DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Venres, 16 de outubro do 2015

É unha dos trece investigadores galardoados entre máis de 200 candidatos

A Real Academia de Doctores de España premia a tese de doutoramento de Estefanía Paredes

Sobre a criopreservación de estados temperás de desenvolvemento de invertebrados mariños como o ourizo de mar


ImageMáis de 200 teses de doutoramento competían polos Premios á Investigación da Real Academia de Doctores de España 2015. Pero só 13 investigadores de todo o Estado foron os distinguidos por estes galardóns e, entre eles, unha científica da Universidade de Vigo, Estefanía Paredes, única seleccionada das universidades galegas. Os galardóns foron entregados este mércores en Madrid coincidindo co acto de apertura do curso 2015-16, ocasión que aproveitou a investigadora para regresar a España xa que se atopa realizando unha estancia postdoutoral nos EEUU. A tese de Paredes, dirixida por Juan Bellas e baixo a titoría de Ricardo Beiras, realizouse no laboratorio de Ecoloxía Costeira da Universidade.
Luns, 14 de setembro do 2015

Os avances na abordaxe destas tres doenzas de crecente incidencia reunirán a expertos de varios países

A arteriosclerose, o alcoholismo e a inflamación intestinal, na recta final do proxecto Biocaps

En tres seminarios nos meses de outubro e novembro


ImageO Instituto de Investigación Biomédica (IBI) encara a recta final do proxecto Biocaps intensificando a organización de seminarios científicos para compartir coñecemento sobre doenzas que están a experimentar unha crecente incidencia a nivel global. A arteriosclerose, os trastornos relacionados co consumo abusivo de alcol e as enfermidades derivadas da inflamación intestinal reunirán ao longo das próximas semanas a expertos europeos e americanos, que exporán os últimos avances en diagnóstico, tratamento e avaliación do impacto socioeconómico destes fenómenos. Estes tres seminarios terán lugar no novo Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e todos eles son de carácter gratuíto. O primeiro deles, centrado na arteriosclerose, celebrarase o 2 de outubro.
Xoves, 03 de setembro do 2015

O programa divulgativo Mergúllate no Océano trasladouse ás praias de Cangas, Oleiros, Portonovo e Vigo

2500 persoas pasaron polos obradoiros estivais de Campus do Mar


ImageUn verán máis, o Campus do Mar volveu levar aos areais galegos o seu programa de divulgación científica co obxectivo de dar a coñecer os segredos dos océanos e as costas, amosar a súa biodiversidade e fomentar os comportamentos sustentables co medio mariño. Ao longo do mes de agosto o programa Mergúllate no Océano percorreu as praias de catro concellos das provincias de Pontevedra e A Coruña. Dende Campus do Mar estiman que a participación superou as 2500 persoas en total, principalmente público familiar.
Xoves, 23 de abril do 2015

Vigo acolle o encontro sobre neofalantes nunha Europa multilingüe e o X congreso de Anilij

Un cento de investigadores e dous congresos internacionais para debater sobre o neofalantismo e os desastres na literatura infantil

Organizados polos docentes da Universidade Fernando Ramallo e Veljka Ruzicka, respectivamente


Image A cidade de Vigo convértese durante este xoves e venres no polo de referencia para investigadores e investigadoras dos ámbitos da literatura infantil e xuvenil, por unha banda, e do neofalantismo, por outra, con motivo da celebración do X congreso internacional da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil, Anilij e do encontro da rede europea de investigación centrada no multilingüismo, Novos falantes nunha Europa multilingüe: oportunidades e desafíos. A morte, os naufraxios, as guerras e outros desastres, cuestións, en definitiva, consideradas durante moito tempo como tabú na literatura infantil e xuvenil, centran a décima edición do congreso internacional de Anilij no que toman parte uns 60 investigadores, que analizarán estas cuestións, así como a incidencia dos estudos de literatura infantil nas políticas educativas.
Xoves, 26 de marzo do 2015

A Universidade fai balance nunha xornada da actividade empresarial baseada na investigación

Unha década e 25 spin-off despois

Promotores de empresas en funcionamento intercambian experiencias con futuros emprendedores


Image Hai dez anos, en marzo de 2005, Esteban López puña en marcha AZtecA Consulting de Ingenería. A creación de spin-off, empresas baseadas en resultados de investigación producidos na universidade e con implicación de persoal docente e investigador, ten a súa orixe na Universidade de Vigo unha década atrás. Transcorrido ese tempo, o número de spin-off chegou a acadar as 25. Con ámbitos de traballo distintos e éxitos e fracasos ás súas costas, os e as promotoras destas empresas, das que 23 seguen hoxe en activo, foron este xoves os protagonistas dunha xornada de transferencia, na que mesturados con outros docentes e investigadores que están a estudar a posibilidade de crear as súas propias spin-off, tiveron ocasión de relatar as súas experiencias e expresar en voz alta as súas demandas.
Luns, 23 de marzo do 2015

A Ecimat conta cunha autocaravana que funciona como laboratorio móbil

Investigando sobre rodas

O persoal científico emprégaa principalmente en campañas de mostraxe


ImageA Ecimat conta dende 2012 cun vehículo de apoio á investigación, pero desta volta é un vehículo terrestre, unha autocaravana convertida en laboratorio móbil que poden empregar so investigadores do centro para campañas de mostraxes e na execución de actividades de investigación mariña. De tipo capuchina (responde ao habitáculo sobre a cabina do condutor) conta con seis prazas para durmir segundo a distribución de fábrica pero adaptado ás necidades do traballo investigador, polo que ten os armarios modificados para o transporte de material científico, así como unha neveira de 150 litros e un equipo de purificación de auga por resinas de intercambio iónico de polietileno.
Resultados 37 - 42 de 196

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós