao longo das dúas xornadas e a través de mesas redondas, conferencias e relatorios, os ponentes abordarán temas como a obra social, a marca pública universitaria, as redes sociais, o libro branco sobre mecenado universitario e os observatorios de antigos alumnos.
Venres, 21 de abril do 2017

Ambos reitores asinaron este venres o acordo

A sinatura dun convenio permite a posta en marcha de accións conxuntas coa Universidade saharauí de Tifariti

Contempla cuestións como mobilidade de alumnado e persoal docente e a organización de cursos, seminarios…


ImageO reitor da Universidade de Vigo Salustiano Mato e o seu homólogo da Universidade de Tifariti de Sáhara Occidental Jatari Hamudi asinaron este venres un protocolo de colaboración que permitirá a posta en marcha de diferentes accións conxuntas entre ambas institucións que se irán concretando en posteriores acordos. “Trátase de estreitar lazos e poder aumentar a colaboración que esta universidade ten cos centros de ensino superior españois e, en concreto, coa nosa”, explicou Mato, que ofreceu ao reitor de Tifariti a axuda dos diferentes campus de especialización da Universidade de Vigo.
Xoves, 20 de abril do 2017

Salustiano Mato asegura estar “moi feliz de poder poñernos a traballar de forma definitiva”

Os convenios que permitirán desenvolver Campus do Mar na ETEA aprobaranse a próxima semana

Abel Caballero confirmou ao reitor a celebración do pleno de Zona Franca o vindeiro martes


Image O visto e prace aos convenios entre a Zona Franca e a Universidade de Vigo e entre o Consorcio e a Xunta de Galicia que permitirán o desenvolvemento do proxecto de Campus do Mar previsto na ETEA, será unha realidade o vindeiro martes 25 de abril, data proposta por Abel Caballero para a celebración do pleno do Consorcio que preside. Foi o propio alcalde de Vigo, nunha reunión celebada este mediodía no Concello, o que confirmou ao reitor da Universidade de Vigo, a data na que terá lugar unha sesión na que Mato explicou que se aprobarán os convenios previstos “o que posibilitará que vaian adiante as actividades previstas de Campus do Mar na ETEA. Estamos moi felices de que podamos poñernos a traballar dunha forma definitiva”, sinalou o reitor. Mato, na súa coparecencia ante os medios, asegurou que o importante para el é falar de futuro e o importante para a Universidade é “que isto vaia para adiante".
Xoves, 20 de abril do 2017

Do 22 ao 28 de maio permanecerá aberta todos os sábados e domingos

Comezan na Biblioteca os horarios especiais de apertura

Torrecedeira e as centrais de Ourense e Pontevedra pecharán durante a semana ás 03.00 h da madrugada


ImageAnte a chegada inminente dos exames do segundo cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria amplía como cada curso os seus horarios de apertura coa finalidade de axudar ao estudantado na preparación dos exames e a realización dos traballos de fin de grao ou mestrado. Os novos horarios, que darán comezo o 22 de abril, comprenden aperturas nocturnas e de fin de semana nos centros dos tres campus, incluíndo tamén os festivos do 1 e 17 de maio. Durante estas aperturas extraordinarias, as bibliotecas só prestarán un servizo de espazo para o estudo e de consulta de material bibliográfico, pero non se realizarán préstamos.
Martes, 18 de abril do 2017

A comunidade universitaria poderá coñecer e opinar sobre os avances nas distintas liñas de traballo

A iniciativa Conectamos permitirá que o proceso de renovación da comunicación dixital da Universidade sexa aberto e participativo

O proxecto inclúe a renovación da web e a reorganización de toda a estrutura de páxinas


ImageA Universidade de Vigo estreábase no universo dixital en 1998. Dende aquela, a web da institución sufriu cambios substanciais adaptándose aos avances tecnolóxicos, ás necesidades da sociedade na que se insire e ás correntes de estilo e imaxe. A última modificación substancial foi en 2010 e a institución traballa agora nunha nova reorganización, tanto de contido como de estilo, de toda a súa contorna dixital co obxectivo de asentar boas prácticas e xerar outras novas que permitan modernizar e construír unha mellor comunicación colectiva. Neste contexto nace a iniciativa Conectamos, un sitio web no que se dará conta dos avances e novidades deste proceso de remodelación para que toda a comunidade universitaria poida opinar e facer suxestións.
Luns, 17 de abril do 2017

A Universidade de Vigo colaborará coa súa homóloga africana na posta en marcha da iniciativa

Campus do Mar dá un salto cualitativo na súa colaboración con Cabo Verde exportando o proxecto Empreamar

Unha vintena de emprendedores beneficiaranse da subvención de case de 73.000 euros da AECID


ImageTras cinco anos colaborando no desenvolvemento de diferentes iniciativas, Campus do Mar dá un salto cualitativo na súa relación con institucións académicas e de investigación de Cabo Verde coa sinatura dun protocolo entre a Universidade de Vigo a súa homóloga africana para promover o emprendemento nos sectores estratéxicos relacionados coa economía marítima. O proxecto Emprendemento no mar. Innovación para o desenvolvemento sostible das comunidades costeiras de Cabo Verde, Empreamar CV está subvencionado con preto de 73.000 euros que a Presidencia de la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, AECID, concedeu á Universidade de Cabo Verde, cuxa reitora foi a encargada hoxe de asinar co seu homólogo da Universidade de Vigo o protocolo de colaboración.
Resultados 31 - 36 de 1408

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós