DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Venres, 21 de febreiro do 2014

En 2013 a institución académica ingresou 31,6 millóns de euros

A I+D+i reporta á Universidade de Vigo máis de 101 millóns de euros nos últimos catro anos

O reitor critica os “brutais recortes” do Goberno español e a súa equivocación por non apostar pola I+D


Image 101 millóns de euros procedentes da I+D+i ingresou a Universidade de Vigo no período comprendido entre os anos 2010 e 2013, unha cifra, que segundo afirmou o reitor, Salustiano Mato, evidencia que “acadamos o obxectivo que nos plantexáramos a pesares dos tempos convulsos, tormentosos e difíciles”, dixo, en referencia aos recortes operados polo Goberno central en investigación. Na presentación dos datos de I+D+i o reitor fixo balance do ano 2013 e do período correspondente ao seu mandato, contrapoñendo as positivas cifras acadadas pola Universidade á “dramática situación que se está a vivir na investigación española”. Neste escenario a institución foi quen de incrementar os seus ingresos procedentes de I+D+i ata chegar en 2013 a 31,6 millóns de euros, un 24% máis que en 2012.
Venres, 29 de novembro do 2013

A Acuicultura celebra o seu día cunha clara aposta pola diversificación de especies mariñas

Campus do Mar, Ecimat e Centro Oceanográfico de Vigo organizaron este venres unha xornada científica


ImageO Campus do Mar, a Estación de Ciencia Mariñas de Toralla e o Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía uníronse esta mañá á celebración do Día da Acuicultura coa organización dunha xornada sobre a diversificación na piscicultura mariña co obxectivo de contribuír a divulgar o coñecemento adquirido na investigación realizada nestes anos e favorecer o encontro entre os profesionais do sector da acuicultura. A diversificación é un dos retos recorrentes aos que se enfronta a acuicultura galega.
Xoves, 28 de novembro do 2013

Citexvi acolleu este xoves unha xornada de presentación de proxectos de colaboración con empresas

Catro exemplos de como pór en valor os resultados da investigación apostando pola transferencia


ImageA transferencia de coñecemento é un xeito de poñer en valor os resultados da investigación realizada nas universidades. Neste proceso, a colaboración con empresas supón un beneficio mutuo que procura a utilidade, a visibilidade e a posta no mercado do I+D+i universitario. Proxectos de colaboración puntuais, posta en marcha de spin-off ou EBTs, patentes... existen múltiples camiños para a transferencia e tamén múltiples casos de éxito no seo da Universidade de Vigo. Catro deles serviron como exemplo este xoves nunha xornada organizada polo Centro de Excelencia de Vigo en Citexvi para poñer en valor a colaboración entre empresa e universidade contribuíndo a potenciar o tecido económico de Galicia.
Luns, 28 de outubro do 2013

Creadas pola rede de investigadores universitarios TELGalicia

Ferramentas 2.0 para facilitar o día a día nas clases ao profesorado de Primaria e Secundaria

Con propostas “realmente innovadoras” pero tamén próximas e accesibles ás aulas


ImageActividades, recursos e experiencias abertas. Isto é o que van atopar as mestras e mestres de ensino primario e secundario en Edu-AREA, unha ambiciosa aplicación web creada polos investigadores da rede TELGalicia co obxectivo de contribuír á innovación docente a través da aplicación de tecnoloxías da web 2.0 e 3.0 no día a día das clases. Levan dende febreiro traballando arreo nesta nova ferramenta e chegou xa “o intre de presentala en sociedade e que comece a abrirse ao mundo”, subliña o profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Manuel Caeiro, coordinador dunha rede na que tamén participan investigadores dos campus de Ourense e Pontevedra, así como da Universidade de Santiago de Compostela e do CESGA.
Mércores, 02 de outubro do 2013

Presentadas polo Campus do Mar no espazo institucional da Xunta de Galicia en Conxemar

Dez patentes, dez técnicas que identifican “inequivocamente” as principais especies mariñas comercializadas en Galicia

O principal obxectivo é o control do fraude, tanto ao consumidor como na cadea de distribución


ImagePescada, centola, lagostinos, camaróns, ameixas e navallas son algunhas das especies mariñas máis comercializadas en Galicia pero a miúdo son tamén obxecto de fraude, sobre todo, cando se converten en subprodutos comerciais elaborados nos que a súa identificación é moito máis complexa. Evitar estas estafas, tanto ao consumidor como na cadea de distribución, e garantir o control da calidade, etiquetado, orixe xeográfica e trazabilidade das especias, son os obxectivos prioritarios da primeira carteira de resultados de investigación do Campus do Mar, dez tecnoloxías innovadoras que hoxe se presentaron ‘en sociedade’ aproveitando a celebración en Vigo da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados, Conxemar, onde se dan cita empresas e institucións de 36 países.
Entre as principais vantaxes e aspectos innovadores destas ferramentas destacan o feito de que son técnicas sinxelas e de rápida execución e que se trata de tecnoloxía a baixo custe.
Xoves, 12 de setembro do 2013

A coordinadora, África González, visitou o Centro de Fisiopatoloxía de Toulouse Purpan

Biocaps promove investigacións conxuntas cos centros titores europeos

Os científicos franceses amosaron o seu interese en campos como biocomputación, proteómica ou inflamación


ImageOs investigadores de Biocaps veñen a pechar unha primeira rolda de contactos cos centros titores do proxecto, que rematou coa visita da coordinadora, África González ao Centro de Fisiopatoloxía de Toulouse Purpan. O obxectivo destas tomas de contacto é fortalecer a relación de intercambio con centros de investigación líderes a nivel europeo para estimular a cooperación científica, tanto a través de estadías de investigadores como de proxectos conxuntos. O Centro de Fisiopatoloxía de Toulouse Purpan é un dos primeiros centros biomédicos creados polo Institut National de la Santé et de la Recherche Médicale (INSERM) de Francia.
Resultados 55 - 60 de 196

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós