DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Luns, 21 de setembro do 2009

Atende a todas as áreas de coñecemento implicadas na formación de mestres

A Revista de Investigación en Educación prepara o seu sétimo número coa vocación de abrirse a toda a comunidade universitaria


Image Facilitar ao profesorado a difusión das súas investigacións e darlle solidez ao traballos que se desenvolven na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte foron os motivos que hai seis anos impulsaron a creación da Revista de Investigación en Educación. A principios do vindeiro ano publicarase o seu sétimo número que confirma a revista, “que xa no seu nacemento tiña vocación de abrirse a toda a comunidade universitaria, tanto española como internacional”, segundo explica o seu editor, Alberto Pazo, como un referente no seu ámbito.
Xoves, 17 de setembro do 2009

O traballo, de Encarnación Rodríguez, estivo dirixido polo vicerreitor do campus

Unha tese sobre a consideración social do artista ao longo da historia, primeira en ser defendida na Casa das Campás


Image A Casa das Campás quere confirmarse como un espazo destinado a acoller múltiples actividades no seo do campus e este xoves deu un paso máis ao acoller, por primeira vez, a presentación dunha tese de doutoramento. A nova doutora, Encarnación Rodríguez Bermúdez, foi a encargada de inaugurala coa defensa dun traballo que leva por título El artista y las disciplinas del afuera: magia, divinidad e irracionalidad e que foi dirixido polo vicerreitor do campus e catedrático de pintura, Jesús Hernández.
Martes, 07 de xullo do 2009

Investigadores do grupo TF-1 da Universidade participan no "Proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio"

Empregarán un xeoradar para localizar estruturas soterradas


Image O eixo do Éufrates serviu desde a antigüidade como vía de comunicación terrestre e fluvial e a súa importancia xeo-económica ao longo dos séculos deixou pegadas da ocupación humana da rexión tanto en época preclásica como clásica. Desde os anos setenta, téñense realizado varios proxectos de prospeccións arqueolóxicas que, sen embargo, esqueceron un tramo duns 60 quilómetros situado entre Hanuqa/Halabiya e Deir ez-Zor. Precisamente para cubrir esta eiva e coñecer a relevancia histórica deste sector, a Dirección General de Antigüedades y Museos do Ministerio de Cultura sirio e a Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña asinaron un acordo para crear unha misión conxunta. A este proxecto únense estes días tres investigadores do grupo TF-1 da EUET Forestal da Universidade que, ata o 30 de xullo, participan na quinta campaña desta misión arqueolóxica en Tall Qabr Abu al-‘Atiq, un xacemento situado na marxe esquerda do Medio Éufrates sirio.
Xoves, 18 de xuño do 2009

Os grupos GTI e DE3 desenvolven un acelerómetro cun móbil como interface

Un sistema intelixente para o control da actividade física dos maiores xurdido da sinerxía

Permitirá comunicar en tempo real datos sobre os exercicios realizados polo usuario


Image Idear ferramentas para que os maiores teñan mellor calidade de vida e aprender a xestionar o envellecemento da poboación son dous maiores retos que teñen ante si boa parte das sociedades desenvolvidas. Nesa liña, dous grupos de investigación da Universidade, o de Tecnoloxía da Información (GTI) da EUET Telecomunicación e o de Didáctica da Actividade Física (DE3) da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, aunaron os seus coñecementos para crear un sistema de control da actividade física das persoas maiores a través de elementos intelixentes.
Mediante o desenvolvemento dun acelerómetro e a través dun móbil como interface, o sistema poderá comunicar en tempo real datos sobre o programa de exercicios que un usuario realiza a un profesional que realice o seu control e supervisión.
Venres, 05 de xuño do 2009

Gustavo Rodríguez convértese no primeiro doutor da Área de Fisioterapia da Universidade

Coa tese “Motivación, estratexias de aprendizaxe e rendemento académico en estudantes de ESO”


Image Non hai un único motivo que alente a aprendizaxe e o rendemento dos estudantes de ESO. A resposta é variada, responde a un conxunto de razóns e ser consciente disto pode axudar aos docentes no seu achegamento aos alumnos. A detección deste perfil motivacional é unha das novidades que Gustavo Rodríguez Fuentes, profesor da EU Fisioterapia, introduciu na súa tese, Motivación, estratexias de aprendizaxe e rendemento académico en estudantes de ESO e que o converte no primeiro doutor da Área de Fisioterapia da Universidade.
Venres, 20 de marzo do 2009

Ata o día 17 de abril poden presentarse as solicitudes

A Cátedra Filgueira Valverde impulsa a realización de estudos de investigación no campus cunha nova convocatoria de bolsas


Alentar as investigacións no campus de Pontevedra é, desde a súa creación en 1997, o motor da Cátedra Filgueira Valverde. Un traballo que cada ano se renova cunha convocatoria de estudos de investigación que versan, preferentemente, sobre temas como educación, deporte e saúde, relacionados co campus de Pontevedra, e cos futuros posgraos, o Camiño de Santiago ou a propia figura do mentor da cátedra, o escritor e intelectual Xosé Filgueira Valverde. Nesta nova edición, os investigadores interesados deberán presentar as súas propostas antes do 17 de abril.
Resultados 55 - 60 de 72

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós